Foros ›
XII CARREIRA POPULAR NOCTURNA XINZO DE LIMIA (18/06/2016)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
PRESY

Organización
Organización
11/11/05
0 Carreiras
268 Mensaxes
XINZO DE LIMIA
Respostar citando Envío Lun, 23 Mai 2016, 16:36
Asunto: XII CARREIRA POPULAR NOCTURNA XINZO DE LIMIA (18/06/2016)

A XII CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA, está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia en colaboración coa A. D. Limiactiva.
Esta proba celebrarase o sábado 18 de xuño de 2016, a partir das 20:15 H estando suxeita ó seguinte
REGULAMENTO XERAL
1. A saída e meta estarán situadas na Praza San Roque de Xinzo de Limia.
2. Tódolos participantes deberán colocar o dorsal no peito para a súa identificación durante a carreira e na chegada a meta.
3. Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderase descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.
4. O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chege o primeiro clasificado.
5. En todo momento estará disposto unha ambulancia e un médico como intervención para os primeiros auxilios.
6. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
7. A entrega de dorsais realizarase na Praza de San Roque ata media hora antes do inicio de cada proba.
8. Os atletas que obteñan algún premio, deberán acreditar a súa identidade con DNI, ou calquera outro documento que os identifique, se a organización o considera necesario.
9. Os atletas premiados, terán que estar presentes no acto de entrega de trofeos, non podendo delegar a recollida noutra persoa.
10. Dado o carácter popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
11. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

INSCRICIÓNS
A inscrición poderase facer ata o día 16 de xuño ás 23:59 H.

Formas de realiza-la inscrición:
• Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia
• www.championchipnorte.com

Cuota de inscrición:
• Carreira absoluta: 3 euros para os propietarios de chip.
4 euros para os que necesiten alquilar o chip.
• Resto de carreiras: Inscrición de balde.

Non se admitirán inscricións que entren fóra do prazo sinalado, nin as que non cumpran os requisitos obrigatorios.

PERCORRIDOS
HORA CATEGORÍAS VOLTAS DISTANCIA
20:15 H BENXAMÍN-ALEVÍN 2 VOLTAS CIRCUITO PEQUENO 1.060 METROS
20:30 H INFANTIL-CADETE 3 VOLTAS CIRCUITO PEQUENO 1.590 METROS
20:50 H PREBENXAMÍN 2 MINIVOLTAS 300 METROS
20:55 H PITUFOS 1 MINIVOLTA 150 METROS
21:10 h ENTREGA DE TROFEOS ESCOLARES
21:30 H XUVENIL-IÚNIOR-PROMESA-SÉNIOR-VETERANS 2 VOLTAS GRANDES 6.250 METROS
22:20 H ENTREGA DE TROFEOS
PRESY

Organización
Organización
11/11/05
0 Carreiras
268 Mensaxes
XINZO DE LIMIA
Respostar citando Envío Lun, 23 Mai 2016, 16:36
Asunto: Re: XII CARREIRA POPULAR NOCTURNA XINZO DE LIMIA (18/06/2016)

Abriremos as inscricións nos próximos días.
Un saúdo a todos.
PRESY

Organización
Organización
11/11/05
0 Carreiras
268 Mensaxes
XINZO DE LIMIA
Respostar citando Envío Lun, 06 Xuñ 2016, 10:28
Asunto: Re: XII CARREIRA POPULAR NOCTURNA XINZO DE LIMIA (18/06/2016)

Xa están abertas as inscricións en www.championchipnorte.com
Esperámosvos a todos o sábado 18.
roberto

Maratoniano
Maratoniano
12/12/07
200 Carreiras
292 Mensaxes
xinzo de limia
Respostar citando Envío Lun, 13 Xuñ 2016, 12:01
Asunto: Re: XII CARREIRA POPULAR NOCTURNA XINZO DE LIMIA (18/06/2016)

Hai de prazo ata o Xoves para facer as iscripcións, non esperedes a última hora.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos