Foros ›
XIV Andaina 50 km Concello de Riveira (03.09.2016)
Forum Index / Andainas
Reply to topic

Author
Message
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Mon, 08 Aug 2016, 9:03
Post subject: XIV Andaina 50 km Concello de Riveira (03.09.2016)

XIV ANDAINA POPULAR “CONCELLO DE RIVEIRA”

INFORMACIÓN

A XIV edición da Andaina Popular “Concello de Riveira”, celebrarase o sábado 3 de Setembro, e constará, de novo, de tres recorridos de diferentes distancias e dificultades:

Recorrido de 50 km.- Será o sendeiro base sobre o que se artellarán os outros dous percorridos. Volverá a ter menor dificultade que os anos precedentes (uns 700 metros de desnivel positivo), evitando as zonas de dificultade física e técnica.

Recorrido de 35 km.- Terá como base o percorrido de 50 km, pero contará con atallos para reducir a distancia a 35 km. Está pensado para personas que se lles poda facer longa a distancia de 50 km.

Recorrido Xtrem.- Tamén terá como base o recorrido dos 50, pero engadíndolle zonas de máis dureza e algo máis técnicas (subida á Curota, baixada pola zona da Fervenza de San Amedio, subida ó Tahume ou a Senda do Xabarín). O desnivel positivo é superior a 1.200 metros. Asemesmo, a distancia é maior de 50 km: 58 km, a percorrer igualmente no tempo máximo de 12 horas.

Este ano a Andaina pasará por: Sendeiro marítimo de Ameixida, Parque Periurbano de San Roque, Pedra das Cabras, montes de Palmeira, Dolmen de Axeitos, Sendeiro do Río Sanchanás, Parque Natural das Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, etc.

ORGANIZACIÓN

A proba está organizada polo Concello de Rivera e a Asociación de Veciños de Carreira.

INSCRICIÓNS

Efectuaranse na web www.riveira.es.

Mantéñense os prezos de inscrición do ano pasado, así que desde o 20 de xullo ata o 1 de setembro, e serán os seguintes:

13 €uros (para persoas federadas)

16 €uros (para as non federadas)

A partir do 1 de setembro, haberá un prezo único de 25 euros, sen dereito a camiseta de recordo, e estas inscricións deberán realizarse nas oficinas de deportes no complexo deportivo da Fieiteira. Teléfono 981. 873646.

Aínda que o prezo é o mesmo para calquera dos roteiros, na inscrición deberá elixirse o roteiro a realizar.

Nota: Para a Copa Galega de Andainas de 50 km, só acreditarán a participación os que rematen o roteiro de 50 km e a Xtrem.

O número máximo de participantes é de 300 (no intre de acadar esta cantidade xa non se admitirán máis inscricións).

SAÍDA

A saída será desde as pistas de atletismo do Complexo Polideportivo A Fieiteira, ás 9 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba.

ROTEIRO

Estará convenientemente sinalado con cintas branco/vermellas e pintura amárela fluorescente, cunha distancia máxima entre sinais de 200 metros.

AVITUALLAMENTO

Ao longo do percorrido haberá cinco puntos de avituallamento coa finalidade de prover aos participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba.

CONTROIS DE PASO

Haberá controis de paso, polos que os participantes deberán pasar nuns tempos mínimos e máximos, calculándose os mínimos a razón de 4,2 km/hora, e os máximos a 7,5 km/hora. A organización non se inmiscirá en como se realicen os tramos entre controis de paso (andando, correndo,…) sempre e cando se cumpran os horarios mínimos e máximos, e non se moleste ao resto de participantes. Os controis de paso estarán situados nos puntos de avituallamento.

OUTRAS CONSIDERACIONS:

De cara a implantar melloras a nivel de menor pegada ecolóxica desta actividade, os participantes teñen a obriga de portar un bidón ou cantimplora e un vaso de plástico ou metal, co que se irán abastecendo nos avituallamentos (non se entregarán botellas nin vasos de plástico nos puntos de avituallamento).

Así mesmo, será recomendable (para mellorar a seguridade dos participantes) portar un teléfono móbil (coa batería ben cargada!!!) no que poder localizar aos andaríns que non pasen polos controis, ou co que podan avisar á organización en caso de que lle xurdan problemas graves.

Se en calquera momento da proba algún ou algunha participante se atopa canso ou sofre algunha lesión importante, debe comunicarllo a outro participante ou, se é posible, achegarse ao control máis próximo. A Organización disporá dun servizo de controis itinerantes para solucionar este tipo de problemas.

Ao remate da proba celebrarase un sorteo de agasallos, así como unha festa para participantes e acompañantes.

No Complexo Deportivo A Fieiteira, os vestiarios e as duchas estarán abertos a partir das 15.30 h.

Uns días antes da proba, enviarase un segundo boletín por si hai algún tipo de modificación sobre o actual regulamento (posibles modificacións por incendios, ou similares; notas sobre prevención de riscos; ou calquera outras medidas que podan ser de interese para os participantes)

RECOMENDACIÓNS IMPORTANTES

Trátase dunha proba de fondo, polo que é moi importante estar ben preparado fisicamente, aconséllase camiñar semanalmente 80 km desde dous meses antes.

Consiste nun percorrido de 50 km. e non son todos de terreos chans, senón que hai desniveis e terreos accidentados que salvar. A Organización non se fará responsable dos accidentes ou danos que poidan ocorrerlles aos participantes, aínda que tratará por todos os medios de evitalos.

Os menores de 18 anos deberán vir acompañados dun responsable maior de idade.
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Mon, 08 Aug 2016, 9:43
Post subject: Re: XIV Andaina 50 km Concello de Riveira (03.09.2016)

Esta noite as lapas entraron no Parque Natural das Dunas de Corrubedo e Lagoas do Carregal e Vixán. A esta hora o incendio parece controlado, aínda que non extinguido totalmente. Como naquel verán de infausta lembranza do ano 2006, este ano, na andaina, seguramente tocará volver a percorrer sendeiros de terra queimada!! Unha mágoa!! Crying or Very sad Crying or Very sad
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Mon, 08 Aug 2016, 9:49
Post subject: Re: XIV Andaina 50 km Concello de Riveira (03.09.2016)

Dantescas imaxes de zonas polas que pasa a andaina:

loqueyotedigo.net/2016...poblacion/
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1287 Posts
ROIS
Reply with quote Post Wed, 31 Aug 2016, 10:22
Post subject: Re: XIV Andaina 50 km Concello de Riveira (03.09.2016)

mima,a falta duns dias pra andaina e que pouco movemento poraqui.

pola contra as inscripcions vense nutridas.

vemonos o sabado!!!
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1287 Posts
ROIS
Reply with quote Post Sat, 03 Sep 2016, 17:58
Post subject: Re: XIV Andaina 50 km Concello de Riveira (03.09.2016)

genial coma sempre.

o que mais me gustou sen duda,foi a baixada polas pedras da zona queimada. jas a tope!!!!!!!
zerira

Novo foreiro
Novo foreiro
25/08/14
0 Carreiras
19 Posts

Reply with quote Post Mon, 05 Sep 2016, 17:29
Post subject: Re: XIV Andaina 50 km Concello de Riveira (03.09.2016)

valla organizacion, impresionante chicos/chicas de 12
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Posts
Riveira
Reply with quote Post Tue, 06 Sep 2016, 7:13
Post subject: Re: XIV Andaina 50 km Concello de Riveira (03.09.2016)

CesGti escribió:
genial coma sempre.

o que mais me gustou sen duda,foi a baixada polas pedras da zona queimada. jas a tope!!!!!!!

Xa che dixen eu que che ia justar...... ós Cabuxos e o que vos vai Twisted Evil
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Tue, 06 Sep 2016, 9:19
Post subject: Re: XIV Andaina 50 km Concello de Riveira (03.09.2016)

CesGti escribió:
genial coma sempre.

o que mais me gustou sen duda,foi a baixada polas pedras da zona queimada. jas a tope!!!!!!!

Para saber do que estamos falando, según me contaron: Miradoiro da Cidá. Terreno en forte desnivel en baixada por zona queimada, que se fai zigzagueando por zona de laxes, con moito coidadiño. Catro ou cinco participantes do recorrido de 50 km están case rematando a baixada (km 43). Aparece un "toliño" da Xtrem (km 52 para él). Nin corto nin perezoso, pódelle o corazón á cabeciña, e sin pensalo moito, tírase a unha baixada suicida. Antes de rematar a costa, xa se puxera diante de todos!!

Se non foi así, está moi ben argallado Chupete Chupete Chupete
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1287 Posts
ROIS
Reply with quote Post Thu, 22 Sep 2016, 18:54
Post subject: Re: XIV Andaina 50 km Concello de Riveira (03.09.2016)

URKO escribió:
CesGti escribió:
genial coma sempre.

o que mais me gustou sen duda,foi a baixada polas pedras da zona queimada. jas a tope!!!!!!!

Para saber do que estamos falando, según me contaron: Miradoiro da Cidá. Terreno en forte desnivel en baixada por zona queimada, que se fai zigzagueando por zona de laxes, con moito coidadiño. Catro ou cinco participantes do recorrido de 50 km están case rematando a baixada (km 43). Aparece un "toliño" da Xtrem (km 52 para él). Nin corto nin perezoso, pódelle o corazón á cabeciña, e sin pensalo moito, tírase a unha baixada suicida. Antes de rematar a costa, xa se puxera diante de todos!!

Se non foi así, está moi ben argallado Chupete Chupete Chupete

ostras,elo quen taba a mirar??

foi asi mismiño.

mima,como disfrutei a tumba aberta,jajajaja





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum