Foros ›
I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CAPELA
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 13 Set 2016, 5:55
Asunto: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CAPELA

O próximo 20 de novembro teredes un novo trail na zona das fragas do eume , esta vez na zona do concello de A Capela con saida dende As Neves.

*Trail longo 22 km con 1200m positivos( 2400 acumulados)
*Trail curto 12 km con 700m positivos( 1400 acumulados)
*Andaina 12 km con 700m positivos( 1400 acumulados)

O trail organizado polo concello de A capela e patrocinado pola diputación saira de As Neves e discurira polas fragas do Eume pasndo polo mosteiro de caaveiro.

A organización técnica dependerá de Eumenatura , organizador do trail das fragas do eume.O novo trail repetirá poucos camiños en relación ao das fragas doeume xa que casi toda a carreira farase polo concello da capela.

En breve poremos mais datos en relación as inscripción.
Prometemos un trail divertido e moi otoñal.


Última edición por blas62 o Mar, 13 Set 2016, 6:50; editado 1 vez
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 13 Set 2016, 6:15
Asunto: Re: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CAPELA

TRACS

gl.wikiloc.com/wikiloc...d=14829419

gl.wikiloc.com/wikiloc...d=14827231


Última edición por blas62 o Xov, 22 Set 2016, 12:17; editado 1 vez
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 13 Set 2016, 6:19
Asunto: Re: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CAPELA

aquí teredes mais info

trailmosteirodecaaveir...press.com/


www.facebook.com/I-Tra...=page_info
Javier_1

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
2/04/13
200 Carreiras
1541 Mensaxes
Arteixo
Respostar citando Envío Mar, 13 Set 2016, 11:45
Asunto: Re: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CA

Tiene buena pinta. Me lo apunto
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Set 2016, 7:31
Asunto: Re: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CAPELA

POis e nada abrimos inscripcions

Inscricións
Dende o día 30/09/16 ás 10 horas ata o 15/11/16 ás 23:59 h.. a través da pasarela de inscrición de Prueba-T . Pódense formalizar a través de:
www.prueba-t.es/pruebat/

Prezos
•Mini: (300plazas)
o 15€ ( ata o 30/10/16)
o 20€ dende o 31/10/16 ao 15/11/16
•Longo:(300plazas)
o 17€ ( ata o 30/10/16)
o 22€ dende o 31/10/16 ao 15/11/16
•Andaina ( non competitiva) (150plazas)
o 10€ ( ata o 30/10/16)
o 15€ dende o 31/10/16 ao 15/11/16


Recordade o que pasou co trail das fragas do eume ,, que en 42 horas voaron os dorsais

trailmosteirodecaaveir...press.com/

www.facebook.com/I-Tra...3/?fref=ts
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Set 2016, 11:33
Asunto: Re: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CAPELA

REGULAMENTO

TRAIL Mosteiro de Caaveiro está organizado polo Concello da Capela, co patrocinio da Deputación da Coruña.

Día e hora
A carreira terá lugar o domingo 20 de Novembro de 2016 nas Fragas do Eume. A proba dará comezo ás:
• 9:30 h.Trail longo
• 10:00h Trail mini
• 10:05h Andaina
A saída será dende CEIP Mosteiro de Caaveiro en As Neves, no Concello da Capela, estrada de Pontedeume a As Pontes, 15613 A Capela, A Coruña
As duchas estarán no pavillón do CEIP Mosteiro de Caaveiro, As Neves , 75, 15613- A Capela
Entrega dorsais:
O dia da carreira entregaranse dorsais:
• dende as 8:45 h ata as 9:15 para Trail longo
• dende as 8:45 h ata as 9:45 para Trail mini e andaina
Percorrido
Transcorrerá polo monte. A proba se celebrará sobre un percorrido de:
• Longo: de 22km, acumulando un desnivel (positivo-negativo) de 2400 m.
• Mini : de 12 km, acumulando un desnivel (positivo-negativo) de 1400 m.
• Andaina : de 10 km, acumulando un desnivel (positivo-negativo) de 1000 m.

As distancias e desniveis son orientativos , calculadas con GPS.
As distancias e desniveis poden sufrir variacións por cambios no percorrido solicitados pola Dirección do Parque.
Circuíto circular que se desenrola nas Fragas do Eume no Concello de A Capela, (con algún posible pequeno punto de paso por concellos limítrofes) por camiños e sendeiros e algún de asfalto.
A carreira utilizará camiños xa existentes para evitar o deterioro ou paso por zonas protexidas ou sensibles do Parque.
Nalgúns puntos cruzaranse estradas abertas ao tráfico. Aínda que haberá nelas persoal de organización deberase ter especial coidado e respectalas normas de circulación.
Todo o percorrido estará sinalizado mediante cintas; non se utilizará ningún tipo de marcaxes permanentes .
A organización intentará minimizar a marcaxe fora dos cruces para non afectar ao Parque , polo que nos sendeiros onde non existan cruces limitarase o uso de balizas todo o posible, sempre de todas maneiras deixando cintas que orienten aos corredores.
Toda a sinalización será retirada pola organización nas seguintes 48 h despois da carreira e no posible polos escobas da carreira.
Avituallamentos
Haberá dous avituallamentos para a carreira longa e un para a mini.
• Avituallamento de Xavariz (7,5 km solo trail longo)
o Líquidos
o Froita
o Membrillo
o Gominolas
o Froitos secos
• Avituallamento Mosteiro de Caaveiro (16 km trail longo/7km trail mini/5km da andaina)
o Líquidos
o Froita
o Membrillo
o Gominolas
o Froitos secos
Categorías:
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, maiores de 18 anos ata un máximo de 300 persoas por cada unha das carreiras, por rigoroso orden de inscrición e 150 sendeiristas na andaina
MASCULINO :
• Sénior: de 18 a 44 anos
• Veteranos: de 45 anos en adiante

FEMININO:
• Sénior: de 18 a 40 anos
• Veteranas : de 40 anos en adiante
A andaina carece de categorías por non ser competitiva.


Inscricións
Dende o día 30/09/16 ás 20 horas ata o 15/11/16 ás 23:59 h.. a través da pasarela de inscrición de Prueba-T . Pódense formalizar a través de:
www.prueba-t.es/pruebat/
Prezos
• Mini:
o 15€ ( ata o 30/10/16)
o 20€ dende o 31/10/16 ao 15/11/16
• Longo:
o 17€ ( ata o 30/10/16)
o 22€ dende o 31/10/16 ao 15/11/16
• Andaina ( non competitiva)
o 10€ ( ata o 30/10/16)
o 15€ dende o 31/10/16 ao 15/11/16

Tódolos inscritos na proba recibirán un obsequio conmemorativo ou calquera outro agasallo que consiga a organización a través dos seus colaboradores.
Os agasallos das empresas colaboradoras serán sorteados entre os asistentes. É obrigatorio estar presente no sorteo para poder recoller o agasallo.
En caso de lesión ou problemas sobrevidos tras formalizala inscrición, a organización comprométese a facilitar o cambio cunha persoa da lista de espera si a houbese.
Calquera anulación do dorsal somete se realizará ata o dia 15/11/16 e terá un gasto de xestión de 5€ , a excepción dos cambios de dorsal que serán gratuítos.
Este proceso realizarase SEMPRE por parte da organización e NUNCA entre particulares directamente.
Os dorsais son persoais e intransferibles. Correr có dorsal doutro corredor implica a descalificación e non estar cuberto por ningún tipo de seguro.
Poderase cambiar da carreira longa á mini ata o dia 15 /11/16 sen costo algún, sempre que existan prazas dispoñibles. Debe comunicarse por correo electrónico a
prueba-t @ prueba-t.es
Premios
Haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría establecida , non sendo acumulativos.
A entrega de premios levarase a cabo ás 13:30 h. despois do peche de meta.
Os premiados teñen a obriga de recoller persoalmente os trofeos, do contrario serán descalificados.
A andaina non terá premios nin cronometraxe.

Sinalización e Controis

O percorrido estará sinalizado por cinta de plástico e por persoal da organización.
Será obrigatorio o paso polos controis establecidos, podendo existir referencias kilométricas ao longo do percorrido.
Haberá controis de paso en:
1. Control pista Caaveiro (5 km trail longo e mini). Os corredores do trail longo deberán pasar por este punto antes de 1h. de carreira; superado este tempo retiraranse da carreira ou continuarán na carreira mini sen entrar nos cronometraxes.
2. Avituallamento da Pena do Aguia(7,5 km trail longo).
3. Avituallamento Mosteiro de Caaveiro (16 km trail longo/7 km trail mini).
• As probas terán un tempo máximo para completalas, dende a hora de saída a meta de:
o Carreira longa: 4 h .
o Carreira mini: 3:30 h.
• A meta cerrarase ás 13:30 h.
Os corredores portarán o dorsal nun sitio claramente visible.
Os participantes corren baixo súa propia responsabilidade, realizando toda ou parte da proba.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que poda recibir ou producir aos participantes, aínda se disporá dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes para os participantes.
En caso de retirada avisarase ao persoal da organización. No suposto de lesión ou impedimento para regresar polos propios medios á meta pedirase axuda á organización, que xestionará o rescate. Facilitaranse teléfonos de contacto para emerxencias.
O circuíto non estará pechado ao tránsito de vehículos; todo participante está obrigado a cumprilas normas de circulación viaria, sendo responsable de cantas infraccións puidesen cometer, respectar o paso de gandos, persoas e demais vehículos.
Material OBRIGATORIO:

• Botellín ou sistema de hidratación (inclúe vaso). Non haberá vasos nin se darán botellas nos avituallamentos, por respeto ao medio ambiente.
• No caso de que as condicións meteorolóxicas o aconsellen, cortaventos ou prenda impermeable ou transpirable.
• Non se entregará ningunha comida con envoltorio nos avituallamentos.
• Así mesmo a froita deberá ser consumida no avituallamento e tirar os desperdizos nas bolsas dispoñibles ao efecto.

Material ACONSELLADO:

• Roupa e Zapatillas axeitadas para unha carreira de montaña
• A organización resérvase a potestade de modificar o material obrigatorio con días de antelación en función das condicións meteorolóxicas previstas
• Teléfono móbil
• Manta térmica de emerxencia .

Deberes dos corredores:
Os corredores están obrigados a levar o dorsal facilitado pola organización. Este levarase nun lugar visible na parte dianteira durante toda a proba e non poderá ser dobrado nin recortado
• A socorrer a outro corredor en perigo ou accidentado e a comunicalo á organización.
• A seguilas instrucións dos membros da organización.
• A non saírse do itinerario sinalizado.
• A comunicar a súa retirada nun control ou avituallamento, entregando o dorsal. O corredor asume toda súa responsabilidade dende que abandona voluntariamente a proba ou é descalificado. Si decide continuar no percorrido será baixo súa absoluta responsabilidade.
• É obrigación de cada participante portar consigo calquera residuo que xenere: envases, papeis, residuos orgánicos, etc., ata os lugares sinalados e habilitados pola organización
Descalificacion:
• Abandonar residuos fora das papeleiras situadas nos avituallamentos.
• Non portar o material obrigatorio.
• Non auxiliar ao participante que o necesite
• Non obedecelas indicacións do persoal identificado como da organización
• Non levar o dorsal visible.
• Atallar, saírse do itinerario sinalizado, especialmente nas zonas máis sensibles coa fin de non danar o medio ambiente.
• Non pasar polos controis de paso que determine a organización.
• Non realizar o percorrido completo.
• Non portar algún sistema de hidratación
O itinerario transcorre polo Parque Natural das Fragas do Eume, de alto valor ecolóxico e espazo protexido nalgunhas das zonas de paso, polo que se deben seguir as pautas de comportamento nos espazos protexidos:

• non deixar refugallos,
• non saírse do percorrido sinalizado
• non deixar rastro da nosa actividade.

A organización revisará todo o percorrido do trail nas 48 horas seguintes para minimizar todo o posible o impacto ambiental e recoller cintas de marcaxe ou residuos.Reducirase ao mínimo o uso de plásticos no monte: avituallamentos, sinalización… A organización utilizará no posible material reutilizable ou reciclable.

Duchas:

Existen duchas pero non podemos garantir auga quente para tódolos corredores.

Lugar de saída:

CEIP Mosteiro de Caaveiro
Concello de A Capela, na estrada das Pontes.

Existe una zona de aparcamento, de todas formas solicitámosvos que na medida do posible a asistencia sexa en coches cheos porque este aparcamento ten súas limitacións.
Rogamos sigades as instrucións do persoal de apoio para que ls vías de acceso non queden colapsadas.


Poden cambiarse percorridos, distancias e desniveis a criterio da organización, o que se comunicará coa debida antelación.
natacion

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
27/09/10
0 Carreiras
276 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 30 Set 2016, 9:20
Asunto: Re: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CAPELA

Inscricións abertas. Apurade que voan!!!

inscripciones.prueba-t...hp?id=4044

Never Stop Dreaming, Never Give Up
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 30 Set 2016, 10:45
Asunto: Re: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CA

en duas horas 75 inscripcions.....
mingoos

Foreiro infantil
Foreiro infantil
30/09/13
16 Carreiras
104 Mensaxes
lugo
Respostar citando Envío Sáb, 01 Out 2016, 20:57
Asunto: Re: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CAPELA

Ahí vamos!!!!
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Out 2016, 18:35
Asunto: Re: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CAPELA

trailmosteirodecaaveir...ira-longa/
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Out 2016, 18:36
Asunto: Re: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CAPELA

trailmosteirodecaaveir...ira-curta/
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Out 2016, 6:26
Asunto: Re: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CAPELA

Cada dia quedan menos plazas :

Do trail longo 75 e do corto 100.

recordarvos que temos servizo de gardaria de balde para que podades deixar aos vosos fillos mentras corredes.


temos unha novidade , SERVICIO DE GARDARIA de 9:15 a 14:15 , para cativos de 3 anos hasta 12anos. Polo de agora non esta aberta a inscripcion pero en breve abriremos na paxina de inscripciosn da carreira.
Para que non digades que non podedes correr porque non tedes con quen deixar aos vosos fillos.

Faranse talleres de globoflexia e pintacaras

Conciliando a vida familiar

O servizo de gardaria e gratuito , a unica condicion e estar inscrito a carreira ou a andaina-



inscripciones.prueba-t...tos.php…
xosemon

Foreiro infantil
Foreiro infantil
10/05/12
0 Carreiras
97 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mér, 26 Out 2016, 20:39
Asunto: Re: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CAPELA

Ampliación de prazas!!!! Ben,moi ben feito.
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Out 2016, 20:47
Asunto: Re: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CAPELA

si pero xa estan voando ahora mismo quedan 20 para a longa y 5 para a curta....e dificcilmente poderemos ampliar mais si queremos que a carreira funcione
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 01 Nov 2016, 23:44
Asunto: Re: I TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO( 20/11/16) CONCELLO DE A CAPELA

prazas rematadas ---soio funciona lista de espera.
Non sei que teñen as fragas que enchedes as carreiras
grazas pola vosa acollida

vemonos en As Neves





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos