Foros ›
III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Dieji

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/03/10
0 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 09 Out 2015, 23:00
Asunto: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

E un placer convidarvos a participar, un ano mais nunha nova edición,e xa van 3, da Carreira Popular Toffe-Concello de Rainxo, a novidade deste ano e que a carreira pasa a celebrarse o luns dia 2 de novembro para aproveitar o dia festivo

deixovos o regulamento a continuación:


REGULAMENTO
III CARREIRA POPULAR TOFFE - CONCELLO DE RIANXO

Artigo 1.
O Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizan a III Carreira Popular Toffe –
Concello de Rianxo, o luns 2 de novembro de 2015. A proba conta con patrocinio de
Cafetería Toffe e está incluída no III Circuíto Provincial de Carreiras Populares e no
Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo.

Artigo 2.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O
control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Artigo 3. Categorías
• Xoubas 2010-2011-2012 . 3 saídas, agrupados por ano de nacemento.
• Sardiñas 2008-2009.
• Benxamín 2006-2007.
• Alevín 2004-2005.
• Infantil 2002-2003.
• Cadete 2000-2001.
• Xuvenil 1998-1999.
• Júnior 1996-1997.
• Promesa 1993-1994-1995.
• Sénior 1981-1992.
• Veteranos A 1968-1980.
• Veteranos B 1955-1967.
• Veteranos C 1954 e anteriores.

Artigo 4. Distancias e horarios
Categoría Distancia Horario Percorrido Nº voltas
Xoubas 100 m. 10:45 h. Amarelo – 100 m. 1 volta
Sardiñas 500 m. 11:00 h. Verde – 500 m. 1 volta
Benxamín 1.000 m. 11:10 h. Verde – 500 m. 2 voltas
Alevín 1.500 m. 11:25 h. Azul - 750 m. 2 voltas
Infantil: 2.250 m. 11:40 h. Azul – 750 m. 3 voltas
Cadete: 6.600 m. 12 h.. Vermello 2 voltas
Xuvenil/Júnior/
Promesa/Sénior
e Veteranos
10.000 m. 12 h. Vermello 3 voltas

Artigo 5. Lugar de saída e percorrido
Saída e chegada
Praza Castelao
Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.
1. Percorrido amarelo: 100 m.
2. Percorrido verde: 500 m.
3. Percorrido azul: 750 m.
4. Percorrido vermello: 3.333 m.

Artigo 6. Inscricións
Prazo:
Ata o xoves 29 de outubro de 2015 ás 24:00 h. Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou
con datos incompletos.
Onde:
emesports.es
Prezo:
• Gratuíto para as categorías de xoubas a cadete.
• 6 € nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteráns.
Límite prazas: Haberá un límite de 500 inscritos na categoría absoluta (xuvenís e
posteriores).

Artigo 7. Retirada de dorsais e chips.
Na Praza de Castelao o mesmo día da proba a partir das 9 h. e ata o inicio da mesma.
Control por chip
Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, os demais participantes estarán
controlados a través dun chip que se entregará a cada participante xunto co dorsal. Deberá
colocarse na zapatilla antes da saída.

Artigo 8. Premios
Medallas
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas, Sardiñas,
Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
Trofeos
Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local.
Premios
Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto en
categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios: 1º-150 €, 2º-100 € e 3º- 50 €.
Agasallos
Os participantes nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos recibirán un
agasallo técnico.

Artigo 9. Servizos
Servizo de gardarroupa
Pavillón polideportivo de Rianxo.
Vestiarios e Duchas
Pavillón polideportivo e Piscina Municipal.
Aparcadoiros:
Aparcadoiro Público Municipal (gratuíto), arredores do pavillón polideportivo e nas
inmediacións da zona portuaria.
Publicación Resultados
carreirasgalegas.com
emesports.es
concelloderianxo.gal

Artigo 10. Outras consideracións
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de
apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organización, non se devolverá o
importe da inscrición
TORSEBOTAS

Novo foreiro
Novo foreiro
3/10/11
0 Carreiras
7 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 10 Out 2015, 12:55
Asunto: Re: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

IREMOS ALA
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
441 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Sáb, 10 Out 2015, 13:12
Asunto: Re: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

Algo mais de información, onde tamen podedes ver o percorrido:
concelloderianxo.gal/d...-de-rianxo
cor71

Maratoniano
Maratoniano
28/03/15
0 Carreiras
93 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 11 Out 2015, 15:31
Asunto: Re: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

Hola no conozco mucho Rianxo. Por lo que ví en el plano del recorrido parece llana, es así?
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 11 Out 2015, 18:11
Asunto: Re: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

cor71 escribió:
Hola no conozco mucho Rianxo. Por lo que ví en el plano del recorrido parece llana, es así?

Efectivamente é moi chanciña, son 3 voltas e ten unha subidiña casi ao final de cada volta, saindo do porto cara o pobo.
O único problema que pode ter, e que máis da metada de cada volta e a carón do mar, e como veña un mal día como na 1ª edición pode ventarnos moito, o ano pasado en cambio fixo un día estupendo.

Eu fun as anteriores edicións e espero vir a esta tamén. Moi recomendable sen dúbida.
Josekioto

Maratoniano
Maratoniano
29/12/12
0 Carreiras
321 Mensaxes
BOIRO
Respostar citando Envío Dom, 11 Out 2015, 18:53
Asunto: Re: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

al ser un lunes no me trastoca los planes de ntreno asi que esperamos ir a runear
cor71

Maratoniano
Maratoniano
28/03/15
0 Carreiras
93 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 12 Out 2015, 15:51
Asunto: Re: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

Gracias por la info Kurty.
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
441 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Sáb, 17 Out 2015, 6:59
Asunto: Re: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

Xa vamos por 100 inscritos!!!
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
441 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Mar, 20 Out 2015, 11:32
Asunto: Re: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

Superado 200 inscritos (todas categorias)
Haber si superamos os inscritos do ano pasado!!
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
441 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Ven, 23 Out 2015, 8:07
Asunto: Re: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

"300" e subindo.....
O plazo remata o dia 29
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
441 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Sáb, 24 Out 2015, 18:43
Asunto: Re: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

Seguimos sumando, superados os 400
richiarg

Maratoniano
Maratoniano
19/12/13
108 Carreiras
323 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Out 2015, 19:26
Asunto: Re: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

si todo va bien. ahi estaremos un año mas, buena carrera para hacer marca, de hecho por ahora es mi mejor, a ver este año.
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
441 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Lun, 26 Out 2015, 16:01
Asunto: Re: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

Ben recivido seras richiarg, e tódolos que vos acerquedes por Rianxo o día 2.
Superada barreira dos 500.
LC2000

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/09/11
9999 Carreiras
60 Mensaxes
Coruña
Respostar citando Envío Mar, 27 Out 2015, 10:46
Asunto: Re: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

Uno más apuntado :D. Me toca estrenar carrera :D. Por la meteorología, se chove que chova ;).
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
441 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Mar, 27 Out 2015, 12:26
Asunto: Re: III Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

LC2000 parece que imos ter algo de sorte co tempo, pero como galegos non deberíamos terlle medo a choiva.
"600" inscritos, moitísimos nas categorías de menores , último día xoves 29 as 23:59, non se despistar!!!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos