Foros ›
Autor
Mensaxe
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 27 Set 2016, 21:35
Asunto: Re: Diario de eumealto

beuckelssen escribió:
Cuando escuchamos al cuerpo siempre nos lo agradece. Parece que ya vas cogiendo ritmo y forma... ya sabes, ahora el límite es el infinito y más allá. Mr. Green

Eu teño claro que é importantísimo estar atento a cada sinal que da o corpo pero ás veces entranos o complexo de Superman e logo pasa o que pasa... O bo é que co tempo un acábase facendo autodidacta e a base de paus vaise aprendendo. Muro

A forma bueno...Despois dun verán tan irregular pouco a pouco vai mellorando a cousa, polo menos xa case completamos un mes de Setembro de normalidade entrenatoria. E o límite bueno, de momento confórmome con estar ben para volver á rutina de competir un par de veces ó mes, e reencontrarme con amigos e coñecidos. E por certo a ver se coincidimos nalgunha carreira e nos presentamos. Molón
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 27 Set 2016, 21:46
Asunto: Re: Diario de eumealto

Martes 27
8.1 kms a 5'27'' (27 voltas ó campo de fútbol)

Esta vez non me plantexei un nº determinado de voltas, simplemente iba ver cómo me atopaba e en función diso daría máis ou menos. Comecei un tanto incómodo de ritmo e co xemelgo esquerdo cargándose axiña como me pasa habitualmente, pero ó cambiar de sentido na volta 13 pouco a pouco fun "non empeorando". Na volta 19 volveu a durmirseme o pé, pero non lle fixen moito caso e a partir da 20 tiven claro que hoxe caían as 27. Acabei bastante enteiro e coas pernas moi frescas.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Xov, 06 Out 2016, 21:09
Asunto: Re: Diario de eumealto

Xoves 29
10,84 kms a 5'23'' (Circuito de asfalto habitual das tiradas longas)

Non tiña moitas ganas hoxe de correr, despois dun día de bastante traballo, logo reunión da ANPA ás 20:30 e mañán madrugón para ir a Coruña, entre pitos e flautas púxenme a rodar ás 22:30 e inda así sen facer nada de fresco como tampouco me notei nada fresco nen de pernas ne de nada...En fin, un entrenamento por cumplir e nada máis.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Xov, 06 Out 2016, 21:18
Asunto: Re: Diario de eumealto

Domingo 2
2K + 5*1000 rec 1:30 + 1K

4:26-4:41-4:36-4:40-4:29 (Media 4:34)
Tería que saír ontes pero a desgana pudo conmigo...Quería ver un pouco da primeira parte do partido de Dépor e acabei tirado no sofá véndoo todo, menos mal que ó final levei unha alegría. Bueno, pois o caso é que hoxe foi un entrenamento de toma de contacto coas series. Quería facelas a unha media de 4:35 e a media sí saiu ben, pero as series saíron moi mal, con moita diferencia entre elas. Levo dende finais de maio sen facer este tipo de entrenamentos e vexo que lles perdin o toque.


Última edición por eumealto o Xov, 06 Out 2016, 21:25; editado 1 vez
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Xov, 06 Out 2016, 21:25
Asunto: Re: Diario de eumealto

Luns 3
8,36 Kms a 5'14'' (4 Kms de subida hacia a Gañidoira coa súa respectiva baixada)

Hoxe tocaba descanso pero decidín "castigarme" pola vagancia do Sábado e recuperar así ese día perdido. Optei por meterlle unha subida longa pero tendida para entrenar a subida polo paseo cara a Torre na Coruña10 que teño previsto correr este próximo Domingo. Sigo sen sentirme rápido costa arriba, pero baixando metinlle tralla da boa, e conseguin unha media aceptable. Inda que acabei coas pernas algo doloridas.


Última edición por eumealto o Xov, 06 Out 2016, 21:43; editado 1 vez
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Xov, 06 Out 2016, 21:39
Asunto: Re: Diario de eumealto

Mércores 5
11,14 kms a 5'22'' (Circuito de asfalto habitual das tiradas longas)

Sigo sen atoparme cómodo nas tiradas medio-longas, comecei con ganas e bastante animado pola noite fresca como a min me presta para correr, pero no km 3 decidin facer unha variación do circuito habitual e fixen un pequeno bucle dun km cun repeito pequeno pero que me rachou o ritmo para o resto da tirada. Cecais sería que inda non recuperei da tralla que lle metín en 2 días seguidos con series e costas pero noteime forzado para intentar manter un ritmo de 5:19 cando outras veces corro a ese ritmo cando quero ir amodo. Este Domingo se nada se torce irei á Coruña 10. Hai xusto un ano o Mércores antes da carreira fixera unha tirada de 12 kms a 5:12 acabando cunhas sensacións boísimas, polo que na carreira tiña pensado facer MMP baixando de 46:39...A fuciñada foi grande pois ó final solo puiden facer 48:06. Así que este ano que a estas alturas ando uns 10'' máis lento e con respecto ó ano pasado levo un mes e medio de retraso e sen competir dende primeiros de Xullo, creo que baixar de 50' sería todo un éxito.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 12 Out 2016, 8:50
Asunto: Re: Diario de eumealto

Domingo 9
8.1 kms a 5'18'' (27 voltas ó campo de fútbol)

Finalmente por problemas persoais non puden ir á Coruña 10 nen facer o entrenamento no Venres. Non pasa nada, tampouco creo que me fora a saír unha boa carreira, e estos 3 días de descanso non fan mal nengún sempre e cando non sexa a norma. Bueno o caso é que coma o venres tiña previstas sólo 20 voltas por herba para non machacarme moito con vistas á carreira, hoxe fixen igual a herba pero coas 27 voltas que quero que se vaian xa convertindo nun mínimo habitual para preparar nalgún momento o asalto ás 30 que serían 9kms. Como me pasa habitualmente cando corro de día, por algún extraño motivo o ritmo saeme máis alto que cando corro de noite. Lástima que de verán coa calor e de inverno coas poucas horas de luz, non poda saír sempre a horas luminosas.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 12 Out 2016, 8:57
Asunto: Re: Diario de eumealto

Martes 11
2K + 6*1000 rec 1:30 + 1K

(4:32-4:26-4:35-4:31-4:38-4:25 Media 4:31)
Hoxe tocaba voltar ás 6 series de 1K que estaba facendo antes do parón de verán. Propúxenme facer o mesmo ritmo que a semana pasada cando fixera só 5, e conseguino bastante ben, baixando incluso 3'' Nestas dúas primeiras sesións a recuperación fixena andando. Na seguinte sesión intentarei manter este ritmo coa recuperación ó trote e a partir de ahí ir xa aumentando a velocidade en cada sesión.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Mér, 12 Out 2016, 20:58
Asunto: Re: Diario de eumealto

Ahí, ahí, metiendo ya entrenos de calidad. Muy bien, lo único que "no veo" es lo del campo de fútbol. Que aburrido debe ser. Pensando
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Ven, 21 Out 2016, 7:42
Asunto: Re: Diario de eumealto

beuckelssen escribió:
Ahí, ahí, metiendo ya entrenos de calidad. Muy bien, lo único que "no veo" es lo del campo de fútbol. Que aburrido debe ser. Pensando


Jejejee, non te creas, pos o cerebro en "Modo Hamster" . Fixas un Nº de voltas obxetivo e a partir de ahí empezas a descontar. Satisfecho
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Ven, 21 Out 2016, 7:48
Asunto: Re: Diario de eumealto

Xoves 13
12 kms a 5'25'' (Circuito habitual das tirasdas longas)

Teño claro que a partir a agora os rodaxes de máis de 10kms fareinos ó que saia, sen intentar forzar un ritmo que me faga ir incómodo ás primeiras de cambio, e así fixen hoxe. Inda que houbo partes máis rápidas sobre todo ó final, marquei unha velocidade na que pudese correr desafogado, e así acabei o último km inda que notando as pernas cansas polas series do último día, bastante fresco de caixa.


Última edición por eumealto o Ven, 21 Out 2016, 8:17; editado 1 vez
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Ven, 21 Out 2016, 8:13
Asunto: Re: Diario de eumealto

Sábado 15
5.8 kms a 4'45'' (CorreSán Ruta dos Parques)

Despois de non poder participar en Coruña10 tiña claro que na próxima carreira que se puxerse a tiro alí estaría, e apareceu esta en Santiago. Inda que un pouco lonxe para min, ó ser Sábado pola tarde podía desplazarme sen demasiados apuros. A carreira en sí foi un tanto rara. A primeira parte é todo baixada, pero ó ser por camiños estreitos con terra e grava gorda non permite levar un ritmo tan bo como sería de esperar. No km 4 despois de levar xa 1 km totalmente chan, iba a un ritmo medio de 4:27, e tiña a pequena esperanza de polo menos acabar a proba cunha media de 4:30 Sabía que antes do km 5 había unha costa...O que non sabía era que me se iba a facer tan dura... Tanto, que esta é a segunda carreira na que teño que parar a camiñar (a primeira foi a de Lourenzá o ano pasado). Antes da costa grande había un pequeno repeito duns 4-5 m onde xa notei as pernas faltas de forzas, e cando chegaron as primeiras rampas da subida longa dixeron "hasta aquí hemos llegado". Polo menos unha vez que comexou a baixada, fun capaz de facer os últimos 400m case a tope, pero está claro que ainda non teño a forza necesria nas pernas para sobrelevar unha carreira con estes contrastes tan grandes. Ó final posto 212 de 405 chegados á meta.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Ven, 21 Out 2016, 8:39
Asunto: Re: Diario de eumealto

Luns 17
9 kms a 5'5'' (Cidade Escolar-Millenium-Rotonda Torre-Playa Club)

Hoxe tiven que botar o día na oficina de Coruña, e tiña gañas de facer un entrenamento polo paseo marítimo. Levei a mochila coa roupa e en canto rematou a miña xornada laboral púxenme a elo. Certamente non sei cómo me saiu este ritmo, comecei o primeiro km a 5:37 polas inmediacións dos Rosais e o Millenium. En canto cheguei á altura do Playa, eu que sempre corro en solitario e case sempre de noite, sentíame raro correndo de día entre xente paseando, e cruzándome con outros corredores. Pero máis raro foi que en canto me din conta, estaba xa no medio da subida a 5:02, sen buscalo nen notarme forzado para nada, despois sí que a baixada se me fixo algo máis dura pero tamén é certo que baixei algo máis rápido. Rematei cansado lóxicamente pero moi contento por saírme este ritmo de forma totalmente natural.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Ven, 21 Out 2016, 8:50
Asunto: Re: Diario de eumealto

Mércores 19
8.1 kms a 5'26'' (27 voltas ó campo de fútbol)

A herba leva xa unhas semanas sen segar e coa choiva dos últimos días comeza a haber zoas blandas, así que o ritmo resíntese un pouco, pero é o normal no inverno, e inda se vai a poñer peor.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Ven, 21 Out 2016, 9:45
Asunto: Re: Diario de eumealto

Vexo que as tiradas de mais de 10kms. xa van sendo mais habituais, os ritmos mellorando e as molestias minimizandose......Alegrome e a seguir progresando

Un saudo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos