Foros ›
Andaina en Vedra (30/07/16)
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1670 Mensaxes
vedra
Respostar citando Envío Mér, 27 Xul 2016, 12:19
Asunto: Andaina en Vedra (30/07/16)

Deixovos información sobre esta andaina que se vai celebrar este próximo sabado no meu Concello (Vedra). Si tedes algunha duda podedes chamar o telefono que sale na información ou preguntademe por aqui e tratarei de respondervos. A ruta e preciosa e sin grandes dificultades. Animadevos.

Recórdovos que o vindeiro sábado 30 de xuño, organizamos ese precioso paseo pola Ruta de Sendeirismo de San Xoán da Cova:
Goza do Ulla en Vedra, o 30 de xuño.
Este ano e como novidade iniciamos a ruta no Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, considerado o pazo máis importante de Galicia a nivel botánico, e que forma parte da Ruta da camelia e tamén da Ruta de árbores con historia, unha iniciativa da Xunta de Galicia para poñer en valor as árbores e formacións senlleiras incluídas no catálogo Galego de Árbores Senlleiras, regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo. Catálogo do que forman parte numerosas especies que se atopan no noso concello.
Pódese consultar e descargar ampla información sobre a ruta en:
www.cmati.xunta.es/c/d...-31327.pdf
www.pazoderivadulla.com/
Lembramos que unha oliveira do Pazo de Ortigueira de Santa Cruz de Ribadulla, gañou o Premio AEMO 2015 ao Mellor Olivo Monumental de España. Premio concedido a un exemplar integrado neste maxestuoso conxunto de olivos cuxa arboleda debuxa unha singular retícula de árbores centenarios que vexetan desde o século XVI e que forman parte das árbores senlleiras de Galicia.
Esta árbore premiada e o seu conxunto, coñecido polo Paseo das oliveiras, son uns dos elementos máis admirados do Pazo de Ortigueira ou tamén denominado de Santa Cruz de Ribadulla, declarado Ben de Interese Cultural.
www.turgalicia.es/came...ngId=gl_ES
Este paseo das oliveiras serviu de escenario para a grabación do videoclip 'Un Zombie a la Intemperie' de Alejandro Sanz.
www.youtube.com/watch?v=x0n3JKL7Qkc
O punto de encontro será na Área recreativa de Cubelas (9.30 h) dende onde nos trasladaremos en autobús (gratuito) á saída (Pazo de Santa Cruz, ás 10.00h) por tratarse dunha ruta lineal e a onde regresaremos para recoller os nosos vehículos ao rematar a ruta. O camino discorre pola marxe dereita do río Ulla aproveitando fermosos camiños de pescadores. Pasaremos polo Muiño de Reboredo, Área recreativa de Agronovo, Casa museo da pesca, Ponte Colgante de Ximonde…Para unha mellor organización aconsellamos anotarse no telf 981814691 ou no enderezo: casadospeons @ concellodevedra.com .
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4694 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mér, 27 Xul 2016, 19:10
Asunto: Re: Andaina en Vedra (30/07/16)

que interesante,lástima no poder ir,pero me quedo con la zona,muchas gracias por el aporte

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos