Foros ›
III TRAIL MONTEFARO 25K (MUGARDOS) E ANDAINA 12KM
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Ramonrm

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/06/13
0 Carreiras
197 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 19 Set 2015, 14:24
Asunto: III TRAIL MONTEFARO 25K (MUGARDOS) E ANDAINA 12KM

O Club do Mar - Pulpeiros BTT organiza o vindeiro 18 de outubro ó " III TRAIL MONTEFARO". Que como o pasado ano partirá desde O Mosteiro de Santa Catalina (Montefaro)



Esta actividade consta dunha carreira de montaña e realizase coa inestimable axuda de Trinity (Narón) que patrocina e colabora coa realización do evento e os concellos de Ares e Mugardos. Este ano como novidade engádese ó trail a realización de un Trail de Iniciación de 12 km é a andaina de montaña de 12 km.

OS trails e maila a andaina, discorrerán por unha zona tan espectacular e fermosa como é a ría de Ferrol, repleta de corredoiras con incribles vistas ó mar.
O custe da inscrición será de:
18€ por participante para o Trail de 25km
14 para o Trail de 12 km
10€ para a Andaina .
A proba contará con servizo gratuíto de consigna, onde poder deixar mochilas ou prendas, duchas, 2 avituallamentos líquidos e un sólido, pinchada ó rematar a carreira e agasallo para os participantes.

A inscrición rematará o día 16 de outubro, tamén se cerrará a inscrición ó alcanzar os 250 participantes.

INSCRIPCIONS

www2.clubdomarmugardos.com/form/

COMPROBAR INSCRIPCIÓN

www2.clubdomarmugardos...sultar.php

O trail partirá dende o Monasterio de Santa Catalina de Montefaro en Ares as 10.00 AM, realizándose a recollida de dorsais hasta unha hora antes. A distancia do percorrido é de 25 KM, contando cun desnivel acumulado positivo de subida de 1100 metros, o número de participantes está limitado a 250. Tamén entregaranse dorsais de forma previa o día 18 de outubro. A proba será arbitrada pola Federación Galega de Atletismo .
COMO CHEGAR A SANTA CATALINA :

goo.gl/maps/26VTK

RECORRIDO E PERFILES



[URL=http://s905.photobucket.com/user/pedrososbtt/media/Imagen%20094-crop_zpstymtstsw.jpg.html][
Ramonrm

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/06/13
0 Carreiras
197 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 18 Out 2015, 20:16
Asunto: Re: III TRAIL MONTEFARO 25K (MUGARDOS) E ANDAINA 12KM

Pasado xa o "TRAIL MONTEFARO 2015".. Desde este club, Gracias!!.. Gracias a todos os que hoxe nos fixeches ver, que todo o esforzo e o traballo feito, esta máis que xustificado vendo como nos apoiades e nos facedes disfrutar, sen dúbida, para nós o Trail sigue a ser unha actividade tremenda mente satisfactoria .. Esperamos que fora do voso agrado, pedimos desculpas por os erros que se poderán cometer, prometemos que imos tratar de solucionalos..
Gracias a toda a Xente cércana a organiceino, que nos axudaron levar a diante o evento, para poder ofrecer ou tentar facelo, o mellor posible para vós..
Gracias a todos!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos