Foros ›
XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
LUBO

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/11/05
0 Carreiras
237 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Sáb, 29 Ago 2015, 8:26
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

Cita:
Recordades o que dixen ó principio sobre os trofeos deste ano..... pois a ver se vedes

Entendo que son un xeito de testigos.. Muro ..pois nada comparable cas orixinais cerámicas de Mar Barral. Aparte da alegría que sempre representa subir o pódium, levabase pa casa una obra de arte Chorando

No es más feliz el que hace lo que quiere, sino el que quiere lo que hace
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Lun, 31 Ago 2015, 9:23
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

Xa sabía eu que os trofeos non ían deixar a ninguén indiferente.

Un par de apuntes. Non vos quepa a menor duda de que os trofeos de Mar Barral son marabillosos. Pero, igual que o GAM fixo en 2002 un cambio radical e inovador pasando dos trofeos de hoxalata ós de cerámica, agora o Concello decidíu facer outro cambio e apostar por outro artista, neste caso meañés, o que non quita en absoluto que Mar os faga de novo.

Pois ben, ese artista é Pablo Barreiro, que ante a proposta que se lle plantexou, propuxo unha idea inovadora e orixinal. Poderá gustar ou non, pero non deixará indiferente a ninguén.

A súa proposta é a de entregar uns "testigos", que serán de cerámica, aínda que coas dimensións oficiais. E digo "entregar" porque esa é a filosofía que o artista quere transmitir: non daremos, "pasaremos" testigos do cariño e aprecio que esta carreira ten por os corredores; tódolos tamaños serán iguais, transmitindo a idea de que todos somos iguais, homes e mulleres, nenos e maiores, xóvenes e vellos.

Repito que é unha idea "innovadora" que require un tempo para ser dixerida. Poderá gustar máis ou menos, pero cando menos, creo que merece unha oportunidade.

Os trofeos que trouxo para a presentación non son os definitivos, sernón unha mera mostra para facernos unha idea do trofeo final.

Probemos.

Unha pequena reseña sobre Pablo Barreiro, publicada por Tino Hermida no seu blog Polo Ventanuco. Pablo Barreiro en Polo Ventanuco



Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Lun, 31 Ago 2015, 10:14
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

Coma xa empeza a ser un bo costume, Tino Hermida (uns dos pais e incansable loitador da carreira) publicou no seu blog, Polo ventanuco, un artigo sobre a Carreira Popular de Meaño, donde ademais da carreira en si e da presentación do venres pasado, ofrécenos un bo feixe de suxestións sobre que facer, onde comer, a donde ir, etc., o día da carreira.

Como non, esto é unha invitación en toda regla para que veñades a coñecer o noso pequeno Concello, e disfrutedes del, aínda que sexa por un só día (estou seguro que despois repetiredes).

A Carreira Popular de Meaño en Polo Ventanuco, por Tino Hermida.

Aproveito tamén para recordarvos o carácter solidario da inscrición, coa aportación dun quilo de alimento non perecedoiro para axuda co Programa de Emerxencia Social do Concello de Meaño.
Aínda que a macroeconomía nos encamiña hacia todo o contrario, nós como entes individuais, reflexivos e con capacidade de discernir o que está ben do que está mal, temos a obriga moral de ser solidarios e axudar ó que máis o necesita. Precisamente esa capacidade de axuda é a que nos fai humanos e a que nos diferencia dos animais (aínda que os nosos dirixentes, e optantes a selo, nos queiran inducir a actuar en contra desa condición).

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1307 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 31 Ago 2015, 22:42
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

Estes trofeos novedosos serán acumulativos como en edicións anteriores ?
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Mar, 01 Set 2015, 8:00
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

mac-ray escribió:
Estes trofeos novedosos serán acumulativos como en edicións anteriores ?

Si. Supoñendo que ter refiras a premios, porque trofeos non é posible que un corredor leve dous.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Edito/rectifico

O premio ó máis veterano podería ser, se queda entre os tres primeiros da súa categoría.
Agora dille ti a un corredor de, por exemplo, 75 anos, que non vai a levar o trofeo da súa categoría, porque é o máis vello de toda a carreira......


Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es


Última edición por Marcos o Mar, 01 Set 2015, 9:46; editado 2 veces
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 01 Set 2015, 8:30
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

Marcos, no fío do ano pasado houbo críticas por o tema dos premios acumultaivos (premios tamén inclué trofeos).
Non entendo moi ben, a que te refires cando indicas que os premios son acumulativos e os trofeos non.

Tamén como unha opinión persoa, o ano pasado a entrega de premios se fixo moi longa, creo recordar que case se tardou 45minutos, quizais se podería axilizar, un pouco, non sei de que forma. Digo porque eu manter quedas as miñas fillas 45m mirando como entregan premios, me costa máis que correr a carreira completa!
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Mar, 01 Set 2015, 9:38
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

Sanmikel, máis curta do que facemos a entrega de verdade que non sei como facer (xa lle temos dado moitas, pero que moitas voltas). Os corredores prácticamente non paran no podio. Unha vez arriba, Tino xa está chamando ós seguintes. Pero hai que entender que o que sube a recoller un premio quere ter o seu montentiño de gloria, e tampouco os vamos a botar.
De feito, os retrasos prodúcense pola tardanza dos corredores en subir,, porque un non está atento, o outro non está, outro vai non sei donde.... e desde que os chamas ata que suben ó palco pasa un tempo precioso. E como comprenderás, ahí nós non podemos facer nada.
Hai dezasete categorías, máis dúas do Concello, máis dúas especiais, e a absoluta. En total teñen que subir ó palco 65 corredores.

En canto ós premios. A carreira de Meaño tenos acumulativos.

É o noso criterio. Entendo que hai quen non estará de acordo, pero se tódalas carreiras foran iguais, da mesma distancia, á mesma hora, etc. sería un pouco monótono.

É como a saída conxunta de categorías. Hai quen non lle gusta, pero nós temos ese criterio, razoado, e cos premios igual.

Pero, por favor, vós dicide. Esta é unha canle para falar e cambiar opinions.


P.D. Xa tedes pintados os puntos quilométricos. Este ano están niquelados, xa que tiven unha pequena gran axudante Bailar

- - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Edito/rectifico

Está claro que hoxe ando a durmir. Teñen que subir ó palco 65 corredores, e non 167 como escribira.... non sei en que andaría pensando.


Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es


Última edición por Marcos o Mar, 01 Set 2015, 10:58; editado 2 veces
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
303 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mar, 01 Set 2015, 10:44
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

Hola Marcos, al hilo de lo comentado por sanmikel sobre agilizar la entrega de trofeos, te comento que haciendo subir conjuntamente a las féminas y los varones de cada categoría ganas tiempo y ya tienes la foto conjunta de ambos sexos. Yo así lo haré en la de Boimorto, la cual se fija mucho precisamente en todo lo bueno que tiene la gran carrera de Meaño.
Saludos a los dos y ahí nos veremos el próximo domingo día 13.
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1307 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 02 Set 2015, 0:28
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

Dis que non é posible que un corredor leve dous trofeos ? O ano pasado así foi en Meaño.

Se son acumulativos, levas o trofeo da xeral máis o da categoría.

En algunhas carreiras vemos como moitos atletas marchan con dous trofeos iguais para a casa, non lle atopo o sentido por ningures, un trofeo debería ser un recordo desa proba, para que queremos dous ?
Seguramente o 4º clasificado o mereza tanto ou máis que o 3º.

Outro problema dos trofeos acumulativos é que moitas veces os gañadores da xeral recollen o absoluto e despois marchan e quedan os podiums valeiros na entrega de categorías, puidemolo ver este pasado domingo na Pobra.

Pero efectivamente, cada proba e organización e particular e ten as súas particularidades, hainas que solo entregan por categorías sen dar unha absoluta...
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Mér, 02 Set 2015, 8:15
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

mac-ray. Que si, que hai un caso no que se poden levar dous trofeos. Xa rectifiquei na propia mensaxe (onte andaba eu medio durmido). É o caso dos veteranos, xa que poden levar o da súa categoría e o "honorífico" de ser o máis veterano (absoluto e do concello).
[Neste caso en concreto, é habitual que non haxa cuarto clasificado, e ás veces nin terceiro.... ]

Pero quitando este caso, non hai doble trofeo. O que sí hai é entrega de trofeo máis premio (metálico e especies).

A filosofía da organización é a seguinte: dase un trofeo os tres primeiros de cada categoría; uns honoríficos (os que, efectivamente, poderían levar dous trofeos se quedan entre os tres primeiros da súa categoría); e, finalmente, prémianse en metálico (que non con trofeo) os tres mellores tempos, independentemente da categoría.

Entendo o teu punto de vista (faltaría menos), pero eu son dos que pensa que entregar premios sen duplicidade por chegar a máis número de corredores, é unha forma de devaluar o premio. Ademais, que se eu quedo cuarto e me entregan un trofeo que pon "terceiro clasificado" non me sentiría moralmente ben comigo mesmo (se non fai trampas, o terceiro é sempre mellor que o cuarto). Pero claro, esto é unha apreciación moi persoal.

Nada, nada. Que esto é un bo intercambio de opinións, do que me alegro moito.

Vémonos o domingo mac-ray.

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Mér, 02 Set 2015, 8:23
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

Matveiev escribió:
Hola Marcos, al hilo de lo comentado por sanmikel sobre agilizar la entrega de trofeos, te comento que haciendo subir conjuntamente a las féminas y los varones de cada categoría ganas tiempo y ya tienes la foto conjunta de ambos sexos. Yo así lo haré en la de Boimorto, la cual se fija mucho precisamente en todo lo bueno que tiene la gran carrera de Meaño.
Saludos a los dos y ahí nos veremos el próximo domingo día 13.

Home, é unha posibilidade. O problema témolo na propia operatividade da situación. Seis personas no palco, dúas en cada escalón do podio.... visualmente é confuso.
Ademais, non hai o mesmo número de categoría de homes que de mulleres (o que queremos se vaia igualando, conforme vaia habendo máis participación de féminas veteranas).

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1307 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 02 Set 2015, 10:29
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

Ë un debate que se da en todalas probas jeje, precisamente o estiven falando na última co foreiro Yomismo, e no 100% dos casos a xente non quere acumulativos, queiras que non fai ilusión subir ao podium, hai moita xente que o consigue poucas veces e incluso é o seu obxetivo.

Eu nun circuíto de carreiras teño chegado a casa con 4 trofeos ! e as veces trofeos idénticos, eso penso que non está ben feito. Eu podo valorar e querer un trofeo como recordo dese día, pero máis de un ?

Tamén tes moita razón en que un 5º clasificado non debería levar a premiación ao 3º por exemplo, porque efectivamente como ben indicas non é real ese posto, nese caso, que para min é o único erro, solo contemplo a compricada posibilidade de ter a capacidade de grabar o trofeo unha vez teñamos o listaxe de premiados, se os 3 primeiros da xeral son Veteranos, e o 4º tamén, poderíase dar o premio ao 1º veterano coa insripción de 4º clasificado categoría Veterano.

Pero lóxicamente é unha compricación máis e nas típicas placas metálicas dos trofeos imposible.

Por certo, a min estes novos trofeos gústanme.
tirillas

Maratoniano
Maratoniano
22/08/08
0 Carreiras
78 Mensaxes
Dena
Respostar citando Envío Xov, 03 Set 2015, 13:41
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

Animo chavales!!! vamos outro ano máis!!
xoixe

Experto no foro
Experto no foro
23/08/05
188 Carreiras
3860 Mensaxes
CAMBADOS
Respostar citando Envío Sáb, 05 Set 2015, 22:46
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

Por tradición e para non perder a racha de 13 anos consecutivos, Xoixe tamen sera da partida o domingo dia 13 en Meaño. Bailar
Non me da chejado o día Ríndose

Dios dea salú, que sobra onde destrajala...
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 07 Set 2015, 10:56
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)

Necesito Ayuda para llegar. Voy por autopista desde Santiago.
Si salgo en salida 119 (Cambados/Sanxenxo...) y luego en la 14 (Meaño/Dena) voy bien?
A Praza da Feira está bien señalizada?
Suele haber donde aparcar cerca?
Gracias. Espero poder compartir ese día con todos vosotros.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos