Ven, 20 Xan 2017, 13:24
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
Día 11: xoves 19 de xaneiro de 2017
31 minutos a ritmo moi cómodo (5'50''/km) + 10x30'' (3'20''/km) rec de 3' (4'30'') + 2 km (4'30'')
Inicialmente tiña 6km a 5'/km para quentar e así logo facer unhas series, pero houbo cambio de plans. Primeiro fixen 31 minutos a un ritmo moi cómodo para poder ir acompañado do meu compañeiro de piso e coller un pouco de quilómetros.
Ao rematar, eu completei o entreno que tiña previsto. 10x30'' a 3'20''/km, con recuperación de 3' a 4'30''/km entre cada intervalo. Para rematar, fixen dous quilómetros a 4'30''/km tamén para darlle continuidade ao esforzo anterior.
As sensacións foron boas, sobre todo cando probei ese chisco de velocidade.
Total: 1h12'01'' - 14,82 km
Día 12: venres 20 de xaneiro de 2017
3,5 km (5'/km) + 4 km (3'50''/km: 3'58'', 3'52'', 3'46'', 3'44'') + 1,5 km (5'/km)
Hoxe pola mañá quedara con Gefreiter en facer unha rodaxe a bo ritmo na herba das pistas de atletismo, coa idea de ir aumentando o ritmo cos paso dos quilómetros.
Entre o camiño ata as pistas e o quecemento inicial, pois cheguei con tempo, fixen case 3,5 km cómodos. Unha vez con Gefreiter, a idea era comezar a 4'15''/km e ir baixando os tempos, pero o ritmo foi moi superior dende o principio. Comezamos a 3'58'' o primeiro e a 3'52' o segundo. O primeiro deunos bastante distinto aos dous (debín de darlle ao gps algúns metros despois eu, e non colleu os primeiros metros nos que fomos máis cómodos), entón foi nese segundo km no cal confirmamos que íamos moito máis rápido do previsto. A idea era mantelo, pero eu sabía que non aguantaría toda a rodaxe a ese ritmo a estas alturas do planning.
O tercer km saiu aínda máis rápido, 3'46''. Pero... 9am, un frío que pela, as pernas algo tocadas das series de onte e ao comezo do planning, "Suso, non pretenderás facer MMP en 10km, non?" A resposta era clara jejeje Así que decidín facer 1 ou 2 kms máis e non forzar a máquina.
Fixen un último km en 3'44'' e rematei con 1,5 kms de volta a casa a 5'/km.
As pernas algo pesadas, pero os tres primeiros quilómetros foron bastante ben. Xa o cuarto ía algo xusto, e preferín no forzar. Pois posiblemente hoxe a última hora da tarde me anime a ir ao ximnasio e aproveite para facer uns quilómetros suaves.
Certo é que a idea era facer unha rodaxe de calidade, pero cambieino por 4km de máis calidade todavía. Penso que ao non estar todavía no plan do maratón podo permitirme estes luxos e non ser tan estricto, coa idea de coller a base necesaria para poder facer logo o plan.
Total: 40'21'' - 9 km