Foros ›
IV andaina solidaria Implicadas No Desenvolvemento
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Implicadas/os

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/15
6 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Set 2016, 13:20
Asunto: IV andaina solidaria Implicadas No Desenvolvemento

A fin de semana do sábado 22 e o domingo 23 de outubro é a data elexida! Dá o paso, a IV andaina solidaria Implicadas No Desenvolvemento lévanos nesta ocasión á Ribeira Sacra, onde vos propoñemos unha serie de actividades.

Sábado 22: MINDFULNESS E NATUREZA polo entorno de Parada de Sil durante o día.
Hora: ás 12:30h.
Lugar de encontro: Albergue A Fábrica da Luz (Parada de Sil, Ourense).

Dispoñemos dun vehículo de 8 prazas. Se queredes utilizar este servizo a saída será dende Betanzos ás 10:00 horas, coa opción de regresar o domingo despois de rematar a andaina ata Betanzos (se estades interesadas/os en empregar este servizo, teredes que notificalo no email que enviedes para incribirvos na actividade. As prazas outórganse por orde de inscrición).

Pola noite, despois da cea, xogaremos ao Trivial de SUMA con Implicadas.

Domingo 23: IV ANDAINA SOLIDARIA IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO POLA RIBEIRA SACRA.

Hora: 11:00h
Lugar de encontro: Albergue A Fábrica da Luz (Parada de Sil, Ourense).
Inscricións:
Faranse en www.implicadas.com O prazo máximo para anotarse é o xoves 20 de outubro e as prazas son limitadas a 75 en total. No albergue A Fábrica da Luz temos dispoñibles 18 prazas para a xente que decida quedarse a durmir, que se outorgarán por rigorosa orde de inscrición.

PREZOS
– Só a actividade de Mindfulness do día 22: 12 euros.
– Só a andaina do día 23: 12 euros.
– Pernocta + cea + almorzo + actividade de Mindfulness: 38 euros.
– Pernocta + cea + almorzo + andaina: 38 euros.
– Pernocta + cea + almorzo + andaina + comida día 23 (bocadillo, auga e froita): 43 euros.
– Fin de semana completo con Implicadas: 50 euros.

Pago: Farase a través de calquera destas dúas contas bancarias de Implicadas/os No Desenvolvemento:
ABANCA ES86 2080 0531 1130 4001 0798
TRIODOS: ES48 1491 0001 2921 3891 4227

Mentres non se faga o pago a inscrición non está feita, e é obrigatorio enviar a xustificación de pago a secretaria @ implicadas.com

Todas as persoas participantes recibirán de Implicadas unha bolsa da organización cun pequeno agasallo. Ademais, cada participante terá un número (corresponderase segundo a súa orde de inscrición) e ao final da ruta o día 23 celebrarase un sorteo dun bono dunha masaxe aiurvédica, e dun lote de merchandising de Implicadas No Desenvolvemento.

Na páxina web de Implicadas (www.implicadas.com) tedes o regulamento completo da actividade. Para calquera dúbida ou consulta, podedes contactar con nós en secretaria @ implicadas.com

Grazas! Contamos que sexa do voso agrado e polo tanto a vosa participación!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos