Foros ›
II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K (29-11-2015)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
VIKINGO

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/10/13
10 Carreiras
118 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Out 2015, 16:06
Asunto: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K (29-11-2015)

Hola a todos/as !!!!! é un pracer convidarvos a II Carreira" Romaría Vikinga" de Catoira, que terá lugar o próximo día 29 de novembro.
Nesta edición queremos brindarlle unha pequena homenaxe pola súa gran traxectoria a o gran atleta popular Jesús Bernal Gómez para ofrecerlle todo o noso apoio e desexarlle unha pronta recuperación.
En breve colgaremos o regulamento e un perfil do percorrido.
As inscricións podrán facerse dende o venres 23 de outubro na web : emesports.es
Para que podades seguir tódalas novidades que vaiamos incorporando, aparte deste fío temos creado un perfil de facebook e twiter da proba, co nome "Romaría Vikinga 10k Catoira".
Moitas grazas pola vosa atención, e... VÉMONOS EN CATOIRA!!!!!
VIKINGO

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/10/13
10 Carreiras
118 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Out 2015, 16:08
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K

Cartel da Carreira



cartel carreira.jpg
Descrición:
Nome do arquivo: cartel carreira.jpg
Descargado: 2587 veces

cartel carreira.jpg
Descrición:
Nome do arquivo: cartel carreira.jpg
Descargado: 2563 veces
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
303 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mar, 20 Out 2015, 16:51
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K

Intentaremos estar outra vez máis en Catoira.
Un saúdo vikingo
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4694 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 20 Out 2015, 20:48
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K

me la apunto,me apetece mucho

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 20 Out 2015, 21:16
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K

Haberá que volver a facer patria... Tomo nota
Hugoanonimo

Novo foreiro
Novo foreiro
27/09/15
2 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Out 2015, 21:25
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K

Me apetece mucho pero justo ese dia vuelvo dela spartan race de valencia
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 21 Out 2015, 6:59
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K

Chorando Chorando
Levo dende agosto esperando esta carreira, que foi o meu debut, e non creo que poida ir!!
Non creo que poida arranxar, pero por intentalo que non sexa!
A-trancas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
2/10/10
50 Carreiras
63 Mensaxes
Ames
Respostar citando Envío Mér, 21 Out 2015, 14:34
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K

Magnífica noticia. Parecía que este ano xa non se iba celebrar, xa que o ano pasado foi en setembro. O ano pasado estivo de maravilla. Ides mante o mesmo recorrido?. Saúdos.
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
440 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Mér, 21 Out 2015, 15:02
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K

Espero poder ser da partida este ano, o anterior non puiden por lesion,
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 21 Out 2015, 15:52
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K

Espero poder estar.
Un Abrazo muy Grande para Jesús.
Todo mi Ánimo desde el Respeto y el Afecto que siento por él.
VIKINGO

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/10/13
10 Carreiras
118 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 21 Out 2015, 16:22
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K

Boas tardes, moitas grazas polo voso interese.
O percorrido vai a ser exactamente o mesmo que o ano pasado, e dicir, unha soa volta de 10k. Saúdos
VIKINGO

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/10/13
10 Carreiras
118 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 23 Out 2015, 9:27
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K

Bos días!!!!!! Recordamos que hoxe día 23 de outubro abrimos as inscrpcións para a carreira as 20:00h.
Como novidade para este ano, aparte da bolsa de corredor e do agasallo, imos regalar os 100 primeiros inscritos da categoría absoluta un xogo de manguitos técnicos.
Adxunto tamén o regulamento da proba.
Animádevos a participar!!!!!! Grazas Aplauso Aplauso Aplauso
VIKINGO

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/10/13
10 Carreiras
118 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 23 Out 2015, 9:28
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K

REGULAMENTO

II CARREIRA POPULAR “ROMARÍA VIKINGA 10K” DE CATOIRA


COLABORAN
Protección Civil de Catoira, “Catoira Corre” e demáis voluntarios.

CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
CATEGORÍAS

- Pitufos (2010 e posteriores): 100 m
- Benxamín e Prebenxamín (2006-2007-2008-2009): 400 m
- Alevín (2004-2005): 800 m
- Infantil e Cadete (2000-2001-2002-2003): 2000 m
- Absoluta (1999 e anteriores): 10.000 m
- Veteranos M40 (1966-1975): 10.000 m
- Veteranos M50 (1965 incluído e anteriores): 10.000 m

HORA DE COMEZO
O comezo da carreira de pitufos de 100 m será ás 10:30h; benxamíns e prebenxamins 400 m. ás 10:50. O comezo da carreira de alevíns de 800 m será ás 11:15 h; infantil e cadetes de 2.000 m. ás 11:40 h e o comezo da de 10 km sobre as 12:30 h. As carreiras terán saída e meta na Rúa da Estación.

INSCRICIÓNS
Ata as 24:00 h do mércores 25 de novembro a través da web de Emesports (www.emesports.es).
As categorías pituf@s prebenxamíns, benxamíns, alevín e cadetes a inscrición é gratuita.

Para as categorías participantes na carreira de 10 km a inscrición terá un custo de 5 euros, incluindo xa o aluguer do chip de cronometraxe.
Ante calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición, na web de emesports, podédesvos dirixirao teléfono 986546801 ou ao enderezo electrónico info @ emesports.es

Todos os participantes que completen a súa inscrición terán dereito á bolsa de corredor, ademáis os 100 primeiros inscritos da proba absoluta terán como agasallo uns manguitos técnicos.

* As inscricións sen datos obrigatorios ou fóra do prazo fixado, tanto para a proba de 10 Km como as carreiras curtas, non serán admitidas.


RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS, SAÍDA E META.
Na Rúa da Estación haberá delimitado un posto para retirar os dorsais e os chips dende as 9:00 h. ata 30 minutos antes do comezo da carreira. Será obrigatorio presentar o DNI para a súa retirada. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo. Os participantes das carreiras de pequenos, ( pitufos, prebenxamin, benxamín,infantil e cadete) tamén poderán recoller o seu dorsal no mesmo posto. Na rúa da Estación, situarase a saída e a meta de tódalas carreiras.

PREMIOS
- Medallas para os participantes nas categorias chupetes, pituf@s, prebenxamins, benxamins, infantís
e cadetes.
- Trofeos para os 3 primeir@s clasificados en tódalas categorías.
- Trofeos para os 3 primeir@s da categoría xeral absoluta (10 Km).
- Trofeo para o primeir@ atleta de Catoira da categoría xeral (10 Km)
- Non haberá premios económicos.
- Os trofeos non serán acumulativos.

PERCORRIDO
- As carreiras das categorías inferiores Terán lugar nun circuito pola propia Rúa da Estación.
- Na categoría absoluta, a saída e a meta estará colocada na Rúa da Estación

REGULAMENTO
1.- O Concello de Catoira será o organizador da II Carreira Popular “Romaría Vikinga 10K” de Catoira.

2.- O Concello de Catoira, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.

3.- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
4.- O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.

5.- Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización, estando prohibido cortalos ou dobralos. O número debe quedar en todo momento ben visible.

6.- Na carreira de 10 Km utilizarase un chip como xeito de cronometraxe electrónica, da empresa Emesports. Este entregaráselle ao corredor, xunto co dorsal antes do comezo da proba. O chip hai que colocalo na zapatilla, enganchándoo co cordón. Se o chip vai colocado noutro sitio córrese o risco de que non funcione correctamente. Ao rematar a carreira hai que quitalo e entregarllo aos encargados de recoller os chips (na mesa de entrega de dorsais ou a chegada na linea de meta onde se colocarán unhas caixas para a súa recollida).

¡É OBRIGATORIO DEVOLVER O CHIP!

7.- Todo corredor que non realice o percorrido completo, que chegue á meta sen dorsal ou a xuízo da organización cometa algunha irregularidade, será descualificado.

8.- A saída da 1ª carreira será a partir das 10:30 h para as categorías inferiores e as 12:30 h para a categoría absoluta.

9.- Os participantes deberán situarse na saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.

11.- Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado cada km e contará cun avituallamento no punto intermedio.

12.- A organización contará coa axuda dos organismos oficiais municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido.

13.- Un coche irá pechando a carreira, facendo funcións de "coche escoba".

14.- O acompañamento aos corredores por xente allea á organización ou por vehículos non autorizados será motivo de descualificación.

15.- O control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 1 hora e 30 minutos despois de que se dea a saída.

16.- As inscricións realizaranse nos lugares que se indican nas bases xerais e dentro dos prazos sinalados. Todo aquel que non se axuste a estas indicacións non poderá participar na proba.

17.- Os trofeos non serán acumulativos.

18.- A entrega de trofeos está prevista para as 13:45 h.

19.- Os corredores poderán utilizar o pavillón municipal para asearse e ducharse despois da carreira.

20.- Ante calquera circunstancia non comentada nestas bases e regulamento, a organización tomará as decisións oportunas.

21.- Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais público que presencie a proba, un comportamento exemplar cara aos compañeiros, público, organización e a proba en xeral

22.- A organización resérvase os dereitos de imaxe desta proba.


Última edición por VIKINGO o Ven, 23 Out 2015, 14:57; editado 3 veces
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
303 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Ven, 23 Out 2015, 12:03
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K

Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso
Fantástico Manu. Seguro este año andaremos por los 300 y ya veremos si no se sobrepasa esa cifra.
VIKINGO

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/10/13
10 Carreiras
118 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 23 Out 2015, 18:53
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K

Muchas gracias Cesar!!!!! Ojalá podamos entre todos alcanzar esa cifra





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos