Foros ›
Autor
Mensaxe
iRattle

Maratoniano
Maratoniano
6/06/14
0 Carreiras
94 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 18 Mai 2018, 19:04
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Noraboa Suso, vaia marcón!!! E que envidia que sigas a esos ritmos tan rápido e disfrutando o mesmo tempo! Eu dende o km 16 da marathon de Coruña ca rodilla mal, e sin poder correr Muro
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Sáb, 19 Mai 2018, 7:01
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Enhorabuena Suso. Vaya carrera debe ser esa, quedando quinto a 4'/km. Bonitas cuestas debe haber.
Estás que te sales. Si es que si entrenas en serio, como has hecho al fin para este maratón, se nota. Que sigas así, campeón.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 20 Mai 2018, 16:27
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas iRattle! Tiven sorte e non tiven ningunha gran molestia despois da maratón. Entón agora descansando moito e sen facer demasiados kms, estou intentando aproveitar a inercia da preparación. Ánimo con ese nocello! Eu opereime dúas veces de ligamentos e é habitual ter molestias ou que me falle un pouco ás veces. Hai que coidalas. Apertas e ánimo! Que hai que volver a darlle zapatilla Guiño

Moitas grazas Mateo! Era dura era. Os primeiros 3 km eran rapidísimos porque o desnivel era moito, pero a partir do km 5 era moi dura. Que conste que tampouco había moito nivel na proba. Supoño que por ser tan rompe pernas e haber un 10k en Outes, ou mesmo por ser festivo o día. En calquera caso, si que atopei un bo punto. É o que dis. Adestrar con continuidade e facer ben as cousas, por exemplo en alimentación ou descanso, nótase moito.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 20 Mai 2018, 17:50
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Sábado 19 de maio: Descanso
A idea era un trote suave aproveitando que tiña que recoller o dorsal para a carreira dos 10km de Samil, pero as molestias en cuádriceps e isquios seguían e non me animei.

Domingo 20 de maio: Carreira 10km de Samil

Quedei ás 9:15 con Sanmikel na Avenida de Europa para ir xuntos trotando ata a saída. Foron 3,81km a 5'07"/km. Carmafoto moi numerosa hoxe e, despois de charlar un rato, fixemos un pequeno quecemento de 1,5km a 6'20"/km. Logo colocámonos bastante adiante na saída. Non tiña claro que facer, pero despois de falar con Sanmikel na ida ata Samil, comecei a plantexarme saír atope e ver canto aguantaba. Así que decidín arriscar. Pero se a musculatura avisaba, non había dúbida, tiña que baixar o ritmo si ou si.

Saída moi rápida, a 3:34-3:35/km os primeiros metros. Dábame algo de vértigo, porque a miña mellor marca nun 10km é 37'34" no Porriño (a 3'45"/km). Pero esa era a idea, probar e ver que pasaba. Km 1 en 3'37 e km 2 en 3'34". O km 3 (completamente chan) sae en 3'41. A partir de aí un continuo sube e baixa ata a praia do Vao (ida e volta): km 4 en 3'43", km 5 en 3'44" e km 6 en 3'38". O km 7 é completamente chan de novo (3'41"), o km 8 pica para arriba (3'47") e no km 9 baixamos o que subimos antes (3'41"). Para rematar, último km ata a meta en 3'25" (a 3'35"/km porque foron 960 metros).

Tempo: 36'35" (a 3'40"/km, pois foron 9,96km)
Posto da xeral: 19º
Posto de categoría: 9º


Coa broma, fixen MMP en 10km. Non é homologada e seguramente lle falten uns 100 metros, pero fixen 59" menos que na Interruning de Porriño. Creo que compensa jejeje Así que moi moi contento! As sensacións foron moi boas nos primeiros 4 kms. No km 5 xa non ía sobrado, e a partir do km 6 (ao volver á avenida de Samil) tocou sufrir. As pernas ían moi xustas e tiraba máis a cabeza que o corpo. Notábase o esforzo do xoves.

Para rematar, volta a casa de novo a trote con Sanmikel (moi boa carreira a súa tamén, indo de menos a máis). Foron 3,6km a máis de 6'/km.

Esta semana vai volver ser moi suave, o corpo pide descanso. Non estou adestrando case, pero 3 das últimas 6 saídas foron carreiras (media de Xenebra, Camiño das Letras e 10km de Samil). Os tempos son moi bos, pero xa estamos chegando á reserva.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 22 Mai 2018, 9:12
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Como me di Mateo, o día que entrenes como él, rompes o crono!!
Felicidades por esa MMP non homologada...
Sempre é un pracer ir contigo, ainda que sexa detrás Muro ... Temporalmente espero....
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 22 Mai 2018, 9:17
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Estás que te sales máquina,enhorabuena

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 22 Mai 2018, 13:27
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

sanmikel escribió:
Como me di Mateo, o día que entrenes como él, rompes o crono!!
Felicidades por esa MMP non homologada...
Sempre é un pracer ir contigo, ainda que sexa detrás Muro ... Temporalmente espero....
Si entrenase como yo estaría por debajo de 35'.
Enhorabuena otra vez!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 22 Mai 2018, 13:32
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

xa perdo a conta das veces que entro aquí a felicitar as MMP Sorriso Sorriso
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 22 Mai 2018, 16:00
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Me da por mirar tus tiempos y casi me atraganto. Eso me pasa por mirarlos desayunando. Es que me repito mucho pero bueno. IMPRESIONANTE. Aplauso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 23 Mai 2018, 9:50
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas aos catro! Litho, Meigalicix, Sanmikel, Mateo e Maseda, grazas!

Iso de baixar de 35' son palabras maiores Mateo, non teño claro que puidese facelo por moito que adestrase. Aínda que non vou negar que me pica a curiosidade de saber canto podería mellorar, pero sen presa. Ademais non sei se terei máis marxe de mellora en media e maratón que en 10km, estou máis cómodo nas distancias máis longas. Penso que teño moita cadencia e zancada curta, imaxino que algo influirá.

Sanmikel, ti eras o que me daba caña por non adestrar, así que agora non te queixes por verme uns metriños por diante! Agora falando en serio, o mesmo digo Sanmikel, todo un pracer compartir kms contigo!

Meiga, ti perdes a conta, pero a min xa me da vergonza (e non é un pareado xD). Como di Litho, a verdade é que ultimamente as cousas están saíndo moi ben e sempre son boas novas. Semella ata algo esaxerada a mellora dos últimos meses, de aí o da vergonza. Así que a disfrutalo, que non sempre vai ser así.

Maseda, pode que nos vexamos en Riveira. Depende do transporte. Se amaño ben, pode que nos vexamos por alí.

Actualizo:

Luns 21 de maio: Descanso
Con algunha molestia todavía (penso que da carreira do xoves), pero menos que nos días anteriores.

Martes 22 de maio: Descanso
Despois de varios días con molestias e, sobre todo, coa sensación de cansancio xeralizado, espertei totalmente descansado e con enerxias. Sen molestias xa. Sen embargo, como tiña pensado descansar, descansei.

Mércores 23 de maio: Rodaxe suave de 10km
Rodaxe suave a primeira hora da mañá. Foron 10,33km en 53:35 (a 5'11"/km) facendo un recorrido moi similar ao da carreira deste domingo en Santiago.

Precisamente, onte decidín inscribirme na carreira universitaria que hai en Santiago este domingo 27 de maio. Non é unha carreira que me chame moito, pero esencialmente é polo recorrido polo cal adestro e tamén é o campionato da universidade, iso animoume. Ademais así aproveito para saudar a Gefreiter.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 27 Mai 2018, 21:10
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Xoves 24 de maio: descanso
Non tiña pensado descansar, pero surxiu así.

Venres 25 de maio: 5km progresivos máis volta a casa
Foron 6,18km en 27:16 (a 4:25/km). Os primeiros 5 kms foron progresivos pola herba das pistas de atletismo: 4:56, 4:34, 4:04, 3:47 e 3:52. Logo volta a casa suave de un quilómetro.

Sábado 26 de maio: case descanso
Non quería descansar, pero estiven bastante liado. Así que fixen 1,5km a primeira hora da mañá de paso que ía á panadería. Algo simbólico.

Domingo 27 de maio: II Carreira Popular We Are Ready USC

Hoxe tiña lugar a II Carreira Popular We Are Ready USC en Santiago, que inicialmente estaba prevista para marzo pero que se aplazou polo mal tempo. Un recorrido de 10km bastante duro e con moitos subes e baixas que percorre as rúas do Campus Sur, do Campus Norte e tamén do entorno da Alameda. Ao ser unha carreira universitaria, había 3 categorías: popular, estudantes da USC e PDI/PAS da USC. Así que a idea era ver se podíamos rascar algo na miña categoría PDI/PAS.

A primeira hora da mañá non pintaba moi ben o panorama. Onte estaba invitado a unha festa de cumpreanos en Betanzos, que comezou a mediodía e alongouse ata xa ben entrada a madrugada. Só puiden durmir 3h escasas ao ter que madrugar para coller un bus que me levase a Santiago. Non era o mellor día para facer malabares.

Quecemento polas pistas moi suave e charlando con Gefreiter e Monostatos, últimos detalles e saída. Comezou tranquila a carreira, cun pelotón de cabeza grande. Eu tomeina tamén con calma, algo rezagado. Pouco a pouco vaise estirando e colócome ao lado dos primeiros da miña categoría, entre eles Gefreiter. De feito corremos xuntos uns minutos, pero ao pasar polo km 3 (Facultade de Xornalismo), el comeza a quitarme uns metros e doume de conta de que o corpo está incómodo, como fóra de lugar. Hai sono e cansancio. Subida de Económicas e chegamos a Xoan XXIII. Nese punto, pásame outro máis da miña categoría. Vou terceiro. Non son optimista coas miñas sensacións, non pinta nada nada ben, aínda que por detrás non se ve ao cuarto (da categoría). Obxectivo: manter ese terceiro posto.

Imos os 3 escalonados, e estarei ao redor do posto 15º na xeral. Non vou sobrado, pero o corpo pouco a pouco vai estando máis a gusto. Así que na subida ao Pombal volvo coller ritmo e collo ao segundo da miña categoría. Entramos na Alameda: km 5. Gefreiter está uns 60 metros por diante. Xa no Campus Sur, todo chan ou picando para abaixo ata o km 8, na Facultade de Informática, onde comezará unha longa e última subida que pasa por Psicoloxía e Física.

Nestes kms non hai cambios. Eu nótome xustiño pero o corpo vai tirando, non hai baixón polo de agora. Ao chegar a Matemáticas acelero un pouco: distánciome do que vai comigo e tamén do terceiro da categoría, mentres que me acerco un pouquiño a Gefreiter, non está a máis de 30-40 metros. Chegamos a Informática, km 8, vai comezar a subida de 700 metros. Para unha vez que me vexo nestas lides, hai que aproveitar e arriscar! Cambio de ritmo e a ver que pasa. Pouco a pouco recórtolle metros a Gefreiter. Alcánzoo e anímolle a que se una, a tirar os dous, pero dime que eu siga se podo.

A parte final da subida é máis suave e collo a un novo corredor. Miro para atrás e Gefreiter está algo lonxe, non sei canto, pero non moito. Eu sigo e manteño. Último km. O chico co que vou dime que imos 9º e 10º, anímoo a seguir forte ata o estadio. Entramos nas pistas, quedan 300m, e na contrameta vou con todo o que teño con el xusto detrás. Xiro a cabeza e hai distancia cos de detrás, podemos relaxarnos. Na última curva dígolle que pase el diante, que leva toda a carreira nos primeiros postos e que non vou esprintar. Así eu tamén me tomo a chegada con calma.

Tempo: 38:03
Posto da xeral: 10º
Posto de categoría:

Moi moi contento, espero a que chegue Gefreiter. Saúdo a todos cos que corrín nalgún momento e tamén ao terceiro clasificado, que como el dixo, foi unha carreira moi bonita cos tres moi cerca todo o rato. A verdade é que foi especial, nunca en tal me vira, ata me sentía raro facendo estratexia e xogando ao pensar onde apretar. Pero para ser sinceiros, non disfrutei demasiado da carreira. Correr nestas condicións non é moi bo, non estás a gusto e pensas constamente en que momento o corpo vai dicir "ata aquí". Por sorte, saíu moi ben, pero para aprender.

Ducha na casa e volta para recoller a medalla. O speaker equivocouse e chamoume José, pero nada que non se poida perdoar. Bonita imaxe no alto do podium con Gefreiter. A verdade é que sempre é un pracer compartir kms con el, e hoxe tamén o foi competir e disputar a victoria (co cal bromeamos antes da saída). Este feito, senón fose por un cúmulo de circunstancia, sería unha utopía. Pero en calquera caso, un bonito recordo máis para estes meses nos que non podo pedir máis no que a carreiras se refire.

A semana que vén: media maratón de Riveira.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 28 Mai 2018, 4:38
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Parabéns! pola victoria e por disfrutar do día Guiño

-- Chámame "ghose"
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 28 Mai 2018, 8:01
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Parabén!!
Se o final vas estar ahi arriba!!
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 28 Mai 2018, 18:59
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Al final voy a crear una plantilla para felicitarte Silbar
Enhorabuena y que siga la racha!

Nos vemos en Palas (en la salida y, si esperas, en la meta Chupete )
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 29 Mai 2018, 17:25
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas XoseM e Sanmikel!
Grazas Mateotn! Como dis, vémonos en Palas e en Melide tamén Guiño

Luns 28 de maio: series de 200m
Un amigo da universidade que facía velocidade (100-200) e que leva 2 anos sen adestrar en serio e facendo máis bici de montaña e natación, propúxome adestrar con el. A idea era quentar 20 minutos, técnica de carreira e para rematar 6x200. Todo nas pistas. Eu xa cheguei tarde, así que só quentei 0,5km e xa fixemos a técnica de carreira. Despois as 6 series de 200m foron:
36",6 - 35",4 - 35",1 - 34",1 - 34",1 - 29",6
Para rematar, quería facer un mil rápido mentres el estiraba. Cando ía polo 400 non estaba a gusto e preferín parar xusto no 500. Saiu ese 500 en 1'34",9.
Resumindo, pouco máis de 2km ademais da técnica de carreira e dunha boa sesión de estiramentos.

Martes 29 de maio: descanso





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos