Foros ›
Autor
Mensaxe
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 02 Ago 2016, 21:20
Asunto: Re: Diario de eumealto

Martes 2

26.7 kms Bicicleta a 22.59kms/h: As Pontes - Cabreiros - As Pontes Lago + Pinchazo Demo

Como a pesares de darme ontes unha sesión de fisio, inda notaba o xemelgo algo cargado, e visto o día tórrido que tiñamos encima, penso que con bo criterio decidín cambiar o entreno a pé por entreno en bicicleta. Hoxe xa lle metín algún repecho non moi importante pero fun capaz de facelos sen problemas. Satisfecho O único contratempo foi que pinchei cando apenas me faltaban un par de kms para rematar a tirada, e tiven que acabalos camiñando, coa bici pola man...Para non aburrirme nesta mini camiñata, decidin experimentar qué se sentía probando a correr despois de andar en bici e bufffff, vaia sensacións máis extrañas, de notar que case non me termaban as rodillas co corpo. Iso que o "experimento" sólo durou uns 50m non entendo como os que fan triatlons e duatlons se poden poñer a correr así como se nada, 10, 20 ou 42 kms despóis das malleiras que se meten na bicicleta.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Xov, 04 Ago 2016, 21:07
Asunto: Re: Diario de eumealto

Xoves 4

8kms a 5:23 2.5 kms por camiños e o resto por asfalto.

Saín ás 7 da tarde pensando que facía fresco pero non foi así, a pesares de estar nublado había certo bochorno e humidade. Ate o km 4 fun moi cómodo a unha media de 5:17 pero a partir de ahi xa notei cómo se encendían os chivatos de alta temperatura no corpo e lóxicamente o ritmo comezou a resentirse. O positivo é que vou aumentando volumen en cada tirada e o negativo é que outra vez a falta de 1.5kms volvo a notar o xemelgo cargado.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Dom, 07 Ago 2016, 8:59
Asunto: Re: Diario de eumealto

Sábado 6

6 kms a 5'29'': 20 Voltas polo campo de fútbol de Muras

Todalas semanas meto unha sesión de herba, entre 25 e 28 voltas pero debido á lesión levaba un mes sen probala. Como neste tipo de terreo se me soen cargar bastante os xemelgos, fun precavido e fixen o recorrido mínimo que soio facer cando arranco tempada. Non houbo nengún problema físico e sentinme moi ben de caixa, podería alargarme ate as 25 voltas pero prefirín pecar por defecto.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Lun, 08 Ago 2016, 20:11
Asunto: Re: Diario de eumealto

Luns 8

6.36kms a 5'29''

Rodaxe polo Pinar de Cabanas precedido de 1 hora de pedaleo en lancha con tobogán e varios chapuzóns dende o mesmo.

A pesar de rondar os 28º de temperatura quería comprobar a progresión dende que comecei co diaro, facendo unha tirada polo mesmo circuito. Podemos decir que a proba foi postiva, incrementando a distancia nun 50% case ó mesmo ritmo pero tamén con máis calor, inda que ós 4km tiven que facer unha parada nas duchas da praia a refrescame. Inda se me segue cargando o xemelgo no último km dos entrenos, pero non é nada incapacitante e espero que a cousa se quede ahí.

Como nota negativa esta vez algo que non ten nada que ver co entrenamento: Cando viñamos de volta para a casa, atopámonos un terrible accidente na carretera de As Pontes na recta que hai entre Lavandeira e o desvío para o Pol. Do Vilar do Colo. Parece que unha moto se empotrou por detráis contra un coche. O motorista estaba tirado na cuneta, sólo lle vimos unha perna pero vendo o estado en que quedou o coche témome o peor, inda que espero equivocarme. Non é algo agradable de presenciar cando vas coa tua muller e a túa filla de 6 anos no coche. Triste
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 10 Ago 2016, 21:33
Asunto: Re: Diario de eumealto

Mércores 10

3.65kms a 5'15''

Hoxe tiña previsto facer 9kms aproveitando que a calor nos dera un respiro a pesares do forte vento pero...Ós 2 kms volveron as molestias no xemelgo, e dado que non remitían, a pesares de estar disfrutando de correr como había tempo que non o facía, decidin poñer fin o entrenamento, e ós entrenamentos por unhas semanas, polo tanto este diario queda suspendido ate novo aviso. Non teño ánimos para contar moito máis. Saúdos e boas noites.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Xov, 11 Ago 2016, 8:39
Asunto: Re: Diario de eumealto

Mucho ánimo y paciencia. Las molestias se acabarán yendo y volverás a coger la forma de antaño. Mientras tanto siempre puedes probar actividades menos agresivas para el músculo... ¿en la bici también se te carga?
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 12 Ago 2016, 9:28
Asunto: Re: Diario de eumealto

Que pasen pronto las molestias y que te veamos reanudar este diario. Muchos ánimos y mucha suerte!!
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 16 Ago 2016, 18:06
Asunto: Re: Diario de eumealto

Martes 16

Reflexionando si "Ser o No Ser o si Todo lo Contrario" Pensando

Levo xa uns cantos días sen molestias de ningún tipo, pero dende o Mércores pasado sen facer nada de nada. Sólamente dándome automasaxes no xemelgo tocado, estirando e comendo máis plátanos que un mono Abraiado Esta fin de semana longa foron as festas no meu pobo así que decidin non agobiarme por non entrenar e tirarme á la juerga y desenfreno loco. O que pasa que agora mesmo xa comezo a notar que me empezan a apretar as camisetas, con algún kilo de máis que xa debin coller.

Neste momento estou dudando se lanzarme a reanudar os entrenamentos ou esperar un pouco máis...Dado que mañá vou estar liado con reunións de traballo con viaxe á Coruña incluido, o máis sensato penso que vai ser agardar a Xoves para volver "a la carretera" Agardemos que este sexa xa o arranque definitivo.
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4245 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Mar, 16 Ago 2016, 18:54
Asunto: Re: Diario de eumealto

Se das tantas voltas a un campo de fútbol con frecuencia non esquezas cambiar de cando en vez de sentido para non cargar sempre de máis a mesma perna. Parece unha parvada pero igual aforras un disgusto, eso tamén vale para a xente que fai series na pista sempre no mesmo sentido.

E que pasen esas molestias.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Ven, 19 Ago 2016, 22:12
Asunto: Re: Diario de eumealto

Venres 19

6.34kms a 5'21'' 2 kms por camiños e o resto por asfalto chan.

Levaba xa case unha semana sen molestias e non quixen esperar máis Satisfecho . Saiu todo mellor do que pensaba, Contaba facer un ritmo máis lento que 5'30'' e de 4 a 5 kms pero dende un principio collín mellor ritmo do esperado e a pesares de que me daba o sol por boa parte do percorrido, fun relativamente cómodo ate o km 5 onde ahí si que xa empezou a notarse a falta de fondo propiciada pola falta de continuidade nos entrenamentos. Muerto O mellor de todo sen dúbida foi que as molestias do xemelgo nin se insinuaron así que esperemos que este sexa o arranque de tempada definitivo. Molón
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Ven, 19 Ago 2016, 22:18
Asunto: Re: Diario de eumealto

gefreiter escribió:
Se das tantas voltas a un campo de fútbol con frecuencia non esquezas cambiar de cando en vez de sentido para non cargar sempre de máis a mesma perna. Parece unha parvada pero igual aforras un disgusto, eso tamén vale para a xente que fai series na pista sempre no mesmo sentido.

E que pasen esas molestias.

Graciñas compañeiro. O de cambiar de sentido xa o fago cando levo a metade das voltas previstas, e sí que noto que a perna que se carga ne primeira metade, para de cargarse na segunda.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Lun, 22 Ago 2016, 21:45
Asunto: Re: Diario de eumealto

Luns 22

7.5 kms a 5'31'' (25 voltas ó campo de fútbol)

Tocábame saír ontes pero o Sábado tiven boda nocturna e notaba o corpo co ritmo de descanso alterado e cheo de toxinas Muerto Así que decidin pospoñelo para hoxe e foi mellor así. A pesares da tremenda calor que fixo todo o día, ás dez da noite que foi cando saín, xa comezaba a facer fresco na beira do río, que é onde está o campo de fútbol. Tiña pensado un mínimo de 20 voltas, pero conseguin estirarme ate as 25 sen facer un grande esforzo.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Mar, 23 Ago 2016, 10:22
Asunto: Re: Diario de eumealto

Me alegro que ya estés a pleno rendimiento. Aplauso
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Ven, 26 Ago 2016, 8:53
Asunto: Re: Diario de eumealto

Mércores 24

8.13 kms a 5'34'' (Tirada rodeando o casco urbano de As Pontes)

Tiven un día complicado de traballo e viaxe a Lugo incluido, chegando ás 22:30 da noite moi cansado, pero non quería deixar pasar outra vez 2 días entre entrenamentos, e a pesares da tormenta boteime ó asfalto a esas horas intempestivas. A pesares de ser noite pecha facía moito bochorno e unha humidade tremenda. Cando comecei chovía e os 4 primeiros kms picaba lixeiramente para abaixo, polo que rodei cómodamente entorno ós 5'19''. Pero logo parou de chover, e os últimos 4 kms, pican para arriba co engadido que a calor e a humidade empezaban a martillearme, así que o ritmo cambiou a peor, pero din feito os 8 kms que tiña pensado facer.

Satisfeito por ir rodando distancias xa algo decentes, sin atisbo de molestias no xemelgo dereito (algo cargado o esquerdo pero leva así meses, cargándose e descargándose él só cando lle peta, esí que a ese non lle fago moito caso Moi feliz ) Os seguintes obxetivos son ir incrementando as tiradas e volver a meter unha sesión de circuito rompepernas semanal que teño as subidas bastante desentrenadas.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Dom, 28 Ago 2016, 22:19
Asunto: Re: Diario de eumealto

Venres 26

9,28 kms a 5'21'' (Titada por carretera general, perfil plano con algún pequeno repeito)

Día no que parece que se está rodando máis rápido do que marca o gps, máis acentuado na primeira metade pois soplaba unha lixeira brisa en contra. Logo na segunda caeron dous kms a 5:09 e un a 5:08 que xa dan algo de moral. Contento por acabar unha tirada xa próxima ós 10k que intentaremos aborda-la próxima semana,¡.

Domingo 28

6 kms a 5'12'' (20 voltas ó campo de fúbol)

Había xa case 2 meses que non completaba unha semana de 4 entrenamentos e hoxe por fin o volvín a conseguir. A miña intención era facer un rodaxe fácil e tranquilo por herba de 5 kms para completar os 30 kms semanais, pero o corpo agracedeu os 14-15º de temperatura que había á beira do Eume e pideume algo máis de caña. Récord de ritmo neste "circuito" que non está nada mal dados os irregulares entrenamentos das últimas semanas.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos