Foros ›
X Carreira de Boimorto (3 de Setembro)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
303 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Ven, 05 Ago 2016, 7:29
Asunto: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro)

Hola a tod@s,
un ano máis presentamos outra nova edición da carreira pedestre de Boimorto (tamén hai Canicross).
Podedes obter toda a información sobre o regulamento pinchando no calendario ou ben accedendo á páxina de www.championchipnorte.com
Inscricións abertas dende o 27 de xullo.
Dende a organización iremos informándovos de todo.
Saúde e Kilómetros correlegas.


Última edición por Matveiev o Mar, 06 Set 2016, 10:43; editado 3 veces
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 05 Ago 2016, 8:22
Asunto: Re: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abe

Se non hai ningún contratempo é unha fixa no meu calendario.
Alí nos veremos, ainda que sexa para trotar!
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
299 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 05 Ago 2016, 20:49
Asunto: Re: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abertas

Eu fun da partida o ano pasado e encantoume. Carreira moi recomendable , e con moi boa organizacion. O ano pasado incluso fixeron a clasificación manual despois de un contratempo coa cronometraxe para que ninguen se quedase sin saber o seu resultado.
Espero ser da partida outra vez este ano
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
303 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mar, 09 Ago 2016, 9:33
Asunto: Re: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abertas

Moitas gracias polas vosas verbas sanmikel e pantasma. Será un pracer tervos de novo por estas terras.
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
303 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mar, 09 Ago 2016, 9:35
Asunto: Re: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abe

Presentamos o slogan ou lema deste ano para a carreira:
Boimorto, espíritu olímpico
Podedes seguir toda a información que vaia saíndo da carreira na seguinte páxina de facebook:
www.facebook.com/X-Car...9/?fref=ts
xb74

Maratoniano
Maratoniano
18/01/13
50 Carreiras
377 Mensaxes
Melide
Respostar citando Envío Mar, 09 Ago 2016, 19:28
Asunto: Re: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abertas

Coma sempre ali estarei, carreira con moito encanto. Das que probas e seguro repites. Trato excelente ao corredor. Se ademais ven Sanmikel habera que prepararse para a post carreira Bailar

O último tuercebotas/ Ad Cerne
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 10 Ago 2016, 7:01
Asunto: Re: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abertas

xb74 escribió:
Coma sempre ali estarei, carreira con moito encanto. Das que probas e seguro repites. Trato excelente ao corredor. Se ademais ven Sanmikel habera que prepararse para a post carreira Bailar
Molón Molón Molón
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
303 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mér, 10 Ago 2016, 13:49
Asunto: Re: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abe

O que responda correctamente a seguinte pregunta na páxina de facebook da carreira, entrará no sorteo de unha inscrición gratuíta para a mesma:
¿Cantos deportistas olímpicos tivo Boimorto?
A.- 0 B.- 1 C.- 2 D.- 3


Concursade aquí:
www.facebook.com/X-Car...9/?fref=ts
alexv

Foreiro Senior
Foreiro Senior
18/05/15
0 Carreiras
431 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 17 Ago 2016, 21:13
Asunto: Re: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abertas

a ver como estamos para esa carreira,ahora que xa rematou a festa toca queimar os excesos,jeje
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 26 Ago 2016, 12:17
Asunto: Re: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abertas

O circuito será o mesmo?
Digo para evitar a raíza da árbore coa que o ano pasado case me partín os dentes. Moi feliz Moi feliz
Igual podo ir antes, e facer unha cañota desa árbore. Silbar

O recorrido e fermoso, e rápido, se non se cambia. A verdade e que me apetece correr por alí, o único e que non sei se me poderei quedar ata a entrega de premios. Non me decatei e me coincide coas festas da aldea.
Pero na saída estaremos... Molón
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Ven, 26 Ago 2016, 12:59
Asunto: Re: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abe

Si sobrevivimos a Castrelos, ahí estaremos. En la modalidad de humanos sin perro.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
SusanaRial

Maratoniano
Maratoniano
7/11/11
20 Carreiras
119 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Ago 2016, 9:46
Asunto: Re: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abertas

Ola compañeiros:
Despois das competicións da fin de semana, hai que poñerse mans á obra e irvos incribindo a Boimorto os que aínda non o fixestes.
Pasaredes unha tarde estupenda e podedes ademáis quedarvos a desfrutar da festa da noite.
Non deixedes de acompañarvos nesta décima edición.
Vémonos o sábado.
guti290971

Montañés
Montañés
10/09/08
238 Carreiras
1876 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Lun, 29 Ago 2016, 22:23
Asunto: Re: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abertas

Pois os Gutis imos participar en tres probas en Boimorto.

Iria cos peques, eu na popular, e Mirk mais eu no canicross.


xa queda pouco para berrar o clasico " esperame, Norris "

o mais rápido dos gordiños



CLUBE ATLETISMO BOIMORTO
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
303 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mar, 30 Ago 2016, 8:48
Asunto: Re: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abe

Entramos na recta final para esta cita, lembrade que este xoves día 1 de setembro é o último día para formalizar a inscrición.
Os sobrevivintes ó 24 horas en Castrelos, o Trail de As Pontes, o cross do Xamón da Cañiza,... podedes participar agora nunha proba familiar.
Estas son algunhas das cousas que vos ides topar:
- Unha camiseta conmemorativa de calidade e distinta.
- Bebida, froita, galletas, bica e bola de bacon ao remate da proba.
- Aparcamento e duchas próximos á saída e meta.
- Sorteo de 10 entradas para o festival de "La Luz" durante a entrega de premios no pavillón polideportivo.
- Pinchos na entrega de premios.
- Ambiente festivo pois son as festas na honra a Virxe do Rosario en Boimorto.
- E sobre todo, o que é máis importante, un trato agradable e cariñoso por parte da xente deste pobo e a organización, que de seguro estaranvos agardando cos brazos abertos.

Información do tempo que pode levar chegar a Boimorto dende algúns lugares de Galicia:
- De Lugo: uns 45 minutos.
- De Santiago: uns 35 minutos.
- De Vigo: 1h15´(por autopista ata a saída da autovía que vai para o aeroporto).
- De Coruña: 45 minutos.
- Ourense: 55 minutos (autovía ata Lalín e despois por Vila de Cruces e Arzúa).
- Arzúa: 5 minutos Ríndose
- Melide: 13 minutos Ríndose
- Frades (Pontecarreira): 10 minutos (por Brates) Ríndose
.
.
.

Do que non teño ningunha dúbida botando unha ollada aos inscritos actuais, é de que virán moitos amigos a esta carreira. Dende aquí, darvos xa as gracias por adiantado a todos.

Este é algún dos lugares polo que transcurre a carreira:






VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 30 Ago 2016, 21:51
Asunto: Re: X Carreira de Boimorto (3 de Setembro), inscricións abe

Inscrito. La corrí en la edición del 2011 y guardo muy buen recuerdo.

Viendo las fotos parece que el recorrido es el mismo (o parecido) al de aquella ocasión.

Un saludo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos