Foros ›
Carreira Popular de Reis, Barreiros (8/1/2017)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Estebanmr

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/08/15
0 Carreiras
78 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 02 Dec 2016, 17:17
Asunto: Carreira Popular de Reis, Barreiros (8/1/2017)



ORGANIZA: ACIAM Barreiros
CONTACTO E INFO: Xesus Seivane: 982 124 085 - 615 09 21 15
COLABORA: Concello de Barreiros, Protección Civil, Barreiros Mar e Monte
DATA: 8 de xaneiro de 2017
HORA: 11.00 H. Probas infantiles – 12.00 H. Proba absoluta
LUGAR: CAMPO FUTBOL DO CASCABEIRO – BARREIROS – (LUGO)
SAIDAS E CHEGADAS: Campo de fútbol.

INSCRICIÓNS: www.prueba-t.es

CATEGORÍAS MENORES ATA CADETE: Será gratuíta
RESTO DE CATEGORÍAS: 5 euros
O prazo de inscrición remata o día 6 de xaneiro de 2016.

Recollida de dorsais: Día da proba dende as 09:30 horas ata as 11:30 horas, na mesa destinada a tales efectos.

CATEGORIAS E DISTANCIAS:
- PITUFOS: NADOS 2013 - 2016 / 100 m. – Carreira non competitiva
- PREBENXAMIN: 2010- 2012/ 200 m. – Carreira non competitiva
- BENXAMIN: 2008 – 2009 / 400 m. (1 volta campo de fútbol)
- ALEVIN: 2006 – 2007 / 800 m. (2 voltas campo de fútbol)
- INFANTIL: 2004 - 2005 / 1.200 m. (3 voltas campo de fútbol)
- CADETE: 2001- 2003 / 1.600 m. (4 voltas campo de fútbol)

- PROMESA: 1997 – 2000 / 12 km.
- SENIOR: 1981 – 1996 / 12 km.
- VETERANO A: 1971 – 1980 / 12 km.
- VETERANO B: 1961 – 1970 / 12 km.
- VETERANO C: NACIDOS ANTES DE 1961 / 12 km.

PREMIOS:
As categorías pitufos e prebenxamín, serán non competitivas e haberá medallas para tódolos participantes, no resto de categorías haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculino como feminino.
Por tratarse dunha proba deportiva popular non haberá premios en metálico.
A entrega de trofeos será ás 13.45 h. aprox., na liña de meta.

PERCORRIDO:
O percorrido para as categorías infantiles será dentro do propio recinto do campo de fútbol.
O percorrido para as categorías absolutas será por pistas asfaltadas e camiños de terra compacta, nun circuíto de 6.000 m. ó que teremos que dar dúas voltas. Distancia aproximada 12 km.

VARIOS:
A inscrición na presente proba da dereito a seguro de accidentes, avituallamento líquido a metade da carreira, avituallamento líquido e sólido ó remate da mesma, calquer agasallo que a organización poida conseguir para o evento.

Ó remate da carreira e da entrega de trofeos e de forma opcional, celebrarase unha comida no Café Bar Moderno de Barreiros. Os prezos para adultos (participantes e acompañantes) será de 10 € por persoa. O menú infantil será de 5 €. Para apuntarse deberán chamar ó tfno. 982 124 085.

Os participantes estarán cubertos cun seguro individual de accidentes.
Os participantes deberán levar sempre visible e na parte dianteira o dorsal que facilitará a organización. En caso contrario poderán ser descalificados e perderán os dereitos da participación.
Os participantes deberán pasar por tódolos puntos sinalados do percorrido. O incumprimento disto, dará lugar á descalificación do infractor.
Os participantes poderán ser descalificados por comportamento antideportivo ou outro tipo de accións que a organización considere inapropiadas.
Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á publicación de fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer.
Tódalas persoas que se inscriban na proba declaran estar aptos fisicamente para participar nela.
Haberá aseos e duchas nos vestiarios do campo de fútbol de Barreiros.
Estebanmr

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/08/15
0 Carreiras
78 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2016, 8:25
Asunto: Re: C.P. DE REIS (08/01/2017) - Barreiros

Hoy a partir de las 14:00 abrirmos inscripciones

CARREIRA POPULAR DE REIS - INSCRIPCIONES
xose9

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/08/12
10 Carreiras
242 Mensaxes
RIBADEO (LUGO)
Respostar citando Envío Ven, 16 Dec 2016, 23:44
Asunto: Re: C.P. DE REIS (08/01/2017) - Barreiros

Se non hai novidades, ahí estaremos!!!!!
Troy

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/11/10
0 Carreiras
60 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 17 Dec 2016, 16:14
Asunto: Re: Carreira Popular de Reis, Barreiros (8/1/2017)

Eu tamén!, o 2016 comeceino nesta carreira, e repetiremos co 2017.
Estebanmr

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/08/15
0 Carreiras
78 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 06 Xan 2017, 10:29
Asunto: Re: Carreira Popular de Reis, Barreiros (8/1/2017)

Hoy finaliza el plazo de inscripciones!!

CARREIRA POPULAR DE REIS - INSCRIPCIONES

Después de la carrera y de forma opcional se hará una comida en el Café Bar Moderno de Barreiros (adultos y acompañantes 10€, infantiles 5€) - Reservas en 982 124 085
natacion

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
27/09/10
0 Carreiras
276 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 09 Xan 2017, 10:06
Asunto: Re: Carreira Popular de Reis, Barreiros (8/1/2017)

Resultados aquí:

www.prueba-t.es/prueba...Itemid=228





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos