Foros ›
Paliza a un dos meus Cans. Cambio de comportamento
Forum Index / Canicross
Reply to topic

Author
Message
xmunizmuniz

Novo foreiro
Novo foreiro
6/09/15
52 Carreiras
22 Posts

Reply with quote Post Fri, 27 May 2016, 20:46
Post subject: Paliza a un dos meus Cans. Cambio de comportamento

Moi boas os membros deste foro, busco axuda sobre como tratar o cambio de comportamento que sofre un pastor aleman de 6 meses como consecuencia da paliza que algunha mala besta que entrou na nosa propiedade, e que penso debe sela mesma que tres noites antes saiu correndo nun wolskvagen Golf modelo 3 con matricula falsificada según me dixeron os axentes da policia nacional da comisaria de Ribeira. O can moi alegre e xogueton ata ese día, agora dalle por meterse debaixo das camas e buscar sitios afastados a pesares dos coidados que na casa lle prestamos. Agradecería algunha información de como enfocalo xeito de retornarllelo comportamento normal que tiña. Grazas anticipadas os foreiros.
Quixen adxuntala foto máis non dou feito así que comparto o link de Twitter.

twitter.com/Xoanmuniz/...7426790400
Amina

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
1/09/14
0 Carreiras
2651 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Fri, 27 May 2016, 22:06
Post subject: Re: Paliza a un dos meus Cans. Cambio de comportamento

Ola Xoan,

Acabo de ver a fotografía do teu canciño...e de verdade, a veces non entendo como a xente pode chegar a esos límites de maldade. Pobriño, normal que se agoche de contínuo, terá medo de que lle volvan a dar unha malleira. Voulle comentar o teu caso ó meu veterinario, que a parte de médico é boa persoa e amante dos animais e moitas veces escoiteino dar consellos os que vamos pola súa clínica. Co que me diga xa te respondo. Tede paciencia, estos traumas tardan un pouquiño en pasar, pero seguro que cos vosos coidados conseguides que volva a confiar nos humanos.

Saúdos!
xmunizmuniz

Novo foreiro
Novo foreiro
6/09/15
52 Carreiras
22 Posts

Reply with quote Post Sun, 29 May 2016, 14:28
Post subject: Re: Paliza a un dos meus Cans. Cambio de comportamento

Graciñas Amina por interesarte, o que ti comentas e semellante o que din no centro veterinario onde o están a tratar, nembargantes fixen a consulta noutros dous centros e as opinions son dispares. Nun dinme que os maltratos a idades tan novas marcan os cans de por vida e mudanllela conducta, noutra dinme que se en poucos días non muda ao comportamento habitual é convinte tratalo con terapeuta especializado (entendo que se refiren a algún tipo de adestramento) Eu como a meirande parte da xente que ten mascotas caninas non sei moito de adestramento mais aló de certas normas básicas a base de repetición e premiar a conducta. Isto seméllame un pouco máis compricado pois está a voltar a todolos comportamentos previos ca excepción de ise de agocharse. O día da carreira do Pino houbo un canicross e fixeime no comportamento dos animais antes da saída gardando as súas posicions e esperando a alerta de saída, por iso fixen a consulta niste foro onde nunca participei poque entendo que certas conductas para ben o para mal só se adquiren co adestramento nelas. unha aperta
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
455 Carreiras
3854 Posts
K-pax
Reply with quote Post Sun, 29 May 2016, 16:32
Post subject: Re: Paliza a un dos meus Cans. Cambio de comportamento

siento mucho lo que le ha pasado a tu perro xoan,ojalá se recupere

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
Amina

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
1/09/14
0 Carreiras
2651 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Mon, 30 May 2016, 12:19
Post subject: Re: Paliza a un dos meus Cans. Cambio de comportamento

Ola de novo Xoan,

Falei co meu veterinario e o que me dixo foi que o primeiro é o que estás a facer, é dicir, tratar a dor que poida ter o teu canciño. E logo, con respecto ó do cambio de comportamento, suxeriu que contactes cun etólogo, xa que se adican a estudiar o comportamento animal. Tamén me dixo que un adestrador podería valer, xa que do que se trata é de conseguir que o can deixe a actitude de sumisión que ten nestes intres. Probablemente o teu veterinario coñeza a algún etólogo, podes preguntarlle, pero se non, o meu díxome que pode darte un contacto.

Sorte e ánimo!
xmunizmuniz

Novo foreiro
Novo foreiro
6/09/15
52 Carreiras
22 Posts

Reply with quote Post Mon, 30 May 2016, 20:01
Post subject: Re: Paliza a un dos meus Cans. Cambio de comportamento

Unha semana despois parece que volta a normalidade, Hoxe voltou ser o de sempre, quizais me preocupei un pouco máis do debido. Unha aperta Amina e Litho
Amina

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
1/09/14
0 Carreiras
2651 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Mon, 30 May 2016, 21:17
Post subject: Re: Paliza a un dos meus Cans. Cambio de comportamento

Estupendo! Ao final coma sempre, o tempo é a mellor menciña para o alma, tanto para cans coma humanos Smile
Alédome moito por ti e mais o teu can. Saúdos!





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum