Mar, 21 Xul 2015, 15:48 Asunto: VIII Carreira Monte de Santa Cruz-Ribadeo (29/08/15)
Sábese algo da carreira do monte de Santa Cruz en Ribadeo. É a carreira de Ribadeo por antonomasia. Recorrido duro arredor dun mirador privilexiado sobre a Ría de Ribadeo.
Mar, 21 Xul 2015, 16:05 Asunto: Re: CARREIRA MONTE DE SANTA CRUZ EN RIBADEO
Este ano é o sábado 29 de Agosto...dentro duns días estará publicada en championchip.
hangelares
Novo foreiro
21/07/15
56 Carreiras
5 Mensaxes
Mar, 21 Xul 2015, 16:27 Asunto: Re: CARREIRA MONTE DE SANTA CRUZ EN RIBADEO
Gracias quercus22, mantennos informados.
O circuito segue sendo o mesmo con aquela costa tan dura?
Realmente o que subía a costa podía considerar que estaba en boa forma.
hangelares
Novo foreiro
21/07/15
56 Carreiras
5 Mensaxes
Ven, 24 Xul 2015, 16:39 Asunto: Re: CARREIRA MONTE DE SANTA CRUZ EN RIBADEO
A carreira xa está anunciada en championchipnorte. e parece que con novo percorrido.
Podes adiantarnos algo quercus22.
Gracias
quercus22
Novo foreiro
21/07/15
0 Carreiras
4 Mensaxes
Dom, 26 Xul 2015, 16:50 Asunto: Re: CARREIRA MONTE DE SANTA CRUZ EN RIBADEO
O lugar da carreira vai ser o mesmo, pero este ano en lugar de dar duas voltas a un circuíto de 4 km, darase unha volta a un percorrido de 7,100Km.
E si, esa costa segue estando no percorrido...
hangelares
Novo foreiro
21/07/15
56 Carreiras
5 Mensaxes
Mar, 28 Xul 2015, 15:58 Asunto: Re: CARREIRA MONTE DE SANTA CRUZ EN RIBADEO
Hai algún sitio onde se poida ver o percorrido?
Tedes pensado facer algunha quedada?
Grazas
quercus22
Novo foreiro
21/07/15
0 Carreiras
4 Mensaxes
Dom, 02 Ago 2015, 16:42 Asunto: Re: VIII Carreira Monte de Santa Cruz-Ribadeo (29/08/15)
Todas a semanas a xente do Club Atletismo Ribadeo fai un adestramento colectivo no circuito, se alguén se quere apuntar que fale con calquera membro do club...
quercus22
Novo foreiro
21/07/15
0 Carreiras
4 Mensaxes
Dom, 23 Ago 2015, 17:18 Asunto: Re: VIII Carreira Monte de Santa Cruz-Ribadeo (29/08/15)
Hangelares como viches o novo percorrido?
hangelares
Novo foreiro
21/07/15
56 Carreiras
5 Mensaxes
Lun, 24 Ago 2015, 8:09 Asunto: Re: VIII Carreira Monte de Santa Cruz-Ribadeo (29/08/15)
Ben.
É unha especie de oito.
O primeiro quilómetro é levadeiro. Despois ven a rampa dura de tódolos anos (que hai que subir tamén no quilómetro 6).
Pasamos polo pé da meta e despois subimos ata o repetidor, despois ven unha baixada e a gran novidade do percorrido, unha baixada duns 400 m. moi técnica. Logo unha longa e dura subida de preto de 1.200 m. Así chegaremos ao quilómetro 5, mais ou menos. Desde o 5 ao 6 o terreno e moi favorable. Ao empezar o quilómetro 6 ven a rampa dura (sobre 150 m) e desde que se coroa ata a meta terreo favorable pero irregular.
Hai que estar en boa forma para facelo pero pásase moi ben.
Ánimo aos seguidores da páxina a que se apúnten o percorrido non os vai defraudar.
Balseiro
Novo foreiro
14/08/14
1 Carreiras
2 Mensaxes
Alfoz
Dom, 30 Ago 2015, 14:23 Asunto: Re: VIII Carreira Monte de Santa Cruz-Ribadeo (29/08/15)
Fotos:
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Podes descargar arquivos