Foros ›
XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Thu, 14 Apr 2016, 17:50
Post subject: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

XIII Carreira Virxe da Guía, Ribeira
“A carreira de Carreira”

Carreira solidaria a favor de Cáritas Parroquial

Data: martes, 17 de Maio de 2016.
Hora: a partir das 17:00 h.
Lugar: San Paio de Carreira (Ribeira).
Distancia: de 50 a 10.000 m.
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e Concello de Ribeira.
Cronometraxe: www.galitiming.com
Inscrición: límite 300 adultos/300 escolares
Web: www.carreira.info/virxedaguia



A Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e o Concello de Riveira, organizan a decimoterceira edición da súa Carreira Popular Virxe da Guía, o martes, 17 de Maio (Día das Letras Galegas) na parroquia de Carreira (Santa Uxía de Ribeira), de acordo co seguinte:

REGULAMENTO
1. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO Atletas nados no 2012 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados nos anos 2009, 2010 e 2011
BENXAMIN atletas nados no 2007 e 2008
ALEVIN atletas nados no 2005 e 2006
INFANTIL atletas nados no 2003 e 2004
CADETE atletas nados no 2001 e 2002
XUVENIL atletas nados no 1999 e 2000
JUNIOR atletas nados no 1996, 1997 e 1998
SENIOR atletas nados entre 1995 e 1982
VETERANOS A atletas nados entre 1971 e 1981
VETERANOS B atletas nados entre 1961 e 1970
VETERANOS C atletas nados en 1960 e anteriores
VETERANAS A atletas nadas entre 1971 e 1981
VETERANAS B atletas nadas en 1970 e anteriores

2. HORARIO E DISTANCIA DAS PROBAS

17:00 BENXAMINS 600 M.
17:10 ALEVINS 1.200 M.
17:25 INFANTILES 1.200 M.
17:40 CADETES 1.800 M
18:00 ABSOLUTA (DE XUVENIL A VETERANOS)
19:15 PREBENXAMINS 100 M
19:25 PITUFOS 50 M
19:30 ENTREGA DE TROFEOS


3. INSCRICIONS : A partir do Luns, 18/04/2016
› PROBAS ESCOLARES (pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevín, infantil e cadete) Poderán realizalas a través da web www.carreira.info/virxedaguia, recheando no cuestionario os datos solicitados. Tamén se poderá formalizar a inscrición presencialmente no Supermercado Gloria (Carreira). O tope de inscritos será de 300 atletas escolares.
A inscrición será GRATUITA para estas probas escolares, aínda que se agradecerá a aportación de alimentos non perecedeiros, productos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.

› CATEGORIAS DE ADULTO (xuvenís, junior, senior e veteráns).
As inscricións realizaranse a través da web: www.carreira.info/virxedaguia. O prezo da inscrición será de 5 €.
Farase constar na inscrición a forma de pago elexida:
1.- Ingreso en conta: ES74-2080-5158-2730-4001-0419 –(indicar apelidos e nome no concepto e realizar o ingreso nos 3 días seguintes a formalizar a inscrición, senon considerase esta como anulada).
2.- Pago en efectivo no Supermercado Gloria (Carreira)
3.- Pago en efectivo na tenda Revolutrion (Ribeira)
4.- Pago en efectivo o mesmo día da proba ó recoller o dorsal.

(@s corredor@s que xa teñan formalizado o pago por algunha das modalidades 1-2-3. terán un pasillo “rápido” para recoller os dorsais)

O tope de inscritos será de 300 atletas adultos.
Agradeceráse a aportación de alimentos non perecedeiros, productos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.
Admitiranse inscricións ata o domingo, 15 de maio ás 14 horas, ou ó acadar a cifra tope de inscritos de 300 escolares e 300 adultos. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS (NIN DE ESCOLARES NIN DE ADULTOS) FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.

Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Colexio da Capela, ubicado ó lado da liña de meta con prazo límite ata 15 minutos antes do inicio de cada proba.

4. PREMIOS
- Trofeo para os 3 primeiros/as clasificados das categorías que compiten na carreira absoluta.
- Trofeo para os tres primeiros clasificados/as nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
- Medallas para tódolos participantes nas categorías de prebenxamíns e benxamíns.
- Trofeo para os 3 primeiros/as clasificados do Concello de Ribeira. Este premio poderá ser acumulativo cos premios nas categorías de edade.

Os gañadores dos distintos trofeos deberán estar presentes no acto de premiación. En caso de que un premiado non estuvera presente, o trofeo será entregado ó seguinte clasificado.

Record da proba: O corredor ou corredora que bata o actual record da proba terá un premio de 100 euros.
Récord Masculino: 31.45 Akka Essadaoui (2015)
Récord Femenino: 35.21 Yolanda Gutierrez (2013)

4. AVITUALLAMENTOS :
Auga no km. 5, e líquidos e sólidos na meta.

5. OUTROS SERVIZOS:
Gardarroupa e gardachaves: No momento de retirar o dorsal poderán recollerse bolsas co número de dorsal pegado no que deixar a roupa ou as chaves, que serán custodiadas hasta o remate da carreira.

5. DUCHAS E APARCAMENTO :
Haberá servicio de duchas no Complexo Polideportivo da Fieiteira, a 1,5 km da liña de meta.
Destinaranse varias zonas de aparcamento gratuito a 200 metros da liña de saída.
6. HOMENAXE:
Este ano o corredor homenaxeado, será un dos atletas locales máis coñecidos e que mellores marcas atléticas acadaron: Abraham Benítez.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
825 Posts

Reply with quote Post Tue, 19 Apr 2016, 9:49
Post subject: Re: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

Leo ben??

Homenaxe ao noso Abraham???
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Wed, 27 Apr 2016, 21:54
Post subject: Re: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

Edu_Iglesias escribió:
Leo ben??

Homenaxe ao noso Abraham???

Efectivamente, nesta teima que ten a organización por recoñecer a faceta atlética dos corredores locales (Ramón Folgar, Ramón Ayaso, José Antonio Nespereira, Juan Vidal, Carlos Pardavila e Matías Regueira, hasta o de agora), desta vez tócalle recoñecer a faceta atlética de Abraham Benítez, que aparte de organizador, alma mater das primeiras edicións desta carreira da Guía, pois tamén temos que lembrar que leva moitos anos correndo, e posuíndo unhas marcas bastante interesantes!
Máis que merecido, por tanto!!!!
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Fri, 29 Apr 2016, 7:20
Post subject: Re: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

Esta tarde/noite vaise a proceder á marcaxe do circuito habitual desta carreira, de 10 km, polo que a partir de mañán vai a notarse a presencia de corredores adestrando por este dureiro percorrido. Benvid@s a tod@s!!

Os primeiros corredores, tanto adultos como escolares, xa están inscritos na web www.virxedaguia.org !!! Bailar Bailar
richiarg

Maratoniano
Maratoniano
19/12/13
77 Carreiras
322 Posts

Reply with quote Post Fri, 29 Apr 2016, 22:27
Post subject: Re: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

inscripto, fue la primera carrera que corri, aun cuando era de 5km, lindo recuerdo. pero ahora realmente parece mas dura, podrian comentar algo del recorrido
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13441 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Sat, 30 Apr 2016, 10:15
Post subject: Re: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

Dios!!.Teño 17 dias para entrenar duro,si quero estar na linea de salida con unhas mínimas garantias,e batir o record da proba. Smile
juandertaker

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/10/10
0 Carreiras
1069 Posts
Portosin
Reply with quote Post Sun, 01 May 2016, 12:01
Post subject: Re: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

Eu está claro que hasta que acabe a etapa universitaria non podo volver pisar esta carreira. E aínda nunca fun desde que se cambiou a 10km Sad
trevinca

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/08
0 Carreiras
212 Posts
barbanza
Reply with quote Post Sun, 01 May 2016, 16:04
Post subject: Re: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

Hola richiarg von intentar esplicarche o recorrido : A salida e en vaixada estreita pois recorrese a zona vella de carreira pero os 600m hasta o 1 km ai unha suvida que ainda que non moi dura pero coidado con ela pasa por diante da meta e ahi sempre se pasa un pouco mais rapido a pasar por diante dos conocidos despois do km 1 o 2 recta leve vaixada na entrada do vilar un pequeno repeito de 30m nada e hasta o km 4 case llano o pasar por vixan km 4 gran ambiente de xente x estar a 300 m da meta baixada rapida de 300 m e despois a subida a graña e recta e vesse o final asi podes dosificar ese eo km 5 despois todo llano e lixeira vaixada hasta o ultimo km todo subida que coincide co principio da carreira un repeito de 30 m e despois a subir non e duro pero depende de como vaias ultima curva a ezquerda subida e a xente animando vese a meta e escoitas a megafonia esi ai forza spints hast ao arco son 100m . Espero que che sirva de algo e a disfrutar .
richiarg

Maratoniano
Maratoniano
19/12/13
77 Carreiras
322 Posts

Reply with quote Post Sun, 01 May 2016, 17:31
Post subject: Re: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

muchas gracias trevinca
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Mon, 02 May 2016, 9:58
Post subject: Re: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

richiarg escribió:
inscripto, fue la primera carrera que corri, aun cuando era de 5km, lindo recuerdo. pero ahora realmente parece mas dura, podrian comentar algo del recorrido

Bueno, tal como comentaba Trevinca, trátase dunha carreira cunha salida "en tromba", cuns primeiros 700 metros moi rápidos (o quencemento previo é moi importante nesta carreira!!), ó que lle siguen uns 300 metros en subida que fan pupa. Este primeiro km vai ser moi importante porque pode deixar tocado ó que non vaia con cabeciña. Logo, si...xa tocan 4 km de correr a gusto. Antes do km 5 a subida da Graña (uns 300 metros) poden facerse duriños. Do km 7 ó 9, pódese manter un ritmo alto constante. Pero aínda queda o último km que é en subida, e si non quedan reservas, pódense facer moi dureiros...
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Mon, 02 May 2016, 10:01
Post subject: Re: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

lestrove escribió:
Dios!!.Teño 17 dias para entrenar duro,si quero estar na linea de salida con unhas mínimas garantias,e batir o record da proba. Smile

Ti xa eres un experto nesta proba, así que si queres, podes!! E si baixas dos 30 minutos,poñémoste un busto na porta da igrexa!!!
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Mon, 02 May 2016, 10:02
Post subject: Re: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

juandertaker escribió:
Eu está claro que hasta que acabe a etapa universitaria non podo volver pisar esta carreira. E aínda nunca fun desde que se cambiou a 10km Sad

Vai cambiando o nick, anda: "Mister-disculpiñas!!"
Un abrazo, chavaliño!!
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13441 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Mon, 02 May 2016, 11:09
Post subject: Re: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

URKO escribió:
lestrove escribió:
Dios!!.Teño 17 dias para entrenar duro,si quero estar na linea de salida con unhas mínimas garantias,e batir o record da proba. Smile

Ti xa eres un experto nesta proba, así que si queres, podes!! E si baixas dos 30 minutos,poñémoste un busto na porta da igrexa!!!

Ja,ja,ja!!.Ti pensas que son un político honorable para merecer tal distinción.
Bueno,veño de mallar unha hora a pleno sol.Polo menos desjrasei kilo e medio. Wink
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Mon, 02 May 2016, 14:47
Post subject: Re: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

Relendo os comentarios do ano pasado, vamos a intentar "arrincarvos" comentarios como este do foreiro Nani_cq:

"Ole ole y ole! Sempre dou o meu punto de vista desde o espectador e podo dicir que estou disfrutando mais nestas carreiras mais pequenas que nas grandes citas de cidades. Mellor ambiente, inscripcions mais economicas (neste caso para caritas), atencion dos da organizacion impecable, hasta nos ofreceron bocadillos os que quedabamos ali mirando a entrega de trofeos, moita fruta que inda sobraba o final, trofeos, agasallos para os participantes.... e un largo etc!!
Asi da gusto ir a unha carreira!!!"

Aplauso Aplauso Aplauso
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13441 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Mon, 02 May 2016, 18:21
Post subject: Re: XIII Carreira Virxe da Guía. Ribeira (17-Maio-2016)

E Lestrove puxose as botas hasta os topes.Hasta levei pa casa e todo. Smile





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum