Foros ›
Author
Message
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1298 Posts

Reply with quote Post Wed, 17 Jan 2018, 22:23
Post subject: Re: Diario de eumealto

Proba a bailar unha muiñeira, ja ja ja...
Que te mellores pronto, pero non teñas presa.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
463 Posts
Muras
Reply with quote Post Wed, 07 Feb 2018, 10:54
Post subject: Re: Diario de eumealto

Bueno pois penso que o tema do esguince pasou á historia pois xa levo 4 saídas sen molestias, e teño a "alta" da fisio. Eso sí, ontes estiven a punto de ter un problema serio, xa que iba a facer unha tirada de 10 kms a iso das 20:30 e como non chovía nen nevaba, únicamente facía frío, iba sair con camiseta, chaleco e manguitos, Shocked menos mal que estes me quedaron na casa e no seu lugar puxen un cortaventos que levaba na mochila, e digo isto porque a falta de 6 kms comezou primeiro a chover e logo a nevar forte, co cal primeiro me calei ate os osos e logo a sentir bastante frío, aparte da molestia de que che bata toda a neve na cara. Ademáis o medo a lesionarme e ter que parar e atoparme a varios kms do coche, de noite, nevando, empapado e conxelado. Muerto Menos mal que puden acabar sen incidencias, e o mellor de todo, a media hora ou por ahí que me pasei despois debaixo da ducha. Satisfecho
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
75 Carreiras
900 Posts
Valdoviño
Reply with quote Post Wed, 07 Feb 2018, 21:23
Post subject: Re: Diario de eumealto

Cuando vi ese entreno en strava, a esas horas y en esa zona de Galicia ya me pareció que era algo épico cuando menos. Mr. Green
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
463 Posts
Muras
Reply with quote Post Wed, 07 Feb 2018, 22:42
Post subject: Re: Diario de eumealto

beuckelssen escribió:
Cuando vi ese entreno en strava, a esas horas y en esa zona de Galicia ya me pareció que era algo épico cuando menos. Mr. Green

Jejejeje, gustaríame oir os comentarios dos ocupantes dos (poucos) coches cos que me crucei ó atoparse de frente cun "toliño" correndo de noite pechada, por una carretera solitaria en medio dunha nevada. Mr. Green
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
463 Posts
Muras
Reply with quote Post Tue, 12 Mar 2019, 20:43
Post subject: Re: Diario de eumealto

Domingo 10/03/2019

Trail Montes de Couzadoiro (12kms, 800m desnivel positivo)

Este foi o meu primeiro trail "cronometrado" (solo participara antes no trail das bestas en Muras na modalidade de andaina) e a decir verdade sentinme un tanto "perdido": Primeiros 3 kms todo subida por camiños con pedras de pizarra moi esbaradizas cos xemelgos cargados dende o comezo, fago case todo este tramo andando, pero comprobo asombrado cómo me adianta unha pila de xente inda que tamén sube andando. Cando remata a subida e se pode correr algo, recupero algúns postos, e tamén adiando a máis xente na baixada que viña a continuación. Logo outra subida onde volvo a perder posicións, saimos a unha pista onde volvo a coller ritmo correndo e podo volver a adiantar e de repente e sen previo aviso, logo dun xiro a 90º á esquerda, aparece ante min o "inferno" en forma de pendente que parece case vertical que me obriga a avanzar por veces a "catro patas" e donde xa me descolgo definitivamente da xente que iba preto de min. Cando acaba este tramo infernal non acaba inda ahí a festa xa que a subida continúa case 2 kms ate o pico máis alto. cando por fin fago cima e penso que costa abaixo vou recuperar, faiseme imposible polo empinado e irregular da baixada, e non me atrevo a pillar velocidade. Saímos a outra pista onde si que se pode correr pero antes de poder "saborear" o correr medianamemte cómodo, outra vez nos metemos por un camiño estreito empinado, con pedras molladas e xa decido poñerme en "modo seguro" ante o risco de deixarme ahí un ou os dous nocellos. O último km e medio xa pola veira do río o polo asfalto antes da meta podo correr pero comprobo que vou sen pernas: Unha extraña sensación de debilidade que nunca sentira nunha proba de asfalto.
En definitiva: Non estou preparado ainda para correr un Trail, polo menos tan duro coma este non en distancia pero sí en perfil, e tocará traballar máis e facer entrenamentos específicos se quero tirarme ó monte e desfrutar un mínimo da experiencia.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
403 Carreiras
3720 Posts
K-pax
Reply with quote Post Tue, 12 Mar 2019, 22:51
Post subject: Re: Diario de eumealto

Gracias por la crónica.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum