Foros ›
Autor
Mensaxe
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mér, 07 Feb 2018, 15:38
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Buenas series a pesar del viento en contra. Esta semana es dificil mantener la rutina con esta metereologia. Las granizadas frecuentes no animan a salir y siempre que se realiza un entreno como el de series un día de estos tiene el doble de valor.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 10 Feb 2018, 12:38
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Ola Maseda! En Santiago co tema da chuvia estamos tendo sorte, choveu de forma contínua, pero non houbo fortes granizadas (ou polo menos eu eviteinas). Aínda así saíron uns tempos majos. Para min o que é máis durillo e facer todos estes adestramentos só, nas últimas repeticións costa sacar ese puntito extra que temos dentro.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 10 Feb 2018, 12:39
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Semana 5: xoves
Descanso.
Este día apareceume un pequeno inchazón con algo de moratón por riba do tobillo dereito, por dentro da perna. Nótoo no día a día e ao correr, pero só doe ao tocar, nada máis. Non sei se tería un golpe sen darme de conta. Penso que non ten importancia.

Semana 5: venres (series: 3x3000)
Despois dun quecemento de 4,32 km en 22'41", comecei os 3x3000 con recuperación de 2'. Saíron como segue:
12:24,6 (parciais 4:10,1 - 4:09,0 - 4:05,5)
11:33,3 (parciais 3:56,5 - 3:51,8 - 3:45,0)
11:09,0 (parciais 3:45,6 - 3:45,5 - 3:37,9)
Na primeira repetición non estaba a gusto, de feito costoume que o 3º km saíse en 4'05". A segunda pola contra saiu moi ben. Non quería comezar tan rápido, pero unha vez estaba metido no lío tiña que continuar; e acabei moi ben e con boas sensacións. Tanto que a idea para a terceira era non subir de 3'50" o km. O primeiro foi en 3'45" e a partir de aí tiña que manter.
Foi un moi bo entreno e boas sensacións. O que si noto, é o volume de kms. As pernas están máis pesadas e non tan frescas como estou acostumado (como se nota que fixen máis de 60 e 80 km, respectivamente, nas dúas últimas semanas).

Semana 5: sábado (rodaxe)
Unha nova bonita rodaxe tranquila de sábado. Hoxe 18,41km a 5'20"/km (1h38') máis ou menos (parei dúas veces a atar os cordóns e non parei o reloxo). Ao levantarme as pernas queixáronse bastante, sobre todo os xemelos. Penso que veu moi moi unha rodaxe así despois do 3x3000 de onte de cara á tirada longa de mañá. Parecía que non, pero ao final as sensacións foron moi boas: cómodo e falando todo o rato.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 11 Feb 2018, 12:08
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Semana 4: domingo (IV Carreira do Entroido)

O quecemento foron 5,05 km en 23'53" (4'44"/km de media). A carreira eran dúas voltas a un circuíto de 5km con varios subes e baixas (subir as dúas partes de camelias ou a propia rampa co comezo da rúa de Don Bosco á altura do concello). Así que a idea era baixar de 40', ao redor de 3'55"/km.

Xa que o quecemento foi bo e non é así, quixen facer algo novo e saír forte, a ver que pasaba. Así, os dous primeiros kms foron en 3'58" e 3'54" (aínda sen costas). A primeira volta fíxena en 19'21" (03'53"/km). A priori ía ben, con marxe para a segunda volta, ao comezo desta comezou a dar o vento de cara e aí xa comecei a notar o cansancio (supoño que tanto do ritmo da primeira volta coma do volume de kms que estou facendo nos adestramentos). Así que esta segunda volta saiu en 19'50" (3'58"/km).

Finalmente fixen os 10 km en 39'11" (3'56"/km) según o cronometrador. Polo gps foron 9,83km (3'59"/km). Sexa como sexa, posto 20 na xeral (non recordo verme tan adiante) e sensacións moi boas. De feito, nos 2km finais xa ía xusto e preferín non forzar, daba igual uns segundos máis ou menos.

Por certo, saudei a varios foreiros. Moi bos os disfraces do Doctor Slump, Litho e tamén o de Sanmikel, que acabou moi moi ben e me pasou á altura do concello no último km.

%-----------------------

Remata a 5ª semana con 77,2 km. Nas dúas próximas semanas baixarei algo o volume de kms e sen tiradas longas, para así chegar mellor á Coruña21 este domingo e aos 10km de Padrón o sábado seguinte. A ver se me acerco ás miñas marcas persoais. Despois, volverei a facer varias semanas de carga con moito volume. (Non teño moita idea de preparación física, pero polo que teño lido non está mal facer algo así, como se fosen dous bloques de carga e polo medio unha de descarga).
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 13 Feb 2018, 17:19
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas felicidades rapaz! Xa empezas a ter km nas pernas, e ademáis mantes un sub 40.
Te levei toda a carreira entre 50 e 80 m diante, pero como a semán non fixen nada, non me atrevín a seguirte dende o comezo.
O final me saiu ben non me queixo nada, che saquei 18s en 1km, que me parece unha barbaridade, non sei como fun capaz!!

Para coruña vas a por sub 1:23?
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 13 Feb 2018, 17:41
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Yo tampoco tengo mucha idea de esto pero me suena haber oído que lo normal es 3 semanas de carga y luego una de descarga. Así que si vas a hacer 2 de carga y una de descarga estará bien pienso. Muy buena carrera la del Entroido. Bueno y también la de Sanmikel por lo que veo.
Nos veremos el domingo en C21.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 14 Feb 2018, 10:19
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas Sanmikel! Quitaches quitaches. Na segunda das rampas do concello (a máis pequena) fun case clavado, e logo na baixada deixeime ir sen apretar. Xa dende metade de camelias as pernas non ían cómodas e non tiña sentido arriscarme a ter unha lesión (polo volume de kms que estou metendo cando o corpo non está acostumado) por uns segundos. Pero ti ías moi moi ben! Tes ese puntiño, que adestres ou non, o corpo respóndeche moi ben!

Pois creo que todavía non estou para facer sub 1:23. Pero non terei outra oportunidade, porque antes da Coruña42 só está a media do Carballiño (que non é para marca), a media de Braga (que por distancia non creo que vaia) e VigBay (que é a semana antes). Así que será a miña única oportunidade. Polo tanto pese a que creo que non estou, vou intentalo.

A miña idea é saír a por 1h23'00" (teño de marca 1h23'23" na VigBay de 2014) e a ver que pasa. Se a metade de carreira vexo que que non estou para eses tempos, pois baixarei e cambiarei o obxectivo, xa que o obxectivo principal non é este. Pero a priori, si que me apetece probar un pouco o corpo e ver se podo chegar. Na Coruña10 do ano pasado fixen algo parecido (tiña 38' e medio na Interruning) e acabei en 38'13" aproximadamente. A ver como sae desta vez.

Ti tes pensado que vas facer o domingo?

Ola Maseda! A idea non é nada super planificado. Pensei nun plan de 14 semanas (viña de varios meses case totalmente parado). Fixen dúas moi suaves ao comezo de 38 e 44quilómetros (a segunda incluindo a media de Viana), e logo as seguintes 3 foron 66, 86 e 77 creo recordar (con tiradas de 29, 29 e 18, esta última coa carreira do Entroido). Entón agora pensei, aproveitando a C21 e os 10km de Padrón, facer dúas semanas de descarga.

Resumindo, que me enrollo, faría 2 semanas iniciais, 3 de carga, 2 de descarga e competición, 3 de carga, 1 de descarga e competición (Interruning), 2 de carga, 1 de descarga e a última da C42. Esa é a idea. Xa digo, non sei que tal está. Seguro que é mellorable. Pero a idea é un pouco a que ti dis.

Vémonos o domingo Guiño
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 14 Feb 2018, 16:39
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Podemos ir xuntos, pois vou intentalo, para ver como estou. Quizáis tamén veña Pepe, ou quizáis non e nos quite as pegatinas e vai diante nosa, pois está como unha moto.
Pero eu saberei antes do 10k se me paso, pois xa me dou conta antes.
Pero se aguanto e ir a ese ritmo ata o 15, e despois soltarme onde den as pernas, pero o non ter km, teño respeto.
Quizáis se nos una máis xente, eu intetarei ir a ritmo constante, sen dubidalo.: 3:55.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 15 Feb 2018, 16:47
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Óscar, pois se te animas, alá imos! A min paréceme ben o de 3'55"/km constante. Se máis xente se une, coma Pepe ou non sei Mateo ou Maseda que teñen pensado, pois non me importa cambiar a estratexia e facer un bo gruppetto. Pero se queres, eu apúntome ao teu 3'55"/km.

Edito:

Xa se me esquecía comentar como vai a semana. Aínda que moita chicha non hai, xa aviso xD

Semana 6: luns (Descanso programado Molón )
Descanso programado e que necesitaba. Pois se as sensacións o domingo xa eran de que o corpo estaba canso, o luns bastante peor. Facía falla.

Semana 6: martes (Casi descanso Angel )
A idea era, como a semana anterior, unha rodaxe suave de 60'. Levanteime cedo para saír, pero a que estaba caendo en Compostela era das boas. Así que decidín adialo para a tarde. Erro, pois o tempo non mellorou moito e lieime na facultade. Así que fun xa de noite e nin o tempo nin as ganas nin nada axudaba. Ao final saíron 4,37 km en 21'24". Pouco e moi suave. Pero non apetecía máis. O día seguinte sería un día novo.

Semana 6: mércores (Descanso inesperado Muro )
A historia do día anterior repítese. Tocaban 7x1000, pero xa non sabía se facelos ou se quedarme nunha rodaxe de algo máis dunha hora. Ao final nin unha nin outra. Non só son dos poucos que traballa no entroido na universidade, senón que parece que se me xunta o traballo. Finalmente, non puiden saír.

Semana 6: xoves (Masaxe de descanso Mr. Green )
Hoxe volvo a non saír jejeje O motivo é distinto, fun ao fisio. Sigo algo tocado do piramidal. Moi pouco, pero arrastro unhas molestias de cando si me deu forte (en novembro-decembro). Así que decidín ir, e así aproveitar e facer unha revisión xeral debido ao volume de kms que lle estou metendo. Viría ben ter ido un dos días anteriores, pero non había sitio ata hoxe. Polo menos saín con boas novas! Bailar
Quizais me anime a facer algo de core hoxe segundo como avance o día (dito así sona ben iso de core).

%%%%%%%

Conclusión: ía ser semana de descarga, pero coa broma, vai ser de descarga total jeje Mañá venres farei unha rodaxe progresiva de 60 minutos, o sábado quero facer unhas series de un km (sen forzar) para darlle de novo ese ritmo ao corpo, e xa o domingo tocará a C21 (onde outra cousa non, pero espero chegar descansado).
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 15 Feb 2018, 17:17
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Yo voy a ser el escaqueado del grupo esta vez. Ganas tengo. Pero en el entreno para C42 me marca los primeros 10 km a ritmo de maratón de 4:15 y luego los últimos 10 ponerme sobre 4:00 más o menos. A lo mejor apretar un poco más si me dejan. Dejaré lo de hacer mmp para la siguiente ocasión. Triste
Quiero intentar cumplir el plan a ver si elimino mi carácter anárquico. Me estoy socializando. Bueno también tengo que reconocer que me empieza a gustar entrenar de esta forma. De todas formas espero que acabeis en 1:23 o menos si se tercia. Os animaré el resto de carrera. Y espero unirme la siguiente vez.
También reconozco que para una vez que preparo un maratón como es debido quiero hacerlo bien. Porque esta preparación te obliga durante tres meses a no poder hacer hacer todo lo que quieres y no sé cuando volveré a prepararlo.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 16 Feb 2018, 16:20
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Eu esta tamén é a primeira vez que tamén estou facendo as cousas minimamente ben, e si que obriga a facer certas cousas e ter unha constancia, ou como dis, non facer todo o que ti queres. Logo imaxino que cada un ten que facer o que lle pide o corpo e disfrutar tamén, porque en esencia por iso corremos. Buscar un equilibrio entre o vicio e o librillo será o mellor, non sei jejeje
Eu xa digo que non teño claro que esté para ese 1h23, pero ás veces tamén está ben darse o capricho, aínda que ao mellor o corpo nos de un golpe de realidade.
En calquera caso, vémonos por alí Maseda!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 17 Feb 2018, 22:54
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Semana 6: venres
Día de perros en Compostela. Pouco máis de 6 km cómodos (4'35"/km de media), algúns tramos a ritmo alegre e outros facendo slalom polos charcos e diversos. Boas sensacións. Mellor ter feito máis kms, pero é o que hai. Semana para que o corpo respire e chegar ben ao domingo.

Semana 6: sábado
Pequena saída pensando na media maratón Coruña21 de mañá. Foron 6,21km en 30'20" (4'53"/km).
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 19 Feb 2018, 11:35
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Semana 6: domingo (Coruña21)

Primer mini-obxectivo antes da Coruña42. Tocaba madrugón. Coller o tren ás 7h40 en Compostela e logo paseo ata a zona de saída. Despois de tomar rapidamente un café, onde saudei a varios foreiros coma Doctor Slump, fun ao Obelisco para a Carma foto (con Moussambani, Beauvais, Lete, jgvillanueva e Sanmikel) e a fotokedada do foro máis tarde (consultar a foto para ver quen estaba xD). Moito frío. Cambieime de ropa alí mesmo, e quentei un km escaso cos compañeiros do Carma. Un deles (o novato xD) e tamén famoso foreiro, Sanmikel, sería a miña compañía na carreira. Animouse a ir xuntos e axudarme a conseguir o obxectivo: baixar de 1h23' e así facer marca persoal (a anterior: 1h23'23" na VigBay de 2014). Parecíame un pouco arriscado. Pero a idea era boa igual, pois no peor dos casos sairía unha rodaxe moi boa duns 15 kms e a acabar o mellor posible. Apetecíame probar un pouco para ver en que punto estaba. Quecemento escaso e directos entramos no caixón.

Comezamos a carreira coa idea de ir a ritmo constante de 3'55"/km, pero tendo claro que nos primeiros non pasaba nada por perder un pouquiño. O que non podíamos era sacar de punto ao corpo nada máis comezar. Non collín tempo no primeiro km, pero si no segundo: 7'56". Ben, esa era a idea. Sen embargo, como me dixo Sanmikel nese momento, parecía que íamos moi lentos porque nos estaba a adiantar moitísima xente (paso ese km no posto 193 e na saída fun o 120). Seguimos por Oza con un pouco de vento, pero todo ben. Xusto ao entrar en Oza aumentamos 1 ou 2 segundos e xa collemos o ritmo bo. De feito, no km 3 xa pasamos na posición 166 (poño o das posicións, porque reflexa bastante ben a constancia do ritmo en carreira e como pouco a pouco fomos mellorando). Estes 5 primeiros km saíron en 19'40" (3'56"/km).

A idea foi a mesma ata xirar na hípica (na volta pequena). Íamos Sanmikel e máis eu tirando dun grupiño, pero no km 9 (aínda que o reloxo marcou 3'59", pois debía estar mal posto o punto quilométrico) aumentamos un pelín de nada o ritmo: 3'52", 3'57" (avituallamento do km10), 3'54", 3'56" (bastante vento en contra en Oza neste km), 3'54" e 3'54". Saíron en 19'38" e 19'35" os parciais de 5km (5-10 e 10-15, respectivamente).

Xusto despois do avituallamento do km 15, vinme moi ben e que o corpo pedíame ir aumentar un pelín o ritmo (íamos adiantando a xente, posición 139 no km 12, e a inercia levaba a iso). Así que deixeime levar. Sanmikel quedouse 30-40 metros detrás, díxenlle que se pegara a min e comentoume que ía ben, que tirara para adiante e non me preocupase. El ten pernas para o que estábamos a facer e máis! Pero como despois me dixo, faltaba volume de kms e prefería non arriscar tanto. En calquera caso, o normal (como así foi) era que acabase mellor a min unha vez que non se gardase nada.

Así que aumentei o ritmo fixen 3'47" no km 16 e 3'48" no km 17. No seguinte, seguín aumentando e ata fixen case medio km a 3'40"-3'45", pero a parte final coincidía coa subida da hípica (paguei un pouco eses kms e tamén fun conservador para non queimarme) e polo tanto o km 18 saiu en 3'56". Volvín coller ritmo e o km 19 e o km 20 saíron en 3'55" e 3'56" (19'25" ese último parcial de 5km). Xusto nese momento, faltando 1200-1300 metros, colleume Sanmikel (que levaba uns segundos gritándome que seguise, que non baixase!) e foime quitando metros pouco a pouco (foron 8 segundos na meta creo). Non sei se podería agarrarme a el, pero deixeime levar e disfrutar dese km final, baixar de 1h23' estaba conseguido! Aínda así, os últimos 1097 metros fíxenos en 4'09" (3'46"/km).

Liña de meta e 1h22'27"!!! Marca persoal por 56 segundos!

Contentísimo! Penso que unha carreira moi boa, moi constante, controlando e de menos a máis (aínda que pouca diferencia houbo). Tan só no km 18 sufrí un pouco pola subida, aínda que despois mantiven moi ben o tipo e sen exprimir o corpo nin ir ao límite. Ao mellor, sen esa subida, podería manter o ritmo ata o final. Non o sei, pero xa da igual. Toca disfrutar!

Agradecer a Mateo que non parou de animarnos na bicicleta, tanto a min como a Sanmikel ou Pepe, toda a segunda volta! Espectacular!!! Tamén a Amina, Jesús e todos os que non me acorde, non saiba o nome, ou xente en xeral! Incluíndo todos eses grupos de persoas que xa se citaron no fío da carreira!

Felicitar a Pepe e a Lete polas súas MMP! Así coma outros como Maseda que fixeron unha rodaxe moi moi boa de cara á C42.

E por último, moitas grazas a Sanmikel! Pola compañía durante toda a carreira, non parar de animar e de preocuparse para que non falase (aínda que ás veces non lle moito facía caso jejej). Pese a todo, desagradecido de min, intentei deixalo atrás para resarcirme da semana anterior (na carreira do Entroido), pero unha vez máis está claro quen manda. En realidade era para que apretases un pouco e fixeses a túa segunda mellor marca en media Guiño

Resumindo (datos):

Tempo oficial: 1h22'33"
Tempo neto: 1h22'27"
Ritmo: 3'54"/km
Posición: 118

Parciais de 5km foron:
19'40" (3'56"/km): ----7'56"---- +3'57"+3'54"+3'53"
19'38" (3'56"/km): ----7'49"---- +3'57"+3'59"+3'52"
19'35" (3'55"/km): 3'57"+3'54"+3'56"+3'54"+3'54"
19'25" (3'53"/km): 3'47"+3'48"+3'56"+3'55"+3'56"
04'09" (3'46"/km)
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Feb 2018, 12:51
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Felicitacións , Suso, estás sobrado !!!. Seguro que sae unha maratón moi boa desta vez (aínda que toque algunha outra cousíña de por medio como o sábado día 3 Sorriso )
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Lun, 19 Feb 2018, 13:42
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:
...onde saudei a varios foreiros coma Doctor Slump...

Imposible, no hay más foreros como Doctor Slump, es único e irrepetible.

La enhorabuena ya te la di en persona. El 15 de abril estaré ahí animando en el maratón, a bajar de 3:13' esta vez.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos