Foros ›
Autor
Mensaxe
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Lun, 31 Out 2016, 15:42
Asunto: Re: Diario de eumealto

Venres 21
11,5 kms a 5'14'' (Circuito habitual das tiradas longas)

Creo que o meu mal nas tiradas "longas" era poñelas despois da sesión de series que a pesares de deixar un día no medio, non me daban recuperado as pernas. Hoxe moi bo ritmo outra vez que saiu de forma natural sen forzalo para nada.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 31 Out 2016, 15:48
Asunto: Re: Diario de eumealto

Polo que teño escoitado non e convinte meter dous entrenos "duros" seguidos.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Lun, 31 Out 2016, 16:06
Asunto: Re: Diario de eumealto

Domingo 23
5.3 kms a 4'39'' (Carreira Arumes do Corgo)

Nova carreira que se me pon a tiro e non era cuestión de desaproveitala. Mañán fresquiña pero con sol que me fixo sudar un pouco (sí, son un tiquis-miquis con isto da calor pero non teño remedio Angel ) Primeiro km pola N-VI en baixada onde chego a "asustarme" vendo un ritmo medio de 3'58'' Pero pouco durou o medo... Uns metros despóis de rematar ese 1º km xa ven un repeito onde se recupera case todo o baixado. Despóis un xiro a dereita e comeza un rompepernas por carreteras secundarias, onde trato de non queimarme demasiado nas subidas e recuperar nas baixadas. Pero logo chega unha zoa de falso chan picando para arriba e sen sombras onde o sol empeza a machacarme. Menos mal que un pouco despois facemos un paso intermedio por meta e hai un avituallamento con que non contaba. Collo un botellín e tiroo case todo pola cabeza abaixo, o cal me refresca o necesario para afronta-la última subida xa de novo pola N-VI sen morrer. Inda así esa subida faise longa, e parece que non chega nunca o xiro a esquerdas onde semella que se acaba a costa. Pero ó final todo chega e agora só queda un km supostamente picando para abaixo. Como é a 1ª vez que corro aquí, non sei se quedan máis repeitos e evito tirarme a tope. Conforme me vou achegando á meta xa vexo que non hai máis subidas e vou con todo o que teño, tratando de baixar de 4:40. Finalmente consigoo e entro en meta no posto 110 de 170 participantes. Sempre que quedo da metade para atrais na clasificación non quedo moi contento pero sei que canto menos xente participe nunha carreira, máis difícil é conseguir unha boa clasificación relativa.


eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 02 Nov 2016, 16:59
Asunto: Re: Diario de eumealto

Martes 25

9,18kms a 5'37'' (Ida e volta ate a parroquia de Xelgaiz)

Parece que as pernas inda non estaban recuperadas da carreira do Domingo e andaban algo protestoas cando tocaba subir. Este é un dos circuitos que máis me gustan, pero para facelo a un bo ritmo hai que te-lo corpo ben apunto porque é un rompepernas contínuo. O último km e pico é todo costa abaixo e sempre o soio facer sobre 4:30 - 4:40 e desta vez nen siquiera o din baixado de 5, pero non me importa, o importante é que o corpo se vaia adaptando ós sube-baixa e non se me aburguese demasiado con rodaxes por terreo chan.
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 02 Nov 2016, 18:22
Asunto: Re: Diario de eumealto

Enhorabuena por la carrera Eumealto.

A mí me pasa igualito que a ti: con el calor se me funden los plomos Mr. Green

Un saludo
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 02 Nov 2016, 19:34
Asunto: Re: Diario de eumealto

Xoves 27
8.4 kms a 5'21'' (28 voltas ó campo de fútbol)

Tiña un pouco de medo por cómo me encontraría nesta tirada, pois a herba segue unha semana máis sen segar, e xa comeza a estar bastante alta, ademáis de mollada co orvallo da noite. Nembargantes nada disto me afectou e volta tras volta evidenciei que estaba rodando moi cómodo. Case me estiro a dar as 30 voltas, pero pensei que pasar de 27 a 30 cecáis era un cambio moi grande Ríndose e decidin algo intermedio quedándome en 28, pospoñendo o asalto ás 30 para cando os do concello se decidan a segar a herba.


Última edición por eumealto o Mér, 02 Nov 2016, 20:00; editado 1 vez
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 02 Nov 2016, 19:40
Asunto: Re: Diario de eumealto

Domingo 30
12,6 kms a 5'13'' (Circuito habitual das tiradas longas)

Tocábame sair o Sábado pero por diversos imprevistos tiven que pospoñer a tirada longa para o Domingo. En calquera caso estes 2 días de descanso seguidos viñéronme de perlas e fixen unha sesión a un moi bo ritmo prácticamente "sen despeinarme" Molón Atopándome moi cómodo dende o comezo ate o final. Moi contento de comprobar que xa case estou facendo as mesmas distancias e ritmos que o ano pasado por estas mesmas datas.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 02 Nov 2016, 19:51
Asunto: Re: Diario de eumealto

Martes 1
9,35 kms a 5'33'' (Ruta de Musdradas)

Hoxe tocaban costas de novo e decidin retomar un dos circuitos máis duros que teño para elo. Evidencio melloría subindo o que pasa que baixando tiven un par de problemiñas axenos á miña forma física: O primeiro é que como saio de noite e con frontal as pilas xa están bastante gastadas e costábame ver ben a carretera. O segundo problema é que estamos nos días máis intensos da caída da castaña e nas carreteras secundarias por onde descorre esta ruta hai zoas literalmente alfombradas de erizos, o cal unido á pouca luz do frontal provocou que pisase uns cantos, doblándome o pé ó borde do esguince de tobillo, así que nas baixadas houbo que botar o freno para evitar castañazos no máis amplo sentido da palabra. Mr. Green
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Xov, 03 Nov 2016, 22:16
Asunto: Re: Diario de eumealto

Xoves 3
2K + 6*1000 rec 1:30 + 1K

(4:38-4:34-4:30-4:38-4:36-4:45 Media 4:37)

Hoxe tocaban series e quería variar un pouco o circuito habitual de xeito que no canto de facer 1 km ida, 1 km volta e así 3 veces, quixen facer 3 de ida e 3 de volta sen darme conta que os 3 de volta eran lixeiramente máis desfavorables, sobre todo o último km. Iso unido á noite pecha e de novo problemas co frontal que se me escurría da frente ate baterme no fuciño, pois o resultado foron unhas series desastrosas e lamentables. Quedame o consolo que din feito a recuperación ó trote coma tiña previsto, pero na próxima sesión de series tentarei facelas de día e polo percorrido habitual.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 15 Nov 2016, 12:21
Asunto: Re: Diario de eumealto

Domingo 6
7.5 kms a 5'22'' (25 voltas ó campo de fútbol)

A herba segue sen segar, menos mal que con este frío non medrou moito máis. Como levo 2 días de descanso, hoxe sólo fixen 25 voltas porque a miña previsión é saír tamén mañá facendo unha tirada de 12 kms, entón hoxe non quixen forzar máis da conta.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 15 Nov 2016, 12:35
Asunto: Re: Diario de eumealto

Luns 7
12.10 kms a 5'12'' (Tirada rodeando o casco urbano de As Pontes)

Xa empezan a estar as temperaturas como a min me gustan, hoxe un entrenamento deses que prestan pola sensación de ir a un bo ritmo e que inda quedan forzas en reserva. Ate o km 9 iba a unha media de 5:08 con visos de aguantar así ate o final, pero ahí atopeime cos compañeiros do Olympo As Pontes que estaban comenzando a súa tirada e unínme ó grupo, entre as charlas, contos e que eles estaban a facer unha especie de fartlek, saíume o km 11 a 5:46 o que fixo que me baixara a media. Acabei moi fresco e non notei para nada o feito de saír 2 días seguidos.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 15 Nov 2016, 14:04
Asunto: Re: Diario de eumealto

Mércores 9
9,13kms a 5'20'' (Ida e volta ate a parroquia de Xelgaiz)

Seguimos mellorando nas subidas. Mesma ruta que a do 25/10 e melloria en ritmo de 17'' por km.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 15 Nov 2016, 14:17
Asunto: Re: Diario de eumealto

Venres 11
7.27 kms a 5'13'' (Tirada curta polos alrededores de As Pontes)

Bueno, pois queda comprobado que o frío é o meu dopping particular, e ó igual que as drogas de verdade parece que é adictivo. 2 días seguidos saíndo a 5º/6º con sensacións de voar sobor do asfalto e chega a tirada de hoxe con subida de temperaturas a 14º e "síndrome de abstinencia" que te crió Muerto Tiña pensado facer uns 8-9 kms pero xa a partir de primeiro km comprobei que as pernas non eran as mesmas que as dos últimos días. Sin embargo fun facendo uns ritmos xeitosos ate que chegou unha parte de falsos chans picando para arriba onde notei exceso de cansanzo. Como teño previsto competir en Ferrol na Carreira contra o Cancro do Domingo, decidin non forzar para acabar os 9 kms reventado e atallei a ruta para deixr a sesión en 7 kms e pico.


Última edición por eumealto o Mar, 15 Nov 2016, 19:19; editado 1 vez
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 15 Nov 2016, 19:11
Asunto: Re: Diario de eumealto

Domingo 13
5 kms en 22'40'' a 4'32'' (Carreira contra o Cancro Ferrol)

3ª Participación consecutiva nesta carreira, pois hai que ser sensible e solidario coa causa. Espectacular ambente con máis de 2000 corredores en liña de saída que para un 5K non está nada mal. Viña un pouco coa mosca trais da orella despóis das negativas sensacións do último entreno, malas sensacións que quedaron confirmadas tras un pequeno trote de quecemento e comprobar cómo rompía a sudar ás primeiras de cambio. Ó ir situarme na saída atópome cun ex-compi de traballo co que estiven preto de 8 anos codo con codo, e con el me quedei. Demasiado alonxado dos primeiros postos. Dase a saída e tardo medio minuto exacto en pasar por debaixo do arco, imposible correr ó meu ritmo, moitísima xente que esquivar. Despóis de pasar o km 1 en canto remata a costa de Mella, vexome literalmente encaixonado entre un amplo grupo de corredores, non hai maneira de adiandar nen desplazarse a un lado ou a outro. Teño que seguir así ate que xiramos para entrar na Rúa Real, ahí despexase un pouco o panorama, e encaro a costa cara praza de España xa máis liberado, incremento o ritmo na subida pero chego á praza un tanto sofocado de máis. Confío en recuperarme na baixada pero pásame o que me soe pasar cando non vou ben: Que non recupero nas baixadas, e así foi, volvemos a entrar na rúa Real de volta, e ahí comeza un tramo que odio nas carreiras polo centro de Ferrol: Ese par de repeitos por chan adoquinado que hai cara a praza de Amboaxe, ahí acabo fundido total e na baixada cara o porto sigo sen recuperar nada, o último km desa longa recta cara a meta faiseme un inferno, e boto contas se darei acabado sen pararme a andar. Finalmenete entro en meta coa sensación de non dar corrido nen un metro máis.

Posto 236 de 2065 que entraron en meta, pero iso non quere decir moito porque creo que tamén contaron os da andaina. Inda así quédome co dato que según a cronometraxe da federación, tomei a saída no posto 606, o cal significa facer uns 370 adiantamentos en carreira, e por tempo neto avanzaría 19 posicións. O ano pasado neste mesmo circuito pero con máis sol e calor fixera 22:16, sufrindo parecido así que inda faltan kms de rodaxes para recuperar a forma.



Últimos 500m aprox da carreira con careto de ir un tanto "exigido" Moi feliz
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Xov, 17 Nov 2016, 17:17
Asunto: Re: Diario de eumealto

Buena carrera. Tener que ir remontando cansa mucho debido a los constantes cambios de ritmo.

En la foto parece que le estés mandando una maldición babilónica al fotógrafo por estar ahí captando el momento. Mr. Green





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos