Foros ›
Procedemento para tratamento en caso de lesión deportiva
Foros de debate / Lesiones, salud y alimentación
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
gonzalorq

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/04/13
0 Carreiras
94 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mér, 12 Ago 2015, 7:58
Asunto: Procedemento para tratamento en caso de lesión deportiva

Levo tempo con ganas de abrir un fío sobre este tema, gustaríame que compartísemos as nosas opinións o respecto dun tema na miña opinión moi importante e de bastante complexidade. Eu cando me xurde un problema físico derivado da actividade deportiva sempre teño as mesmas dúbidas capitais: ¿qué fago? ¿a quén consulto? E non me parece que teñan respostas de Perogrullo, coa excepción de frenala actividade que ocasionou a doenza.

Vou poñer varios casos, según o tipo de lesión e circunstancias nas que aconteceu:

1. Traumatismo, luxación, esguince ou similar adestrando pola nosa conta. Eu aquí non teño dúbidas consulta co médico de cabeceira ou si é preciso por urxencias, a partir de ahí continuar co protocolo da seguridade social ou o seguro privado no caso de contar con un.

2. Lesión de calquera tipo nunha competición ou proba organizada. Aquí tampouco habería dúbidas, hai un seguro da proba, consultar coa organización e proceder como corresponda.

3. Lesións por desgastes ou sobrecarga nos adestramentos, do tipo das tendinopatías, articulares, dores de espalda, etc. Aquí é moito máis complexo. Na seguridades social podemos darnos con varias situacións pero duas moi probables son:
• Resposta do médico de cabeceira: “si a molestia está ocasionada por correr, deixe vostede de correr, pasee, nade, etc” (así sin máis). Reposo e analgésicos tipo AINE.
• Resposta do médico de cabeceira: “Necesita vostede visitalo especialista” (actualmente esta vía parece máis complicada e si se chega a ela xa se é un afortunado ou é que ó doctor a lesión pareceulle máis grave do que aparentaba. A situación despois normalmente enrédase no tempo coas listas de espera polas citas, probas (si somos tan afortunados de que nolas soliciten, etc.). En gran parte de casos ou ben o problema enmascarouno ou enquistouno o paso do tempo ou ben o final do proceso chegamos a unha resposta similar á do primeiro suposto (“deixe vostede de correr e vivirá mellor”)
O que acabamos facendo moitos neste caso 3, é acudir a un especialista doutro tipo (fisio ou osteópata, con experiencia en lesións deportivas). En moitos casos funciona despois dunhas cuantas sesións, atopan algunha causa muscular ou do tipo que sexa que ocasionou a lesión e co tratamento e rehabilitación indicados remite o problema.
Nos casos máis complexos o problema que vexo desta última vía é o diagnóstico, un fisio non ten medios para facer probas diagnósticas de tipo radiografías, ecografías, resonancias, etc.
Esta é a gran dúbida ¿a quén recurrir neste último caso? Buscar un especialista privado que nos poida diagnosticar adecuadamente, parece unha boa solución pero demasiado costosa económicamente, quizais non nolo poidamos permitir.
¿Sería aconsellable facer un seguro privado que cubrise este tipo de tratamentos dun xeito máis rápido que na seguridade social? Podería ser unha opción.
¿Sería aconsellable federarse para dispor dun seguro médico que cubra este tipo de tratamentos? Hai quen o aconsella pero según teño entendido os seguros das federacións non cubren as lesións ocasionadas por adestramento inadecuado, e esto pode abarcar casi todo tipo de lesións deste caso 3.

Desculpade pola paliza que vos acabo de soltar, pero quería expresar ben o que penso sobre este tema.

¿Vós que opinades sobre todo esto? ¿Cal é a vosa experiencia? ¿Qué recomendacións faríades en base a ela?

¡Un saudo a todos!

Dar ejemplo no es la principal manera de influir sobre los demás; es la única manera.
Albert Einstein
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 12 Ago 2015, 8:42
Asunto: Re: Procedemento para tratamento en caso de lesión deportiva

Hola Gonzalorq,
levo dende decembro exactamento coas mesmas dúbidas que ti plantexas, exactamente dende a primeira lesión.
Seguridade Social, solución lenta e difícil.
Ata agora sempre se me solucionou con fisoterapia, con diagnósticos acertados.
Non sabía que federándote tiñas dereito a un seguro privado, aínda que se non cubren por mal entrenamento... pois é moi ambiguo.
Ca me pasou por a cabeza 2 ou 3 veces facerme un seguro privado, o que sucede e que o coste é relativamente alto, e non tes claro que tamén che vaian realizar todas as probas. O coste do seguro depende de moitas cousas, idade, coberturas, copago... (Aínda que se cubre fisio, xa te aforras unha parte...)

Esperamos aportes, e experiencias, para cada un sacar a súa conclusión.
Diegoevolucion

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
4/11/08
226 Carreiras
327 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 13 Ago 2015, 6:45
Asunto: Re: Procedemento para tratamento en caso de lesión deportiva

Bos Dias ,
Comentovos o meu caso. Eu son atleta federado, pola federación galega de atletismo. Preparando este ano a que seria a miña terceira maratón lesioneime por sobrecarga, doiame ata camiñar. Quixen ir ao médico pola federación. Os asesores do club , xa me dixeron, que non me atenderían, e farianme pagar as futuras consultas e probas, que me fixera polo privado da federación, se decía que a lesión ocorreu namentres estaba a entrenar.
E por mor de pagar as custosas probas médicas tiven que mentir decindo que me lesionei duas semanas antes, durante unha proba deportiva. triste que teñamos que mentir , para que o seguro da federación fágase cargo dos deportistas. Tamén hai que recoñecer que houbo un tempo, que a federación acadaba con todos os gastos, e moita xente aprovechou o momento para conseguir, masaxes, fisios, ...etc. sen ter lesión alguna.
Ser prudentiños ao entrenar, é facendo as cousas ben, evitaremos estes problemas. Cabeciña sempre.

"El mejor corredor , no deja huellas"
gonzalorq

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/04/13
0 Carreiras
94 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Xov, 13 Ago 2015, 12:09
Asunto: Re: Procedemento para tratamento en caso de lesión deportiv

Gracias polas vosas aportacións. Espero que ambos estedes recuperados das vosas doezas.

Claro que si, cabeciña... pero é tan complicado saber ir pouco a pouco, saber parar a tempo, e aínda así hai problemas que xurden igual. Hai cuestións fisionómicas, de técnica de carreira, etc que cando se chega a un certo volumen de km poden xenerar problemas ainda sendo bastante prudentes.

Eu penso que o dificil é diagnosticalos, buscala súa orixe e eliminalos de raiz, eso sería o ideal pero non é sinxelo nin coñecemos moitas veces a quen recurrir, ese é o motivo de que abrise este fío.

Non sei vós pero eu cando teño algún problemilla deste tipo síntome bastante perdido, podes ter consellos de moita xente: os profesionais que che traten ou consultes, compañeiros, internet (estos poden informar pero tamén crear unha depresión ou hipocondría...), etc. Pero moitas veces son recomendacións bastante contradictorias entre si e cando non se aprecia a melloría claramente dubídase de todo.

Dar ejemplo no es la principal manera de influir sobre los demás; es la única manera.
Albert Einstein





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos