Foros ›
11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira
Foros de debate / Tríatlon e Duatlon
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
feexenio

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
42 Carreiras
1108 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 17 Mar 2016, 9:19
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

www.google.es/maps/@42...!1e3?hl=es
¿Sería aquí?
JacoboDC

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/06/13
65 Carreiras
704 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Lun, 18 Abr 2016, 10:35
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

m.facebook.com/I-Triat...861157802/
Circuitos.
hadrian.nieto

Novo foreiro
Novo foreiro
30/10/11
0 Carreiras
7 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 20 Abr 2016, 0:51
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

Proba solidaria a favor da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas. De cada inscrición serán doados 2€ dos cales 1€ será destinado á propia asociación e 1€ será destinado á investigación a través da Fundación FEDER.

Podes consultar todas as actividades que leva a cabo esta Federación na páxina:

www.fegerec.es/

Se queres colaborar podes facer unha doazón na conta:

CaixaBank ES1321004690050200059540*

*Se desexan xustificantes da doación, solicitar en fegerec @ cofc.es ou no tlf. 981234651 e 691011855

REGULAMENTO

Organiza:

Lodeco S.L.U.

Email: lodeco @ lodeco.es

Persoa de contacto: Miguel Fernández

Teléfono: 600 433 203

Federación Galega de Tríatlon

Patrocina:

Concello de Negreira

Colaboran:

Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas

Unión Fenosa

Nutrisport

Policía Local

Protección Civil

Secretaría Xeral para o Deporte

Datas e horarios das carreiras:

Sábado 11 de xuño de 2016

-Proba individual ás 16:30h

-Proba relevos ás 16:38h

Distancias:

Sprint:0,750 km de natación (1 volta) – 20 km en bicicleta (3 voltas)– 5 km de carreira a pé (3 voltas)

Inscricións: Ata o martes día 7 de xuño

Prezo:

Individual: 12€ ( Cadetes gratuíta )

Relevo: 24€

O pagamento farase no Nº de conta da Federación Galega de Tríatlon e P.M.: Banco Sabadell ES37 0081 5223 16 0001338040

Federados Galegos:

A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org , no apartado Competicións/Inscricións.

Unha vez na carreira, accederán cos códigos xa enviados a clubs e independentes no apartado inscricións, á dereita da mesma.

A inscrición formalízase enviando o xustificante de pagamento a nome do club por fax 982109800 ou mail fegatri @ hotmail.com.

"Federados con licencia de otra comunidad que no hayan abonado la inscripción de participación en los circuítos, deberán enviar el formulario de solicitud de invitación que pueden descargar de la web de la Federación. A continuación indicamos el enlace fegatri.org/wp-content...idade1.pdf

Una vez que la Federación autoriza la participación, el deportista procederá a la formalización de la inscripción enviando el justificante del ingreso de la cuota por fax 982109800 o mail fegatri @ hotmail.com

Licenzas 1 día:

Unha vez que acceda á carreira, realizarase a introdución de tódolos datos no formulario de inscrición que se abre á dereita da carreira (inscricións de licenzas de 1 día)

Formalizarase enviando Copia do DNI e Xustificante de pagamento ao seu nome ao fax 982109800 ou mail fegatri @ hotmail.com (Custe licenza de 1 día de 12€+12€ Inscrición) Total ingreso 24€

Cadetes non federados só aboarán os 6€ de licenza de 1 día de menores.

Todos os integrantes do relevo que non sexan federados deberán facer a licenza de 1 día

Haberá cronometraxe champion-chip. Cada participante que non teña CHIP AMARELO en propiedade terá que aboar unha fianza de 25 €, o día da proba, ao recoller o dorsal, dos cales lle serán devoltos 23€ o finalizar a carreira (2€ aluguer do chip, agás cadetes) ou ben poderá quedarse co chip en propiedade, o que lle permitirá participar co mesmo en calquera proba de tríatlon ou atletismo organizadas co sistema de cronometraxe champion-chip.

Saída e primeira transición:

Lugar da Ponte Insua

Segunda transición: Campo da Feira

Meta:

Praza Colón

Recollida de dorsais:

Na carpa de organización, no Campo da Feira o sábado de 15:00h a 16:10h

Gardarroupa: todos aqueles atletas que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización na zona de meta.

Á zona de saída se recomenda levar só o material necesario para competir que será trasladado pola organización á zona de meta unha vez finalizada a natación.

Reunión técnica:

Ás 15:40 h nas inmediacións da saída.

Control de material: OBRIGATORIO PRESENTAR LICENZA OU D.N.I.

T2 (zona meta) : Control de equipamento exclusivo de carreira a pé de 15:00h a 16:00 h

T1 (zona saída): Control de equipamento ciclista, dorsais, gorro e chip : De 15:15h a 16:20 h

Categorías proba individual:

-Infantil

-Cadete

-Junior

-Sub-23

-Veteráns

Categorías proba relevos:

-Feminina

-Masculina

-Mixta

Premios:

• Trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.

• Premios económicos probas feminina e masculina

o 1º clasificados masculino e feminina 100,00 €

Ao importe do premio económico individual practicaráselle unha retención do 15% en concepto de I.R.P.F.

Todos os que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo da proba

Normas de competición o A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición das Federacións Galega e Española de Tríatlon.
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 20 Abr 2016, 12:41
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

Boas en breve abriranse as inscricións,hai proba individual e por relevos,calqueira dúbida intentaremos respostala por aquí ou na páxina de facebock.
feexenio

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
42 Carreiras
1108 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 28 Abr 2016, 11:25
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

Grazas, quedo pendente da inscripción que supoño será en Fegatri pero noraboa pola proba, ten unha pintaza, entorno natural e ó lado de Santiago. Molón Frecha
feexenio

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
42 Carreiras
1108 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 28 Abr 2016, 11:26
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

Ah, perdón por non ler o comentario de arriba, xa vin que sí, que era en fegatri. Saúdos e noraboa ós organizadores pois ademáis é unha proba solidaria.
TriRiasBaixas

Novo foreiro
Novo foreiro
1/01/15
40 Carreiras
25 Mensaxes
Marín
Respostar citando Envío Xov, 28 Abr 2016, 17:21
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

... y organizado por triatletas para triatletas.

Eso es garantía de éxito!
albvarc

Foreiro infantil
Foreiro infantil
31/08/14
5 Carreiras
73 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 02 Mai 2016, 8:56
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

Estamos pendentes!
marchoso

Novo foreiro
Novo foreiro
8/11/09
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 02 Mai 2016, 12:21
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

Inscripciones abiertas
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 02 Mai 2016, 17:14
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

Efectivamente,inscricións abertas na páxina da Fegatri,recordade que hai proba individual e por relevos,e un N° de conta para aqueles que non poidades participar e queirades facer unha doación para a Federación galega de enfermidades raras e crónicas.
Grazas TriRiasBaixas,efectivamente trátase dunha proba feita con moito cariño e esperamos que Negreira sexa unha festa o 11 de xuño e un éxito como o leva sendo estes anos o Tri Rias Baixas.
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 05 Mai 2016, 10:42
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

Si non queredes participar en Negreira no o vexades do contrario caeredes na tentación,o 11 de xuño Negreira vai ser a festa do triatlón,ven e acompáñanos.
m.youtube.com/watch?v=upQG8fmlKvo
feexenio

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
42 Carreiras
1108 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2016, 17:15
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

Onte funa a ver o escenario da proba e o río estaba baixísimo e con certa corriente ¿Imos nadar nesas condicións? penso que non había calado para bracear, en fin...unha resposta por favor.
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 17 Mai 2016, 21:02
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

feexenio escribió:
Onte funa a ver o escenario da proba e o río estaba baixísimo e con certa corriente ¿Imos nadar nesas condicións? penso que non había calado para bracear, en fin...unha resposta por favor.
Non te preocupes,o día da proba o río terá o caudal adecuado para realizar a natación,podes seguir entrenando para o triatlón de Negreira.
feexenio

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
42 Carreiras
1108 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2016, 5:45
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

Ok, quedo tranquilo, un saludo e a ver si nos vemos e saudamos. Ainda que con tanto anonimato vai ser conplicado je, je.
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2016, 20:43
Asunto: Re: 11 Junio, IV Triatlón Popular Concello de Negreira

O sábado 28 de maio as 17:30 imos facer un reconocimiento do circuito de bici e Carreira,faremos unha volta neutralizada e logo cada un o seu ritmo,despois o que queira tomaremos algo no bar o Cotón.Quedamos no campo da Feira de Negreira as 17:30.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos