Sáb, 03 Dec 2016, 0:24
Asunto: Re: Desgarro cuerno posterior menisco interno
Moitísimas gracias polas respostas, tanto as que me déchedes aquí, como as que chegaron polo privado. Sirven pra me animar e darme un poco de perspectiva.
Non levo moito tempo correndo, pero que lle imos facer, collinlle o gustiño!!! Así que estar parada fáiseme costa arriba. E máis ainda, se teño en conta que nunca lesións tivera.
Non é moita a dor: salvo momentos puntuais, o que teño son molestias. Éstas sí que me incapacitan pra correr, pero penso que ainda o fai máis o medo e a incertidume do que poida pasar. Coma todos, non quero perder calidade de vida e teño que ter presente que para o traballo fanme falla as dúas pernas….
A maioría coincidides na mesma recomendación: fortalecer. Houbo un fisio que me estuvo tratando que case me convence de que carezco de cuádriceps…… É verdade que son bastante flaca, pero levan pouco menos de cincuenta anos facendo o seu cometido!! Pero, “por si es caso”, probei a facer unhas rutinas no gym e en solo dous meses aumentei masa muscular nas pernas. Pero non foi nada, as molestias siguen ahí. Sei que necesito máis tempo, dous meses pouco é. Onde vivo agora mesmo non teño un gym cerca: saberiádes dicirme dalgúns exercicios que me sirvan pra fortalecer que poida facer na casa??? Sentadiñas, non vale, que xa as fago!
Outra recomendación: coláxeno. Aquí teño as miñas dúbidas, non sei se por ignorancia, escepticismo, ou máis ben un poco de todo. Según entendín, o menisco interno non ten a capacidade rexenerativa do externo por ter unha menor irrigación sanguínea. Entón, se non hai autobús ata o menisco, como lle vai chegar o coláxeno dende o estómago?? Sei que se pode inxectar, fanno como tratamento antienrugas, pero eso é algo superficial. Y as agullas danme canguelo! Tamén teño dúbida do tipo de coláxeno a tomar; comercialízase de distintas procedencias e non sei cal é o máis acertado.
E terceira recomendación: “facultativos”. E aquí xa me persigno consecutivamente…. Nun ano pasei por varios, fisios e doutores. Cada un tiña un diagnóstico e unha terapia diferentes, e ningún mencionou “menisco”; houbo quen, simplemente mirándome pra a rodilla, descartou calquera afección do menisco. Sobrecargas, pata de ganso, cintilla, rotura de fibras, rutuliano, isquios…… Conclusión: sentíndome un pouco vacilada, e escomenzando a mosquearme xa co menisco, decidín facela resonancia pola miña conta. Así que polo momento ando en fase de non me acercar moito a eles...
Outra vez volvo a agradecérvolas vosas palabras, son moi boa terapia.
Saúdos!!!!