Foros ›
IX Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 26 Xan 2016, 21:07
Asunto: IX Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Cita:

9ª ANDAINA “BISBARRA DO SAR". Concellos de Padrón e Rois.
Sábado, 9 de abril de 2016

INTRODUCCIÓN

Achegase a 9ª edición da Andaina Bisbarra do SAR e como sempre as TERRAS de IRIA e o río SAR volven a ser os protagonistas dun percorrido novamente modificado (18 Km inéditos) e dividido en 2 aneis, que se poderá facer de 2 modos: camiñando ou correndo.

Sábemos que o esforzo desta organización non valería de moito se non contásemos co mais importante: a vosa confianza que, ano tras ano ca vosa presenza, axudades a que Andaina Bisbarra do SAR sexa unha importante referencia no calendario das probas de 50 Quilómetros en Galicia.

Mantemos os prezos de inscrición do derradeiro ano e ademais, co pulo de popularizar a proba, os menores de 15 anos que se anoten antes do 9 de marzo non terán que pagar.

Esta organización e sabedora de que, afortunadamente, cada vez mais xente nova e polo tanto fisicamente mellor preparada, participa neste tipo de probas. Por iso ofertamos a posibilidade de facer o percorrido correndo - sin ningún tipo de retención-, pero seguiremos sendo moi estrictos cos participantes que troten ou corran na modalidade de “Camiñando”.

Rematamos desexando que disfrutedes ao máximo de vosa estancia nestas terras.

CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO
Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (28 + 22), que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado.

Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.

COMO FACER A PROBA
A organización posibilita facer o percorrido de 2 formas diferentes:

1/ CAMIÑANDO
* Haberá retencións OBLIGATORIAS nos controis. Tempo: entre 7:45 e 11:45 horas.
* Só os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “Copa Galega de Andainas 2016”. (Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de 5 probas da Copa e teñan licenza federativa de montaña no 2016)
* Os/as camiñantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de km. feitos, segundo os controis ou etapas completadas.
* Descualificaranse “IN SITU” aos que corran ou troten na modalidade camiñando.

CAMIÑAR: Desplazarse dando PASOS, un pe sempre estará pisando o chan.
TROTAR: Desplazarse dando SALTOS.

2/ CORRENDO
* Non haberá retencións nos controis.Tempo máximo: 6:30 h.
* Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 3:45 horas no km: 28. De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse á modalidade camiñando ou abandoar.
* Terán a obliga de levar mochila para recoller provisions nos avituallamentos.
* Os/as que completen a proba nas modalidades de “Sen retencións” no tempo establecido, daráselle un diploma de participación co tempo empregado.


Nº DE PLAZAS
* No modo “CORRENDO” haberá un tope de 100 prazas, sendo as 400 restantes para os inscritos en “CAMIÑANDO”.
* A organización, no caso de non completarse o número de prazas nalgunha das modalidades, podería redistribuír as prazas libres ata completar a cifra máxima de 500 inscritos.

PARTICIPANTES
* Terán que recoller os dorsais entre as 8:00 e as 8:45. Punto encontro: Polideportivo Municipal do Souto (PADRON).
* A saída será as 9:00 da maña dende a Praza de Macías de Padrón.
* Como o primeiro Km non ten fitas, aqueles que non cheguen puntuais seralle pouco doado facer a proba completa.
* Aqueles que só poidan ou queiran facer o 2 anel deberán recoller os dorsais entre as 14:00 e as 14:15. A saída será as 14:30.
* Aconsellase levar unha pequena mochila con útiles, como: tfno. móbil, chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, … e calzado que suxeite ben o pe.
* Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas cantidades.
* É de obriga entregar o dorsal ao remate do percorrido, para poder participar no sorteo de agasallos. No percorrido, levarase posto en lugar visíbel.
* Os que abandonen por vontade propia, terán que entregar o dorsal e avisar no control mais preto ao persoal da organización.
* Ideal dispor de licenza federativa (montaña) ou dalgún seguro deportivo.
* Terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
* Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.

ORGANIZACIÓN
* Para o bo control da marcha establecerase un máximo de 500 participantes. A saída será ás 9:00 da maña.
* Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero a organización non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
* Os menores de idade terán a obriga de ir acompañados por adultos, que serán os responsables da súa seguridade.
* Os organizadores resérvanse o dereito de poder retirar aos participantes que entendan no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba, ou ben que excedan os tempos máximos estipulados.
* Así mesmo descualificaranse da proba a todos os inscritos que: troten ou corran na modalidade “Camiñando”; que arroxen lixo, que no pasen os controis de paso ou que non auxilien a outros participantes.
* Así mesmo, poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.
* A listaxe oficial farase a medida que os pre-inscritos vaian facendo o correspondente ingreso. Ata finais de Febreiro actualizaranse cada 10 días, logo cada 5.
* Salvo urxencia, os organizadores recollerán aos participantes que abandonen nos puntos de avituallamento e controis. (sempre despois de que pasen os membros da organización que actúen como escobas).

ASOCIACIÓN COLECTIVO REMONTE 2016

CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Dom, 06 Mar 2016, 20:19
Asunto: Re: IX Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

anotado para a modalidade sin retencions.
esperemos que faga millor tempo co ano pasado.
krrkrrktpillo

Montañés
Montañés
11/01/09
0 Carreiras
859 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 04 Abr 2016, 21:43
Asunto: Re: IX Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Xa se pecharon as insctipcións?
Gracias.

RUN & FUN
email: greenpapillon2005 @ yahoo.es
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Sáb, 09 Abr 2016, 14:15
Asunto: Re: IX Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

carallote co primeiro anillo.
este ano pa baixar de 5h tocaba apretar duro.
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Lun, 11 Abr 2016, 9:12
Asunto: Re: IX Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Noraboa á organización, coma sempre, excelente!!! Moi feliz





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos