Foros ›
Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 08 Mai 2018, 16:20
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Domingo 6 de maio (Semi-Marathon Genève 2018)
Despois de correr hai 3 semanas a Coruña42 e de decidir esta mesma semana correr a media maratón, o obxectivo era disfrutar. Pero apetecíame saír rápido e ver se podía aproveitar a inercia do bo estado co que cheguei á maratón da Coruña. Así que xa ía coa idea de comezar rápido para darlle unha alegría ao corpo. Xa habería tempo para baixar, deixarse levar e limitarse a disfrutar se o corpo así o pedía.

Indo ao grano e sen moito rodeo, fixen 1h21'19" (posto 52 de 4925) según o cronometrador oficial. Non puiden pedir máis! MMP, pois baixei 1'08" a miña marca anterior (1h22'27" na Coruña21 de febreiro) e disfrutei moito, sobre todo do km 16 ao 19, onde se pasa polo centro e máis público hai. Un ambientazo!

Espero poder facer unha pequena crónica nos vindeiros días, contando como foi a carreira (non tan longa coma a da Coruña42), pero sobre todo falando da organización e de como é a maratón por se alguén se anima nun futuro.

Só darei un pequeno adianto, tiven unha caída na última curva ao tropezar cunha das vallas (a menos de 200m) para entrar na recta de meta. Aínda que iso non evitou que disfrutase da chegada na Pont du Mont-Blanc.

Resumindo, é unha carreira preciosa, cun perfil favorable para facer boas marcas e nun marco envidiable, os alpes suizos ao fondo! É complicado non disfrutar nela e ser parte da festa anual do running de Xenebra: Harmony Genève Marathon for UNICEF (pois o prato forte é a maratón, pero ademais da media maratón, tamén hai carreiras para nenos ou un 10k o sábado entre outras).

Respondendo a Mateotn, creo que ten tempo para coller o puntillo de forma. Aínda que sabendo como funcionan as cousas, non me estrañaría que a súa estadía no cárcere se lle quedase curta para rematar un dos diversos plans para media maratón xD Polo momento, como di Doctor, o meu obxectivo está cumplido, baixei desa 1h58' jejeje
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 08 Mai 2018, 17:24
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Enhorabuena por esa grandísima MMP y también por la MMU (mejor marca que Urdangarín).
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4245 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Mar, 08 Mai 2018, 18:16
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Noraboa, que unha MMP non é cousa de todos os días. Tamén pola MMSEDP (Mejor Marca que Su Excelencia el Duque de Palma).

Por certo que era unha carreira benéfica, este home ten un corazón de ouro, primeiro funda unha ONG para promocionar o deporte, logo colabora con causas sociais e o que faga falta.
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 08 Mai 2018, 20:18
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Enhorabuena Suso! Vaya marca y las que vendrán!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 09 Mai 2018, 16:32
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas aos tres! A verdade é que confiaba en facer un tempo interesante aproveitando o bo estado de forma da maratón, pero tampouco esperaba baixar tanto. Aínda que xa digo, o perfil é favorable.

Semi-Marathon Genève 2018

Despois dun venres non moita calor pateando Xenebra e dun sábado con Pasta Party incluída a 3842 metros de altura no Aiguille du Midi, chegou un domingo con case 30 graos para correr a Semi-Marathon Genève.

Espertei moi cedo, demasiado para non ser unha maratón, ás 5.45. Ducha, almorzo e ás 7.00 collín o bus para ir á saída. Cheguei cunha hora de antelación e con tempo, fixen 2 kms moi suaves con algunha progresión, raro en min (normalmente en medias apenas fago nada). Estou no primeiro caixón (<1h30') e bastante adiante (quinta ou sexta fila), vai ser unha saída rápida. A idea é ir a ritmo de facer marca e logo ver como evoluciona o corpo, pero arriscar un pouco para ver se é posible. Así que a idea é ir constante a 3'53"-3'55"/km.

Dáse a saída. Os primeiros 6 kms son case completamente chás, pois só hai unha pendente moi pequena ao comezar o km 2 e outra de baixada ao rematar este mesmo km. Así que é un moi bo terreo para rodar. Os parciais que saen son os seguintes: (1) 3:54 - (2) 3:45 - (3) 3:51 - (4) 3:48 - (5) 3:52 - (6) 3:48

Ao pasar polo km 6, xiro á dereita e primeiro avituallamento. Había que hidratarse ben, pois era primeira hora da mañá pero xa apretaba a calor. A auga estaba en vasos, así que non me cortei en baixar o ritmo e beber ben: km 7 en 3:56. O km 8 en 3:53.

O km 9 ten unha lixeira pendente descentente (3:46) e o km 10 lixeiramente ascendente (3:51). Xusto ao pasar por ese km 10, xiramos á esquerda e está o avituallamento. A calor aumenta e toca tomar xel. Así que decido facelo con calma para beber ben ao ser en vaso. De feito, fago varios metros a 5'10"/km segundo o gps. Despois do avituallamento volvo a coller ritmo pouco a pouco (demasiado rápido quizais), este km 11 sae en 4'00"/km.

No km 11 comezo a ter un punto. Imaxino que será pola combinación de frear, beber bastante e aumentar rápido o ritmo. Estes dous quilómetros son en baixada, así que aínda así, fago o km 12 en 3.43. km 13 en 3:39. É moi rápido, pero estes dous kms son en constante baixada ata chegar ao lago. Primeiro momento no que miro o reloxo e fago contas, teño moita marxe para facer marca, e mesmo pode que baixe de 1h22'.

Desde agora todo será chan ata o final, e ata o km 17,5 completamente recto bordeando o lago. Estes kms saen como segue: (14) 3:50 - (15) 3:51 - (16) 3:50 - (17) 3:50

Entramos no centro de Xenebra e hai moitísimo público. Agora é cando hai que disfrutar! De feito, km 18: 3:43. Eu mesmo era consciente de que ía demasiado rápido, pero había que deixarse levar! Xiro á dereita para pasar polo Pont des Bergues e comezan os primeiros síntomas de cansancio. km 19 en 4:00. Entramos nunha longa recta, case sen público. Momento máis duro da carreira, as pernas van afogadas. Decido deixarme levar e recuperar un mínimo para poder disfrutar o final. Miro o reloxo e a ollo, por riba, as contas saen mesmo para baixar de 1h22'. Non me preocupo polo ritmo. km 20 en 4:10.

Entramos de novo no paseo do lago e aí recupero algo de forzas. É unha longa recta ata que hai un xiro de 90 graos de esquerdas para entrar no Pont du Mont-Blanc e recorrer os últimos 200 metros. Todo está feito, agora si que só queda disfrutar. Xa está, xa chegamos. Aumento o ritmo. Último xiro de esquerdas e ... caída! Tropecei co pé esquerdo nunha das vallas que hai exactamente no xiro de esquerdas, na esquina. O corredor que ía xusto detrás miña esquívame e non hai problema. Eu levántome xa no comezo da recta de meta (a 200 metros da chegada) despois de rodar uns metros. Non miro nin que me fixen, só me pregunto "como te podes caer na última curva?" Volvo coller ritmo pouco a pouco. Logo vexo que inda así ese km 21 o fixen en 3:55. Miro o reloxo de meta, e vexo que pese a caída, conseguino!

Tempo oficial: 1h21'19"
Posto: 52

Finalmente tempazo. Nunca pensei que fose a saír tan ben, aínda que antes da carreira a idea era saír un pouco modo kamikaze. Saiu moi ben.

Moi contento polas sensacións, por como foi a carreira, polo tempo e, sobre todo, pola experiencia. Disfrútase moito no correndo no estranxeiro. Distinto a correr na casa, con outros matices e outros alicientes, pero sempre interesante.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 10 Mai 2018, 22:44
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas por seguir aplicándote coas crónicas detalladas Sorriso .

Se non mencionas nada , será que a caida da recta final non trouxo secuelas. En fin, que máis imos dicir, menudo ano que levas mozo, parabéns!!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 12 Mai 2018, 11:30
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas Meigalicix! Pero bueno, dosifiquemos as crónicas, que senón aburro aos poucos lectores que poido ter jejeje

Luns 7 de maio: Descanso (tocou viaxe de volta)
Martes 8 de maio: Descanso (tocou cine)
Mércores 9 de maio: Descanso (tocou vida nocturna)
Xoves 10 de maio: Descanso (tocou... tocou disfrutar da Ascensión)
Venres 11 de maio: Descanso (algo tocaría)

O importante, é descansar Mr. Green

Sábado 12 de maio: Rodaxe suave polo río Lagares en Vigo
11,11km en 1:00:10 (a 5:25/km) polo paseo do río cun familiar. Suave, relaxado e con boa conversa.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 13 Mai 2018, 10:52
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Domingo 13 de maio: Rodaxe de 15km
Boa rodaxe con tres compañeiros do Carma, entre eles Beauvais. Saímos das pistas de atletismo de Balaídos e fixemos un circuíto circular indo primeiro ata o Vao e volvendo por Samil, Bouzas e a rúa Coruña. Foron 15,65km en 1:13:33 (a 4:42/km).

Remata así a semana con 26,7km (só dúas saídas, onte e hoxe).

-------------------

Xa pasaron 4 semanas dende a Coruña42, case un mes. As 3 primeiros foron de descanso activo, culminando coa Semi-Marathon Genève, e esta algo rara con só dúas rodaxes.

Facendo un pouco de avaliación destes primeiros 5 meses de ano, os obxectivos están máis que cumplidos. Comezando polo gran obxectivo, que era a Coruña42, pero tamén por outros mini test que tiña pensado (a Coruña21, os 10k de Padrón e a Interrunning) ou outros que surxiron, como Xenebra. Porque coa broma, respecto ao comezo de ano, baixei 15' a marca de maratón, máis de 2' a de media maratón e 38" a de 10k. Unha mellora algo esaxerada, pero que creo que ten unha explicación fácil: ter continuidade nos adestramentos e facer as cousas minimamente ben, porque antes quilómetros os xustiños.

Agora toca seguir adestrando e dando continuidade a todo este traballo, pero moito máis relaxado e disfrutando tanto dos quilómetros de adestramento coma das carreiras ás que vaia. Sempre digo que isto ten sentido mentres aporte máis do que quite, e na preparción da maratón ás veces houbo pequenas sensacións de obriga que non me gustaron. Mereceron a pena? Si, e no momento non me importou. Pero non se poden volver nunha constante. Así que toca volver a facer unicamente o que o corpo pide, sen plans e sen deixar de disfrutar. Ata verán espero correr varias carreiras coma a Nocturna de Vigo, que é polo meu barrio, ou os 21 do camiño. Pero disfrutando das pequenas cousas como digo eu.

Apertas e grazas a todos os que entrades por aquí a botar un vistazo, sen este diario non teño claro que fose capaz de ter a constancia destes meses.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 13 Mai 2018, 11:03
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Deixo por aquí a crónica (con algunha foto tamén) que se publicou no blog do C.A.R. Marisqueiro, por se alguén lle quere botar un vistazo, aínda que é case idéntica a que aquí escribín. Enlace.
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 13 Mai 2018, 11:11
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Gran crónica e un pracer compartir Km meu!!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 15 Mai 2018, 7:53
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas felicidades raparigo, pedazo marca, e conténdote.
Me encantaría pillar un circuíto homologado e como ese por aquí...

sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 17 Mai 2018, 16:42
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas Beauvais e Sanmikel!
É o que ti dis Sanmikel. Ata o km 11 é completamente chan, de feito gáñanse varios metros. Pero entre o 11 e o 13 pica bastante para abaixo, e aínda que logo volve a ser chan, se neses 2 kms tes forza podes facer unha boa marca. Deixase querer para facer marca.

Luns 14 de maio: Descanso

Martes 15 de maio: Descanso

Mércores 16 de maio
Pequena saída a primeira hora da mañá cun compañeiro de traballo. Foron 7,55km en 37:43 (a 5:00/km).

Xoves 17 de maio: V Carreira Camiño das Letras

A primeira hora da mañá, 8h30, fixen 1,5km a trote suave ata o Sar e logo subín andando á Cidade da Cultura. Recollín dorsal e subínme ao autobús con Lete, compañeiro do Carma, que nos levaría ata o Pico Sacro. Xa alí, estiven con jose.losada, Amina, J.Paris e outros corredores. Seríamos uns 200, en familia. Despois de subir ao cumio con Lete a ver as vistas (nunca estivera alí) e de facer un Mannequin Challenge deses modernos, deuse a saída.

Os 3 primeiros kms de descenso continuo (chegamos a perder 250 metros de altitude), foron en 3'22", 3'20" e 3'18". Sabía que había baixada pero non tanta. Como vía ao primeiro ao lonxe e puiden contar, pensei que iría de 14º ou 15º. Non era a miña idea forzar nin intentar ir rápido, pero xa que estaba e como normalmente non me vexo tan arriba, pois había que intentar seguir. Non coñecía o perfil, pero sabía que ía ser duro. Viñemos a xogar.

A partir de aí, un continuo sube e baixa ata o km 11. Nese momento ía cun chico ao que alcancei uns kms antes e rodamos moi ben xuntos. A partir de aí (eu aínda non o sabía) sería todo subida.

No km 12 había unha subida de 900 metros por unha pista de terra ata a Ponte de Angrois. Durante toda a carreira hai subidas moi pronunciadas (como a do primer avituallamento no km 5 ou unha no km 8 que era case como ir parado), pero esta tan longa e ascendendo 65 metros en total, pareceume a máis dura da carreira (coa subida final á Cidade da Cultura). Ese km 12 de feito saiu en 5'20". Despois os kms 13 e 14 máis subida con algunha lixeira baixada. Xa no km 15, pouco antes de chegar aos pés da Cidade da Cultura, o chico co que ía acelerou e colleume uns metros. Eu, ao ver que subíamos por unha pista de asfalto con moita pendente pola parte de atrás da Cidade da Cultura, deixeime levar un pouco e tomeino con calma. Non había necesidade de forzar, por detrás non viña ninguén e daba igual uns segundos máis ou menos. A verdade é que non me apetecía moito sufrir. Foron 500 metros nos cales a pendente aumentaba a medida que se subía, 45m de altitude neses 500 metros.

Remata a subida e só queda un pequeno circuíto de 250 metros pola Cidade da Cultura. Chego a meta en 1h01' e algúns segundos, moi contento, agradecendo os ánimos, pero sen forzas para alardes. Por primeira vez en moito tempo acabo unha carreira sen forzas, sen enerxías, cunha sensación de cansancio en si mesma. A carreira fora dura dura.

Tempo: 1:01:15 (a 4'02"/km)
Posto da xeral: 5º
Posto de categoría: 3º


Sisi, 5º da xeral. Non me enterei ata xa pola tarde, cando mo dixo un compañeiro do equipo. Eu contaba con chegar 9º ou 10º máis ou menos. Con esa idea marchei para casa! Pero debín de contar mal e tivo que retirarse algún corredor, porque senón non saen as contas. Chego a sabelo e forzo un pouco máis por ver se tocaba a lotería, xa que o 4º quitoume 7 segundos e o 3º só 17 segundos. Dubido que puidera facelo na última subida, pero ao mellor tería forzado máis neses 4 kms finais. Agora que sei que estaba tan cerca facer podium na xeral, entra o gusanillo jejeje.

Charlas varias con foreiros e non foreiros ao rematar, disfrutar da proba de tenreira galega que había para os participantes e recoller o libro de regalo que daban. Volta para casa de novo a trote, 2 km máis a 5'30"/km aproximadamente, e a disfrutar do resto do día, do Día das Letras Galegas, do día das nosas letras.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 17 Mai 2018, 20:45
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Impresionante Suso, estás que non paras . Parabens!!
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Xov, 17 Mai 2018, 21:14
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Enhorabuena por la carrera Suso. Que pena que no colgasen los listados de clasificaciones antes de que te fueses. Te habría felicitado en persona por ese gran resultado Sorriso

Es cierto que se trata de una carrera dura, y aún así eres un crack, ¡te volviste corriendo a casa! Como contraste, otros estuvimos tirados un buen rato en el suelo recuperando fuerzas Silbar Silbar

Nos vemos en la Palas-Melide!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 18 Mai 2018, 17:40
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas Meigalicix e Amina!
Eu quedeime un rato por alí bebendo e comendo algo, que non almorzara e non quería volver correndo baixo o sol sen meter algo no estómago. De feito, estaba pendente de se saían as clasificacións por curiosidade, pero marchei sen que estivesen postas. Para unha vez que podía ter subido ao podium como 3º de categoría. Unha pena. Como dis Amina, vémonos nos 21 do Camiño!

Venres 18 de maio: descanso
Onte estirei bastante ao chegar a casa, sabendo que non estou acostumado a tanta costa nin baixada, nin exercicios de forza. Pero aínda así hoxe teño moitas molestias, sobre todo en cuádriceps e isquios. Quitando as maratóns, non recordo unha carreira que me deixara tan canso e con tantas molestias musculares ao día seguinte. Así que hoxe descanso sen ningunha dúbida. Mañá espero trotar algo moi suave, e o domingo os 10km de Samil.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos