Lun, 20 Abr 2015, 14:23
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)
Dende O club corredoiras queremos anunciar que xa está aberta a compra de billetes de maneira anticipada para todos os corredores, participantes da andaina e acompañantes. O prezo do billete será de 8€ por persoa, este prezo reducido so será aplicable para os barcos que saian dende o peirao de Bueu a mañá do Domingo día 17 de Maio de 2015.
Os horarios de saída dos barcos serán as 08:45H, 09:00H e as 09:30H e os horarios da volta serán as 17:00 e as 19:00, disporanse os barcos necesarios en cada horario para poder levar e traer a todos os participantes. Estes horarios non podemos cambialos xa que son impostos polos organismos.
Para comprar o billete débese cubrir o formulario da páxina web do clube:
corredoirasbueu.wordpr...lete-illa/
Unha vez comprado o billete a organización da carreira asignará o horario de saída a cada participante(corredor ou andaina) e acompañantes para facer o máis fluído posible o embarque. O horario de volta preferente pódese marcar no formulario. O importe da compra do billete non poderá ser devolto por cuestión axenas o clube.
Todos os participantes na carreira e andaina deben de comprar o billete a través da nosa páxina xa que é o único medio oficial de transporte. Os dorsais ( que levarán os billetes do barco incluído dentro da bolsa) pódense recoller o día anterior en Bueu na sala amalia Domínguez Bua (horario 11:30 a 14:00 pola tarde 18:00 a 20:00) ou o mesmo dia a partir das 08:00 no peirao de Bueu no local das redeiras.
Recordamos que o importe do billete do barco non se pode devolver.
Un saúdo e moitas gracias pola vosa colaboración,
Clube corredoiras Bueu