Foros ›
Autor
Mensaxe
CorredoirasBueu

Organización
Organización
7/04/15
0 Carreiras
233 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Abr 2015, 18:52
Asunto: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)



O clube Corredoiras de Bueu coa colaboración do Concello de Bueu organizan a II Volta a Illa de Ons o vindeiro 17 de Maio de 2015. Este ano as inscripcións faránse a través da páxina web do Clube:
corredoirasbueu.wordpr...cripcion/.
O Prazo de inscricion estará aberto dende o 9 de Abril as 00:00 ata o 9 de Maio as 24:00 horas cun límite de 350 participantes, todos aqueles que desexen participar deben ser maiores de 18 anos o día da proba e deberán aboar 15€ en concepto
de inscrición, esta cuota inclúe o dorsal, bolsa de agasallos con camiseta conmemorativa, froita e bebidas e información turística e medioambiental da Illa. O método de pago será mediante transferencia bancaria,
os datos se facilitarán por correo electrónico unha vez feita a preinscripción. En paralelo a esta proba tamén se celebrará unha andaina da cal damos información máis abaixo.
Na mesma páxina do clube mostrarase información acerca da compra dos billetes para desprazarse en barco ata a Illa de Ons. Os prezos dos billetes terán unha rebaixa especial co gallo da carreira, sendo de só 8€
para os participantes e para todas aquelas persoas que queiran acompañar ou simplemente vixitar esta fermosa Illa.

Máis Información:
CATEGORIAS
Absoluta masculina e feminina.
ENTREGA DE DORSÁIS
O día anterior á proba na sala Amalia Domínguez Búa de Bueu na Rúa Eduardo Vincenti Nº2 (Horario por confirmar) e o mesmo día da proba no peirao de Bueu a partir das 8:00h da mañán.
DISTANCIA
O percorrido estará sinalizado e balizado ao longo dos 19 kilómetros discurrindo por camiños afastados das zonas sensibles respecto da flora e fauna. O desenvolverse a proba nun Parque Nacional,
queda prohibido saír das zonas habilitadas como roteiros.
TROFEOS:
Para os tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina.
Data: Domingo 17 de Maio de 2015 Hora: 11:30 Lugar: Illa de Ons O control da proba pecharase ás 14.00 horas
ACTIVIDADE “ANDAINA”:
Dificultade BAIXA. Distancia entre 5 e 7 km. Duración aproximada 2h. Saída despois de que comece a carreira. A actividade é gratuíta excepto o barco que custa 8 € por persoa (ida e volta).
Forma de inscrición: a través do formulario da páxina web do clube: corredoirasbueu.wordpr...-andaina/. A inscrición nesta actividade pode facerse de maneira colectiva.
SERVICIOS:
Disporase de servicio de duchas en gardaroupa para os participantes da carreira.
COMIDA:
Para quen o desexe ofertarase un menú a 8 € tanto en Casa Checho e en Casa Acuña.
RESERVA DO MENÚ:
Recoméndase ás persoas interesadas en comer nos restaurantes colaboradores (tanto corredores/as como acompañantes e participantes na andaina), que fagan a correspondente RESERVA nos seguintes teléfonos:
CASA CHECHO: 639 563 572
CASA ACUÑA: 986441678 - 696991989
As reservas poden facerse do menú de 8 €, especialmente ofertado con motivo da carreira, ou en relación a calquera outro que se queira encargar.
RESERVA BILLETES:
Próximamente informaremos da venda dos billetes e os horarios para reservar directamente coas navieras.
NORMAS:
O día da proba non está permitido o uso de bicicletas (excepto pola organización) na Illa, polo que non será posible subilas ao barco.
Contacto: corredoirasbueu.wordpr.../contacto/
Correo electrónico: clubcorredoirasbueu @ gmail.com



Última edición por CorredoirasBueu o Mér, 06 Mai 2015, 8:05; editado 4 veces
CorredoirasBueu

Organización
Organización
7/04/15
0 Carreiras
233 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Abr 2015, 18:59
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)

Reservado
JoseDuran

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/06/13
46 Carreiras
154 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Abr 2015, 20:59
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)

Tengo una duda:¿al separar inscripción de billete de barco, no se corre el riesgo de que algún corredor se quede sin barco? Creo que sería bueno que la inscripción incluyese el barco.
Un saludo
CorredoirasBueu

Organización
Organización
7/04/15
0 Carreiras
233 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 08 Abr 2015, 5:38
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)

JoseDuran escribió:
Tengo una duda:¿al separar inscripción de billete de barco, no se corre el riesgo de que algún corredor se quede sin barco? Creo que sería bueno que la inscripción incluyese el barco.
Un saludo
O antes posible poremos máis información acerca da compra dos billetes do barco, este ano será o concello o que facilitará unha central de venda de billetes que se poderán ( e así o recomendaremos) comprar por anticipado. As saidas serán a partir das 9 da mañán e as navieiras teñen capacidade bastante para levar e trae a toda a xente, ten en conta que no verán un domingo de bo tempo a illa pode ter unha afluencia de máis do dobre do que teremos ese día.
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Mér, 08 Abr 2015, 9:23
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)

Me parece moi ben que as inscripcions se fagan a través da paxina web do club organizador,aforrando diñeiro respecto a facelas a través de unha de esas empresas especializadas, pois sinón, entre pitos e flautas o desembolso económico total sería un tanto elevado, tendo ademáis en conta aos familiares acompañantes.
"Sobra" que en concepto de inscripción se incluia folletos turístico-medioambientais, os folletos son totalmente gratuitos para tod@s . Entendo que sería mais que nada para "encher" a bolsa do corredor. Ríndose
Se entende que os responsables competentes tomarán as debidas medidas de máxima protección do medioambiente da illa. De ísto creo que en gran parte dependerá o futuro de este extraordinario evento deportivo.

Friends forever
FLECHA

Novo foreiro
Novo foreiro
25/03/15
0 Carreiras
3 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 08 Abr 2015, 20:37
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)

non hai medalliña de finisher? a min fanme moita ilusión e o diplomiña tamén,froita e auga xa levo eu
CorredoirasBueu

Organización
Organización
7/04/15
0 Carreiras
233 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 08 Abr 2015, 21:03
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)

FLECHA escribió:
non hai medalliña de finisher? a min fanme moita ilusión e o diplomiña tamén,froita e auga xa levo eu

Sintoo moito non vamos a poder cumprir coa túa ilusión Triste non temos presuposto para tanto ouro ( porque terian que ser de ouro a carreira non se merece menos), eso si se queres diploma podemos chegar a un acordo, pero en formato PDF en papel no vai poder ser, non queremos contribuir a tala de árbores no amazonas... Guiño
Ahora en serio, intentaremos que o pasedes moi ben disfrutando da carreira e do entorno, esperamos que ese sexa regalo suficiente (xunto coa camiseta)
FisionBoy

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/03/14
59 Carreiras
244 Mensaxes
Muíños
Respostar citando Envío Mér, 08 Abr 2015, 22:57
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)

FLECHA escribió:
non hai medalliña de finisher? a min fanme moita ilusión e o diplomiña tamén,froita e auga xa levo eu

Jajajaja moi bo Bailar
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Xov, 09 Abr 2015, 7:58
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)

Me da a impresión que esta carreira é maís un trail, que outra cousa.
Nunca fixen un trail, e non tiña pensado facelo, pero si que me chama moito a opción de poder correr por Ons.
Intentarei organizar para poder visitar coa familia a illa, e pasar un bo día.
Unha pregunta, vades a inscribila no circuito?
CorredoirasBueu

Organización
Organización
7/04/15
0 Carreiras
233 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Abr 2015, 11:31
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)

sanmikel escribió:
Me da a impresión que esta carreira é maís un trail, que outra cousa.
Nunca fixen un trail, e non tiña pensado facelo, pero si que me chama moito a opción de poder correr por Ons.
Intentarei organizar para poder visitar coa familia a illa, e pasar un bo día.
Unha pregunta, vades a inscribila no circuito?
Vou consultalo coa directiva o tema do circuito e vos digo algo, en canto a proba decirvos que transcurre por pistas de terra uniformes non ten a complicación dun trail de montaña no que podes atravesar rios e subir case escalando pero tampouco ten un perfil "suave" que digamos, deixémolo en carreira popular pedestre por terra, un saudo.
FisionBoy

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/03/14
59 Carreiras
244 Mensaxes
Muíños
Respostar citando Envío Ven, 10 Abr 2015, 13:39
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)

sanmikel escribió:
Me da a impresión que esta carreira é maís un trail, que outra cousa.
Nunca fixen un trail, e non tiña pensado facelo, pero si que me chama moito a opción de poder correr por Ons.
Intentarei organizar para poder visitar coa familia a illa, e pasar un bo día.
Unha pregunta, vades a inscribila no circuito?

Eu teño feito trails e aseguroche que o desnivel é bastante suave, ademais non é nada técnico polo que din que vai por pistas.

Eso si, o desnivel é sen embargo suficiente para coller desprevido a mais dun espabilado que vai a pagar a novatada dunha rompepernas
ivarnaiz

Novo foreiro
Novo foreiro
4/06/14
0 Carreiras
10 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 10 Abr 2015, 23:06
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)

Unha dúbida!

Vai haber servicio de gardarroupa? E duchas? A que hora volvería o barco?

Igual pregunto demáis, pero vou de lonxe.


Saúdos!
CorredoirasBueu

Organización
Organización
7/04/15
0 Carreiras
233 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 11 Abr 2015, 7:51
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)

ivarnaiz escribió:
Unha dúbida!

Vai haber servicio de gardarroupa? E duchas? A que hora volvería o barco?

Igual pregunto demáis, pero vou de lonxe.


Saúdos!

Sí, vai a haber servicio de gardarroupa e servicio de duchas, este ano os billetes para os barcos compraranse directamente ás navieras (a través dunha central de billetes que abrirá o concello para facilitar a compra), así que o tema dos horarios vai depender de eles, nos garantizamos os horarios de saída que serán ás 9:00 - 9:15 - 9:30, en canto teña máis información será publicada aquí, no facebook, por correo ós inscritos e máis na páxina web. O ano pasado a volta dos barcos empezou a partir das 17:30, este ano será algo parecido, recordade que hay que volver no mesmo barco no que se foi e vai haber prazas para todos, o que seguramente fagamos será dalgunha maneira darlle prioridad os corredores para que cheguen a illa o antes posible.

Un saúdo
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4694 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Sáb, 11 Abr 2015, 10:35
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)

tiene una pinta espectacular,y es de agradecer el esfuerzo y el trabajo por organizar una carrera en las ons,sobretodo por la logistica,si pedis la inclusion en el circuito de correr en galicia,se agradeceria mucho.gracias

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
FisionBoy

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/03/14
59 Carreiras
244 Mensaxes
Muíños
Respostar citando Envío Sáb, 11 Abr 2015, 15:23
Asunto: Re: II Volta a Illa de Ons (17/05/2015)

CorredoirasBueu escribió:
ivarnaiz escribió:
Unha dúbida!

Vai haber servicio de gardarroupa? E duchas? A que hora volvería o barco?

Igual pregunto demáis, pero vou de lonxe.


Saúdos!

Sí, vai a haber servicio de gardarroupa e servicio de duchas, este ano os billetes para os barcos compraranse directamente ás navieras (a través dunha central de billetes que abrirá o concello para facilitar a compra), así que o tema dos horarios vai depender de eles, nos garantizamos os horarios de saída que serán ás 9:00 - 9:15 - 9:30, en canto teña máis información será publicada aquí, no facebook, por correo ós inscritos e máis na páxina web. O ano pasado a volta dos barcos empezou a partir das 17:30, este ano será algo parecido, recordade que hay que volver no mesmo barco no que se foi e vai haber prazas para todos, o que seguramente fagamos será dalgunha maneira darlle prioridad os corredores para que cheguen a illa o antes posible.

Un saúdo

Que a volta é as 17.30? Mi madriña qué tarde non? E non hai mais comida que a froita e as bebidas?

Estoume poñendo nervioso Disimulando





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos