Foros ›
VI ANDAINA SOLIDARIA CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Mai 2016, 15:02
Asunto: VI ANDAINA SOLIDARIA CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

VI ANDAINA SOLIDARIA "NICO CONTRA EL CÁNCER INFANTIL" CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

O Concello de Baños de Molgas organiza a VI Andaina solidaria, neste caso co movemento "NICO CONTRA EL CÁNCER INFANTIL"


O movemento “Nico contra el cáncer infantil” foi iniciado en novembro de 2015 en Ourense, despois de que Nicolás Leal Rodríguez, o protagonista da nosa historia, volvera da súa intervención no Hospital La Paz de Madrid.

Actualmente Nico, ten restos tumorais de baixa actividade que se encontran parados, polo que continúa baixo unha estreita vixilancia médica, inda que sen tratamento (antes da ciruxía foi sometido a cinco ciclos de dous tratamentos de combinados quimioterapéuticos diferentes durante cinco meses, polo que só lle quedaría unha terceira opción de tratamento, que é mellor reservala para evitar unha quimiorresistencia).

Lideran o movemento: a nai (Ángeles Leal Freire) e tías de Nico (Beatriz e Patricia Leal Freire), como actuación dependente da Asociación NEN cuxo obxectivo principal é a financiación de proxectos de investigación contra o cancro infantil, e máis especificamente tumores sólidos.

En canto á ANDAINA, estamos en proceso de organización polo que, cando teñamos toda a información colgarémola nesta páxina.

Podémosvos adiantar o seguinte:

Saída e chegada: Domingo 25 de setembro ás 10:00h dende o Pavillón de Deportes Municipal.

Percorridos: Infantil: 5Km. Corto: 10Km. Longo: 20Km.

Cuota: 8€ (5 para gastos e 3 para doar)

Ó final da Andaina o que queira pode usar as duchas do pavillón e despois tomar un aperitivo mentres se fan os sorteos dos distintos agasallos que nos brindan tanto patrocinadores como colaboradores.

Pronto vos daremos máis información.

Saúdos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos