Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
PortadaCalendarioForosA miña conta Activar contenido
Foros ›

Diario de Sonsuso
Ir a páxina 1, 2, 3, 4, 5, 6  Seguinte
Foros de debateDiarios de adestramento
Publicar novo tema   Respostar ao tema
Ver tema anterior { View newer topic }

Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
590 Mensaxes
Vigo - Santiago de Compostela
EnvíoPublicado: Mar, 10 Xan 2017, 19:16    Asunto: Diario de Sonsuso Respostar citando

Ola a todos!

Despois de algo máis de 5 anos dende a miña primeira carreira popular, a Pedestre de Santiago en 2011, anímome a abrir este diario. Descubrín o foro algunha semana antes de dita carreira, pero ata anos despois non comecei a participar no foro de forma máis ou menos activa. Nestes anos corrín bastantes carreiras de ata 10km, penso que 12 medias maratóns e 4 maratóns (A Coruña en 2014, Porto en 2014, A Coruña en 2015 e Moscú en 2016). Sen embargo, nunca tiven un plan de entrenamento nin seguín ningún tipo de planificación máis alá de saír a correr cando podía e xogar coas distancias e intensidades en base aos obxectivos que me marcase. Sei que isto non é nin sano nin bo, pero así foi. En calquer caso, sempre prioricei o descanso e a falta de entrenamento antes que o exceso. As miñas preparacións das maratóns brillan pola escasez de quilómetros.

Pese a isto, penso que os meus tempos son bastante majos. Actualmente as miñas MMP son:

10km: 38'09'' (Interrunning 2014)
Media Maratón: 1h23'23'' (VigBAY 2014, homologada)
Maratón: 3h13'14'' (Coruña42 2014, homologada) e 3h13'19'' (Coruña42 2015, homologada)

Para poder contextualizar un pouco, quero destacar os seguintes puntos:
- Teño 24 anos (farei 25 en marzo), peso 68kg e mido 169cm.
- Fixen fútbol dende os 7 ou 8 anos ata os 18, momento no cal rompín o ligamento cruzado anterior do nocello esquerdo por segunda vez (a anterior fora con 15 anos). É dicir, teño dúas operacións na mesma rodilla. O mantemento de forza e musculatura o levo ben, e foi unha constante durante estes anos. Iso si que non o descuido.

Motivación

Xa levaba tempo coa idea de comezar a seguir un plan de entramentos e, para iso, quería abrir un diario que me permitise compartilo para dalgunha forma obrigarme a seguir dito plan (algo que nunca fixen). Pero sobre todo, poder así ler opinións e suxerencias de quen queira, pois claro está que os meus coñecementos son case nulos, pese a que kms teño feito bastantes.

Eu pretendía comezar coa planificación da Coruña42 deste ano, pero por motivos académicos estarei en Ratisbona (Alemaña) dende abril ata xullo. Coa casualidade de que concretamente o 28 de maio ten lugar a maratón de Ratisbona. Así, animeime a abrir este diario para ir contando pouco a pouco cales son os meus entrenamentos e o planning que teño, ao mesmo tempo que estou completamente aberto a suxerencias e críticas.

Obxectivos

Persoalmente penso que as marca de 10km e media maratón non as poderei mellorar demasiado, polo menos sen seguir un plan de adestramentos dado por un adestrador ou alguén que saiba. Sen embargo, si que creo que podo estar preto das 3h en maratón. Por iso, ese é o meu obxectivo neste 2017. Facer 3h en maratón.

Nótese que non quero dicir sub3h, penso que é ambicioso demais. Xa teño 4 maratóns nas pernas, con bastantes sobresaltos no caso de Porto e Moscú, e iso dame algo de experiencia á hora de como encarar esta preparación. Pero sei que debería ter unhas marcas en 10km e media maratón algo mellores para poder aspirar realmente a un sub3h. Sobre todo, porque rebaixar 13 minutos é un salto considerable.

A posteriori, se chegan marcas en 10km e en media maratón, benvidas. Aínda que só vexo viable a de 10km, pois vendo o calendario non poderei ir á VigBay e a Coruña21 é moi cedo.

Plan a seguir

Iniciado o plan onte luns 9 de xaneiro, quedan 20 semanas ata o 28 de maio. Así, o plan terá dúas partes, as 6 semanas iniciais e logo 14 semanas de preparación específica para a maratón.

As 6 primeiras semanas serán algo máis suaves e non tan esixentes. Intentarei incidir un pouco na velocidade e na forza, cousas que deixei un pouco de lado estes anos. Pero sobre todo quero adaptarme ao feito de seguir un plan e estar cómodo con esta forma de traballar. Seguirei como idea as primeiras semanas do plan da Maratón de Valencia (as primeiras semanas da etapa "pre-preparación específica").

Para a preparación específica da maratón (14 semanas), estiven vendo varios plans en distintas webs. En primer lugar, decidín buscar un plan sub3h, e entre estes gustoume o da maratón de Sevilla. Así, decidín seguir este plan pero con certas modificacións ao non poder realizar as competicións que se indican ao estar en Alemaña e non poder desprazarme.



Dito isto, pouco máis. Irei comentando cada día o que vou facendo e aberto a recibir moitos paos Rezar . Perdoade se foi un pouco pesado.

Saúdos a todos e grazas de antemán por calquer comentario que fagades!

Sonsuso
Ver perfil de usuario
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
590 Mensaxes
Vigo - Santiago de Compostela
EnvíoPublicado: Mar, 10 Xan 2017, 19:29    Asunto: Re: Diario de Sonsuso Respostar citando

Comezarei comentando brevemente o que fixen onte, pois xa me estendín dabondo antes.

Día 1: luns 9 de xaneiro de 2017
8 km (4'40'') + 1' rec + 6 progresivos de 100m (70%) + 2' rec

Saín correr moi cedo pola mañá cun compañeiro da facultade no parque da Alameda (Santiago). Buscamos un ritmo cómodo para os dous e fixemos 40' a 4'40''/km de forma constante. Tras 1 minuto de recuperación a un ritmo moi suave, fixemos 6 progresións de 100m ao 70% con regreso a trote moi suave, e outros 2 minutos de recuperación moi suaves.

Sensacións moi boas. Non era nada esixente o plan, pero levaba dúas semanas sen saír correr por unhas dores na espalda (mala postura, nada preocupante) e fun moi cómodo.

Total: 50 minutos aprox., 10 km aprox. (non tomei os datos exactos)
Ver perfil de usuario
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
284 Carreiras
2634 Mensaxes
k-pax
EnvíoPublicado: Mar, 10 Xan 2017, 19:59    Asunto: Re: Diario de Sonsuso Respostar citando

siempre es atractivo que alguien empiece un diario,porque todos aprendemos algo,algún día me tocará,de momento,ánimo y suerte con esa preparación


" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
Ver perfil de usuario
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
111 Carreiras
4797 Mensaxes

EnvíoPublicado: Mar, 10 Xan 2017, 20:24    Asunto: Re: Diario de Sonsuso Respostar citando

Bienvenido al mundillo de los diarios Sonsuso Aplauso Aplauso

Seguiré con mucho interés tu preparación para el maratón de Ratisbona.

Mucha suerte Guiño
Ver perfil de usuario
Papa-Léguas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/10/11
0 Carreiras
1617 Mensaxes
Sparkland
EnvíoPublicado: Mar, 10 Xan 2017, 20:34    Asunto: Re: Diario de Sonsuso Respostar citando

Se bienvenido sonsuso. Aplauso
Yo no te podré orientar mucho de cara a esos objetivos que mencionas, y que veo como en otra galaxia, pero por aquí hay gente que sabe mucho, con la que podrás seguramente intercambiar información y experiencias útiles.
Suerte con esos desafíos y larga vida al diario. Bailar


Correr es mi cura y mi curare.
Ver perfil de usuario
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
187 Carreiras
1017 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
EnvíoPublicado: Mar, 10 Xan 2017, 23:38    Asunto: Re: Diario de Sonsuso Respostar citando

Animo compañeiro.
Se precisas algo xa sabes.
E as marcas persoais veñen cando menos o esperes
E a de 10km e 21km tes marxe para mellorar ainda


You´ll never run alone
Ver perfil de usuario Enviar email MSN Messenger
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
380 Mensaxes
Muras
EnvíoPublicado: Mér, 11 Xan 2017, 1:14    Asunto: Re: Diario de Sonsuso Respostar citando

Benvido compañeiro, eu tamén comparto a túa filosofía de pecar por defecto e non por exceso, e tamén fago os entrenamentos á miña maneira sen seguir nengún tipo de planificación, a única diferencia é que as miñas marcas non teñen nada que ver coas túas, inda que tamén hai que dicir que por idade podería ser teu pai, jejeje.
Ver perfil de usuario
Meigalicix

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
19/02/12
36 Carreiras
1946 Mensaxes
Vigo
EnvíoPublicado: Mér, 11 Xan 2017, 2:31    Asunto: Re: Diario de Sonsuso Respostar citando

Benvido Sonsuso.

Imaxino que non me pos cara , aínda que xa nos temos visto (moi fugazmente) nalgunha fotoquedada da Vig Bay.

O único que podo dicir é que eu móvome noutra galaxia aínda máis lonxana ca de Papa-Leguas no que a ritmos e obxectivos se refire. Pero coincido contigo en que o diario obriga a certa constancia, a intentar cumprir un mínimo do programado. Así que espero que lle saques utilidade.

Anímo con todo.
Ver perfil de usuario
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
2273 Mensaxes

EnvíoPublicado: Mér, 11 Xan 2017, 13:45    Asunto: Re: Diario de Sonsuso Respostar citando

Bienvenido a los diarios.

Eres joven, tienes margen de mejora en todo, no sólo en maratón. Lo que sí, por las marcas que pones, se ve que en maratón más.

Ya nos contarás qué tal por Ratisbona.
Ver perfil de usuario
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
645 Mensaxes
Ferrol
EnvíoPublicado: Mér, 11 Xan 2017, 14:15    Asunto: Re: Diario de Sonsuso Respostar citando

Hola, yo de la misma galaxia que Meiga unos planetas más atrás. Disimulando Bienvenido y mucho ánimo.

Por lo que veo te sobra motivación y tienes un buen plan, y teniendo en cuenta aquéllo que decía Saint-Exupéry, (Antonio para los amigos), de que cualquier objetivo sin un buen plan, no es más que un deseo, no dudo que los tuyos, los llevarás a cabo.

A mí me gustan los diarios extensos (los tipo "crónica"), pero es que soy de letras y los números me marean, así que por mí, ningún problema en que te extiendas hasta el infinito... Ríndose


Última edición por PequeñaCriatura o Mér, 11 Xan 2017, 15:13; editado 1 vez
Ver perfil de usuario
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
1869 Mensaxes

EnvíoPublicado: Mér, 11 Xan 2017, 15:03    Asunto: Re: Diario de Sonsuso Respostar citando

corredor101 escribió:
Bienvenido a los diarios.

Eres joven, tienes margen de mejora en todo, no sólo en maratón. Lo que sí, por las marcas que pones, se ve que en maratón más.

Ya nos contarás qué tal por Ratisbona.

Certifico. 24 tacos es buena edad.

Bienvenido a los diarios. Cantos máis mellor. Ya nos contarás cosas del extranjero.
Ver perfil de usuario
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
590 Mensaxes
Vigo - Santiago de Compostela
EnvíoPublicado: Mér, 11 Xan 2017, 15:57    Asunto: Re: Diario de Sonsuso Respostar citando

Grazas a todos por responder e polos vosos ánimos! Espero que sexa ameno e que teña un longo percorrido o diario.

Vou responder a algúns de vos:

Ola Meigalicix, recordo recordo. De feito, debo de ter a foto gardada. Penso que ese foi o día que coñecín tamén a outros foreiros, coma sanmikel ou aprendiz. Foi fugaz, pero ao non poñerlle cara a tanta xente, das que coñezo acórdome.

PequeñaCriatura, pois eu todo o contrario, son de números números. Aínda que bueno, realmente só traballo con letras, números poucos vexo. É o que teñen as matemáticas Silbar

Respondendo a corredor101 e a freakyrunning, si que son moi novo todavía. As marcas non son unha prioridade. De feito, sempre dixen que non quería correr maratóns máis alá do da Coruña e Porto polo de agora, que tiña tempo dabondo por diante. Pero ao final as circunstancias fixeron que non fose así.

Sobre o de que son marcas mellores ou peores como di Papa-Léguas ou eumealto, pois ao mellor persoas con tempos similares poidan comentarme cousas máis concretas. Pero penso que tódolos que nos movemos neste mundillo das populares, máis ou menos rápidos, podemos aprender de todos independentemente do tempo. Así que sentídevos libres de darme caña.

Grazas tamén a lihto, victoralvarez e fleky! A verdade é que gusta ler tantos ánimos o primeiro día, polo menos anima a seguir co diario Bailar
Ver perfil de usuario
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
590 Mensaxes
Vigo - Santiago de Compostela
EnvíoPublicado: Mér, 11 Xan 2017, 18:03    Asunto: Re: Diario de Sonsuso Respostar citando

Día 2: martes 10 de xaneiro de 2017
6,5 km (4'35'') + 5' rec + 20' acondicionamento físico

Onte tocaron 30 minutos a 4'35''/km. De novo cómodos, pero esa é a idea polo de agora, pois veño de estar dúas semanas parado. Despois trotei moi suave durante 5 minutos de volta a casa, e por último rematei facendo "esterilla" como digo eu. 20 minutos de acondicionamento físico no piso.

A verdade é que estes 20 minutos foron duros, pois non estou acostumado a facer ese tipo de exercicios. É unha das cousas que me gustaría cambiar. Intentar coller o costume de facer uns poucos cada semana, aínda que non sexan exercicios moi esixentes nin con moitas repeticións.

Total: 35 minutos, 7,3 kms
Ver perfil de usuario
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1269 Mensaxes

EnvíoPublicado: Mér, 11 Xan 2017, 23:58    Asunto: Re: Diario de Sonsuso Respostar citando

Bienvenido suso aprovecha la experiencia alemana..te seguiré
Ver perfil de usuario
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1213 Mensaxes
A Coruña
EnvíoPublicado: Xov, 12 Xan 2017, 0:23    Asunto: Re: Diario de Sonsuso Respostar citando

Cuánto me alegro sonsuso! Una pena que no puedas estar en C42, seguro que podríamos compartir unos kilómetros como hace dos años.
Para los lectores de este diario, sabed que aquí el jovenzuelo es uno de lo más dignos miembros de la cofradía del sprint: en C42 del 2014 compartimos kilómetros en el grupo de 3:15 y nos fuimos del grupo en el 38. Más adelante me fui un poco más y lo perdí, pero al entrar en Maria pita me pasó como una exhalación, debía ir por debajo de 3:30/km Aplauso La foto que tengo en mi perfil es la de la llegada; en el recorte original sale sonsuso celebrando su marca: había mejorado unos segundos su marca del año anterior.
Date un poco de caña, con sentidiño, que ahí hay mucho más que un sub3.
Ver perfil de usuario
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Respostar ao tema    Foros de debate -> Diarios de adestramento Tódalas horas son GMT + 2 Horas
Ir a páxina 1, 2, 3, 4, 5, 6  Seguinte
Páxina 1 de 6


Cambiar a:  
Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos

Categorías
Donde
 Foreiros:
  cor71 > Calendario
  JoeRace > Portada
  txema_mnf > Calendario


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy