Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
PortadaCalendarioForosA miña conta Activar contenido
Foros ›

III Meeting Popular en pista Celta Atletismo
Foros de debateCarreiras Populares en Galicia
Publicar novo tema   Respostar ao tema
Ver tema anterior { View newer topic }

Autor
Mensaxe
gatsu

Novo foreiro
Novo foreiro
11/05/12
0 Carreiras
47 Mensaxes

EnvíoPublicado: Xov, 23 Mar 2017, 14:04    Asunto: III Meeting Popular en pista Celta Atletismo Respostar citando

celtaatletismo.es/blog...cument.pdf

O Real Club Celta de Atletismo, Club Atletismo Femenino Celta e a Escola Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Econocom, os Socios Colaboradores do Grupo Celta Atletismo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizarán o vindeiro 8 de abril o “III MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO”. Será a terceira edición dunha competición na que, como organizadores, pretendemos achegar ás pistas de atletismo os atletas populares e as súas familias, deixando por un día o asfalto polo tartán.
A competición estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial. Haberá cronometraxe eléctrica controlada polo comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Inscricións: A inscrición farase a través do enlace www.carreirasgalegas.c...ddff159a5a
O prazo de inscrición rematará o xoves 6 de abril ás 20:00 horas. Non se aceptarán inscricións fora de prazo.
Entrega do dorsal: Os dorsais recolleranse na zona de secretaría da pista o mesmo día da competición, cunha hora de antelación sobre a proba na que se participe.
Horario:

10:00 h. 500m. INFANTIL M – H.
10:20 h. 500m. ALEVÍN M – H.
10:40 h. 500m. BENXAMÍN M – H. ¿XOGAS O ATLETISMO?.
11:00 h. 100 m. PRE-BEXAMÍN M – H.
11:20 h. 600 m. CADETE M – H.
11:40 h. Milla. XUV. ata VET. MULLERES.
12:00 h. Milla. XUV. ata VET. HOMES.
12:30 h. ENTREGA DE PREMIOS.
Entregarase trofeo o 1º clasificado e medallas o 2º e 3º clasificado de cada proba e categoría. Todos os atletas de categoría pre-benxamín recibirán unha medalla conmemorativa da proba. Ademáis, entregaranse outros agasallos doados polos patrocinadores da competición.
¡Esperámosvos na terceira edición do noso Meeting Popular!
Ver perfil de usuario Visitar web do foreiro
Lolinho38

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
24/10/13
67 Carreiras
212 Mensaxes
Redondela
EnvíoPublicado: Ven, 24 Mar 2017, 22:12    Asunto: Re: III Meeting Popular en pista Celta Atletismo Respostar citando

Una pregunta... Para poder participar hay que correr con zapatillas de clavos o se puede correr con unas zapatillas normales propias de las carreras en ruta... Muchas gracias.
Ver perfil de usuario
gatsu

Novo foreiro
Novo foreiro
11/05/12
0 Carreiras
47 Mensaxes

EnvíoPublicado: Lun, 27 Mar 2017, 20:58    Asunto: Re: III Meeting Popular en pista Celta Atletismo Respostar citando

Puedes correr con el calzado que más te apetezca.
Ver perfil de usuario Visitar web do foreiro
gatsu

Novo foreiro
Novo foreiro
11/05/12
0 Carreiras
47 Mensaxes

EnvíoPublicado: Xov, 06 Abr 2017, 13:31    Asunto: Re: III Meeting Popular en pista Celta Atletismo Respostar citando

Inscríbete na Milla Popular do "III Meeting Popular en pista Celta Atletismo" e lévate o saco oficial da proba.



17759897_1538279152862850_8082987486558105354_n.jpg
 Descrición:
 Tamaño do arquivo:  20.88 KB
 Visto:  154 veces
17759897_1538279152862850_8082987486558105354_n.jpg

Ver perfil de usuario Visitar web do foreiro
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Respostar ao tema    Foros de debate -> Carreiras Populares en Galicia Tódalas horas son GMT + 2 Horas
Páxina 1 de 1


Cambiar a:  
Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos

Categorías
Donde
 Foreiros:
  Rufino > Foros
  susomourelost > Portada
  Tortux > Foros
  vacatola > Foros


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy