Foros ›
IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Lun, 27 Xuñ 2016, 11:49
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

Estou fastidiado de verdade... a culpa é toda de Samuel e de Armando que me obrigaron a ir a San Mamede medio tocado do nocello e vin tocado de todo (o que fai un por ter que escoitalos o resto do ano).

Dende aquela no dique seco perdéndome Chandrexa... aínda recoñecendo que é unha gran carreira non me afectou como me está afectando non poder participar na de Cuntis.

E aféctame por moitos motivos:

1. fanme falta uns calcetíns porque os que dan os Jarnachas en Arteixo xa me están furados pola punta.

2. vou cabrear á muller por dous motivos:

- o membrillo
- o queixo Palo Santo.

o ano pasado cando abreu e revisoume a bolsa do corredor colleu e empezou a comer o membrillo, que nunca na súa vida ata o daquela probara, e o queixo. Quedou namorada do Trail de Cuntis e tódolos meses me pregunta cando é esa carreira. E se a iso sumamos que nos tocou unha tarde de relax no Balneario, xa non vos digo nada...

3. cervexa gratis e por enriba fresquiña.... iso non tén nome (a metade dos da Tribu apuntanse soamente por iso).

4. os calliños (a outra metade da Tribu apúntase polos callos).

A beleza do percorrido, a organización, o speaker, sinalización... que esté todo perfecto e espectacular non tén moita importancia comparándoo co queixo, callos, cervexa,...

Apuntádevos, non esperedes máis, que non vos ides arrepentir.
newra

Novo foreiro
Novo foreiro
23/09/09
0 Carreiras
17 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Xuñ 2016, 12:05
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

alguien sabe como es el recorrido del minitrail ? , por temas físicos no queria meterme en el largo, lo hice una vez y era durillo, pero me apetece ir a cuntis si el mini no es muy corto
xesteiras

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/02/10
0 Carreiras
82 Mensaxes
Cuntis
Respostar citando Envío Mar, 28 Xuñ 2016, 6:50
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

Os primeiros 4 km coinciden co recorrido do trail e da andaina. Neste tramo temos unha subida longa ata o Castro Sevil, que é o primeiro punto alto do recorrido, e logo unha baixada un pouco técnica por unha zona empedrada e trialera entre pinos na que se pode correr ben. Logo pasamos a unha zona de camiños entre carballos para chegar a última subida longa ata o alto de Mesego. A partir deste punto quedan cerca de 6 km de baixada ata a meta.

Nestes 16 km haberá 3 avituallamentos.

Espero que che sirva de axuda e te animes a participar.
ferchi72

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/02/11
0 Carreiras
189 Mensaxes
Dexo - Oleiros - A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 30 Xuñ 2016, 15:41
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

Menudo nivel nos espera este domingo en el IV Trail Vila de Cuntis, no solo el podium va a estar complicado sino también entrar entre los 10 primeros.
Están anotados de momento los siguientes "gallos":

Fernando Arca
Elpidio Gómez
Moncho Muiños
Roberto Riobo
Tono Abal
Luis Calvo
Carlos Bardanca
Oscar Diaz Cerviño
Martín Lestón
Ruben Seco
Avelino Mejido
Emilio Montilla, etc....

Apurad que esta noche finalizan las inscripciones.
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1670 Mensaxes
vedra
Respostar citando Envío Xov, 30 Xuñ 2016, 18:09
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

Pois un ano mais (e xa van tres consecutivos) volverei a Cuntis. Eso si, este ano, moi o meu pesar, tocarame conformarme co Trail curto, xa que teño celebración familiar e non me daria tempo a chegar ( sinceramente estaria mais a gusto rompendo as pernas polos montes de Cuntis que non sentado nunha mesa duas ou tres horas pero bueno, as veces esto tamen toca).
Vemonos o domingo.
xesteiras

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/02/10
0 Carreiras
82 Mensaxes
Cuntis
Respostar citando Envío Xov, 30 Xuñ 2016, 20:55
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

Boas noites
Recién chegado de balizar o recorrido. Xa non nos queda casi nada. Mañá os nosos compañeiros Juan Carlos e Richi acabarán de marcar o que hoxe nos quedou pendente e algúns dos Xesteiras, pola tarde, construiremos unha ponte sobre o Umia para o paso do trail longo.
Como ben comenta o noso amigo Fernando Cancelo, hoxe remata o prazo de inscrición. Se ainda tedes algunha dúbida en vir ou no, non o pensedes demasiado xa que queda pouco máis dunha hora para cerrar dito prazo. Recórdovos que non se vai admitir a ninguén que non teña dorsal nin estea inscrito previamente. O mesmo domingo non faremos ningún tipo de inscrición nin excepción.
Mañá colgarei unha mensaxe neste foro con toda a información sobre o noso trail: sinalización, puntos de avituallamentos e contido, hora de corte, entrega de dorsais, bolsa do corredor, ...
Saúdos
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 02 Xul 2016, 20:21
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

¿E esa información prometida? Mr. Green
xesteiras

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/02/10
0 Carreiras
82 Mensaxes
Cuntis
Respostar citando Envío Sáb, 02 Xul 2016, 21:55
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

Indicacións a ter en conta para mañá:

- Saída/Meta
Estará situada na Praza das Árbores, no centro do pobo. Esta é a súa ubicación:
www.google.es/maps/pla...6265?hl=es

Os vestiarios para poder cambiarse e posteriormente ducharse, estarán no pavillón municipal, a escasos 100 m da saída. Esta é a súa ubicación:
www.google.es/maps/pla...0464?hl=es

Recordade que a saída será ás 9:00 h.

- Entrega de dorsais e a bolsa do corredor
A partir das 7:30h podedes recoller os dorsais e a bolsa do corredor na Praza das Árbores. É imprescindible presentar o dni e os federados, ademáis, a licenza federativa. Non se entregará ningún dorsal a ningunha persoa que non estea previamente inscrita, nin se fará ningún cambio de inscricións.

O dorsal deberá colocarse na parte dianteira da camiseta e deberá estar visible en todo momento durante o transcurso da proba.

- Marcaxe dos recorridos
O trail estará marcado con cinta branca e azul (Abanca).
O mini trail e a andaina, nos puntos que non sexa comúns co trail, estará marcado con cinta branca e roxa.
O recorrido que sexa común para todas as modalidades estará marcada con cinta Abanca.
Hai indicadores nos puntos de bifurcación das distintas probas, ademáis de compañeiros do noso club.

- Avituallamentos
Km 5. Líquido (trail, A Hermida)
km 6. Sólido/líquido (mini trail, andaina, A Peizosa)
km 10. Sólido/líquido (trail, subida ao monte Cádavo)
km 14. Líquido (trail, alto do Cádavo)
km 18. Sólido/líquido (trail, Vilar de Mato)
km 20. Sólido/líquido (trail e mini trail, Sevil-Mesego)
km 23. Líquido (trail, mini trail e andaina, Castro Sevil)

Por favor, respetade o entorno e usade as papeleiras colocadas nos avituallamentos. Non tiredes nada durante o recorrido.

- Horas e puntos de corte
Haberá dous puntos de corte para o trail e o corredor escoba ou os colaboradores que estean situados neses puntos, están facultados para retirar o dorsal a calquera corredor/a que non pase por eses puntos nas seguintes horas:
Km 14, alto do monte Cádavo, 3 horas. Ás 12:00 h.
Km. 22, alto do monte de Mesego, 4:30 horas. Ás 13:30 h.

- Entrega de trofeos
A entrega de trofeos será entre as 14:00 e as 14:30 h.

- Comida post carreira
Como ven sendo habitual nas nosas probas, desgutaremos os callos feitos pola nosa compañeira Pura e unhas empanadas acompañadas das cañas que queirades de Estrella Galicia.

Ademáis do todo esto que vos acabo de comentar, tamén vos fago saber que antes do comezo do trail, gardaremos un minuto de silencio na honra do compañeiro Eulogio Bello, tristemente falecido o pasado xoves en Ubiña.

Espero que disfrutedes co trail e que vos guste o que vos temos preparado este ano en Cuntis.

Saúdos
xesteiras

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/02/10
0 Carreiras
82 Mensaxes
Cuntis
Respostar citando Envío Sáb, 02 Xul 2016, 21:57
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

Desculpade a tardanza pero andamos un pouco apurados.
lmartsil

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/04/13
0 Carreiras
114 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Xul 2016, 14:11
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

Impresionante trazado é unha organización de luxo.
Enhoraboa os Xesteiras.
lmartsil

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/04/13
0 Carreiras
114 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Xul 2016, 14:12
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

Por certo, si alguen atopou unhas gafas de sol Salomon, na zona da Meta, perdinas eu...gracias.
alexotero1

Novo foreiro
Novo foreiro
8/03/15
10 Carreiras
7 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Xul 2016, 16:31
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

Duro, moi duro pero espectacular. Moi ben os avituallamentos, casi non che daba tempo de salir dun e xa estabas noutro. Sempre a nota negativa de uns cuantos que van tirando os restos polo monte...

Un 10 a organización. Gran día
xesteiras

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/02/10
0 Carreiras
82 Mensaxes
Cuntis
Respostar citando Envío Lun, 04 Xul 2016, 6:40
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

Bo día
Algúns compañeiros que onte estivéstedes en Cuntis, esquecístesvos de coller a licenza federativa. Téñoas eu gardadas. Envíademe un correo electrónico a cdmxesteiras @ gmail.com, indicando a vosa dirección postal e vola remito por correo.

En canto ao trail, mini trail e andaina, desde o CdM Xesteiras queremos darvos as gracias por vir un ano máis ata Cuntis e esperamos que as expectativas creadas foran cumpridas e todo fora do voso agrado, desde a bolsa do corredor, avituallamentos, comida post carreira e principalmente, o recorrido diseñado para esta edición.

Pídovos disculpas, sobre todo aos participantes do mini trail pola falta de marcaxe nun tramo. Debe ser que lle molestaban a algún.

O recorrido está practicamente limpo xa que o noso "escoba" Juan Carlos o fixo no día de onte e hoxe rematerei eu. A ponte colgante sobre o Umia xa quedou onte desmontada.

No día de hoxe colgaremos as clasificacións e posteriormente iremos publicando as fotos que sacaron os nosos compañeiros.

Saúdos
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 04 Xul 2016, 6:44
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

alexotero1 escribió:
Duro, moi duro pero espectacular. Moi ben os avituallamentos, casi non che daba tempo de salir dun e xa estabas noutro. Sempre a nota negativa de uns cuantos que van tirando os restos polo monte...

Un 10 a organización. Gran día
Certo, que mal me sentou ver un par de xeles 30m despois dun avituallamento Muro

Como sempre, moi moi ben organizado este trail. Dende o percorrido, avituallamentos e bolsa de corredor con calcetíns Hoko e todo!! Mr. Green

A min fíxoxeme moi dura a baixada do km15.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 04 Xul 2016, 7:32
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016

Foi o meu debut nun trail, e quedei encantado. Ningún pero e todo cousas positivas. Repetirei seguro





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos