Foros ›
IV Travesía Integral de Picos, 23-24/Xuño/07
Forum Index / Carreiras de Montaña
This topic is locked: you cannot edit posts or make replies.

Author
Message
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Posts
Castiñeiras
Reply with quote Post Thu, 12 Jul 2007, 10:24
Post subject:

yosi, amijo, queremos unha crónica, non fai falla que prepares unha tesis doctoral. Nin se che ocurra facela por entregas, toda de jolpe.

sexo, cubata e os 40 principales.
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Posts
O Barbanza
Reply with quote Post Thu, 12 Jul 2007, 11:27
Post subject:

Iso, iso, veña yosi non te fagas de rogar... Wink
Cóntanos, que estamos a pensar en apuntarnos para o ano, e seguro que tes moitas cousas interesantes que contar...
yosi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
20/10/06
0 Carreiras
907 Posts
Valdeorras/Lugo
Reply with quote Post Tue, 17 Jul 2007, 21:42
Post subject:

sinto moitísimo o retraso desta crónica, pero é que me foi imposible sacarlle un rato libre a este foro nas últimas semanas... non é que estivera a preparar unha tese doctoral, como di castinheiras, simplemente é que non puiden entrar antes a lervos nin escribirvos... Sad Sad

en fin, pois quizais debería empezar dicindo e recoñecendo que a preparación non foi a idónea nin a desexada... tal vez me confiei un pouco pensando que mantendo e afinando a forma acadada para Mapoma un chisco máis me ía chegar para, cando menos, terminar esta aventura con dignidade... pero nada diso. Cool

pode que a clave estivera no que apunta Marola, no relativo a que me faltaron as necesarias rodaxes largas... moito máis que para unha maratón, e por monte. Ahí fallei. Adiqueime a facer moito fondo, moita forza, moita piscina, pero nada de grandes marchas e moi pouquiño adestramento de trail... e iso nótase nunha historia destas, con calambres xa na 3ª hora de travesía... Embarassed Embarassed

o certo é que non me atopei agusto nin cómodo en ningún momento da carreira... non é que arrastrara problemas físicos previos, pero é que a propia hora de saída da carreira xa te limita nese aspecto... pensade que dan o pistoletazo ás 5 hs da madrugada, feito que te obriga a erguerte como mínimo ás 3 para desayunar ben con tempo e para subir ata a zona dos Lagos (dende Cangas de Onís, no meu caso), que é onde está a saída... sei de varios participantes que montaron a tenda de campaña para pernoctar arriba e estar máis descansados, cousa que non descarto para unha vindeira ocasión...
o caso é que erguerse ás 3 conleva descansar pouco e durmir menos, por moi pronto que trates de deitarte, e máis se se xuntan os nervios da primeira vez... e iso pasa factura, sobre todo muscularmente.

moita néboa e bastante frío na saída... non se vía un burro aos tres pasos, de feito case me peto con unha vaca que estaba chantada no medio do camiño... impresionante oir as esquilas na metade da noite...
moi recomendable levar unha boa frontal (halóxena, a poder ser), con boas pilas (alcalinas, a poder ser)... eu paguei a novatada e tiven que ir case todo o rato seguindo a un grupo que levaba boa iluminación ata que empezou a clarexar e a néboa quedou atrás... ou embaixo, mellor dito.
moi recomendable facer o primeiro tramo da travesía (o que se fai de noite, ata que amañece) en grupo, para evitar sustos e sorpresas desagradables... Confused Confused

a primeira subida, ao Jou Santu, por Vegarredonda, non é moi dura, pero xa vai poñendo a cada un no seu sitio... eu cheguei arriba xa un chisco tocado, con malas e raras sensacións, con sensación de moito peso na mochila... logo percateime de que tamén nese sentido paguei a novatada... demasiada comida, demasiado líquido, demasiada roupa... miraba para as mini-mochilas dos outros participantes e flipaba...

iso sí, ver amencer sobre un mar de nubes aló enriba xa merece a pena para pagar a inscripción e sufrir todo o que faga falta... realmente impresionante... Shocked Shocked Shocked

no comezo da baixada a Caín por Mesones, doume conta de que me adianta todo dios, de que esa xente voa subindo, pero moito máis baixando... eu teño que facer auténticos esforzos para non caer e manter un mínimo de estabilidade, e outros semella que non tocan nin o chan, baixan por pedreros e neveros como de fose asfalto... Shocked

a baixada por Mesones está perigosa, moi esbaradiza, coa herba e o sendeiro mollado pola néboa.
intento ir bebendo e comendo, pero non me entra gran cousa.
empezo xa a acusar o cansancio e a presión mental de ir xa tan cascado a esas alturas da travesía... algunha caída e xa moitos calambres nos cuádriceps.

chegada a Caín en 3h50min. e avituallamento con calma... hai de todo... fruta, frutos secos, barriñas enerxéticas, auga, isotónicas... bótase en falta algo máis sólido, tipo bocatas... pero xa levaba eu algo na mochila...

encaro a seguinte subida con moita calma, e confiando en que o estado físico mellore... pero é bestial, inhumana... mesmo hai tramos de trepada ao principio. Ã? a subida polo canal de Dobresengos ata o Jou Grande e logo a Horcada de Caín, salvando un desnivel de case 2000 metros (como quen sube un edificio de 600 pisos sen ascensor)... Shocked Shocked
aquí foi onde terminei de virme abaixo... e maís mental que físicamente... abúrrese un de subir, non se ve o final, e peor coa néboa... non me quero nin lembrar... tiven que pararme moitísimas veces para descansar, para comer, para beber... e seguían os calambres.
póñome como única meta chegar ao seguinte avituallamento e logo a ver... salgo da néboa e comprobo que o sol xa casca con forza... todo son problemas... excepto a paisaxe, o único que me fai disfrutar... realmente espectacular.

chego a Horcada de Caín moi feito polvo, pero reconforta ver o Urriellu, e saber que ás súas faldas está o avituallamento... a baixada dende este punto ata alí é moi técnica e moi dura, co camiño pouco definido, e atravesando abundantes neveros... doume conta de que o cansancio se vai transformando pouco a pouco en dor, e cada nova pisada é un suplicio muscular...
no avituallamento decido abandoar pensando en que xa pasei o peor, pero tamén en que o que me queda é case a metade da travesía, con zonas moi duras de subida e baixada... probablemente houbera chegado, pero de noite e sufrindo coma un can... penso que non merecía xa a pena, e que máis vale tentalo noutra ocasión.

moi recomendable, amigos barbanzon e castinheiras... sobre todo polo que a nivel organizativo se refire, moi ben sinalizada (case imposible perderse), pola xente da organización, moi amable e disposta a axudarche e indicarche, polo ambiente de compañeirismo entre os participantes, e sobre todo pola paisaxe...
asegúrovos que é toda unha experiencia facer esta travesía... ou intentalo, e que non quedaredes decepcionados, sexa cal sexa o resultado... Wink
iso sí, preparadea ben e a conciencia... e tamén vos recomendaría que inspeccionásedes o percorrido todo o que puidésedes, en plan sendeirismo, para saber realmente a que vos enfrentades... pódese facer ben organizando as rutas...
e esquecédevos de correr... non é que non se poida, que hai zonas nas que sí, pero é mellor andar rápido nas subidas e baixadas, e trotar nas zonas de llano... para non castigar tanto as pernas, que en tantas horas de travesía calquera esforzo extra pasa factura...
bueno, salvo os primeiros clasificados, que eses non sei que gasolina levan... o que gañou fixo 9 hs escasas... un tal Salvador, de León, máis coñecido por adxudicarse este ano contra todo pronóstico a Maratón da Gran Muralla China...

espero haber saciado a vosa curiosidade e servirvos de axuda... a ver se vos animades con este par de enlaces a unhas coleccións de fotos da travesía que atopei por internet... son para flipar:

picasaweb.google.es/co...Europa2007
(nesta salgo nas fotos 12 e 13...)

picasaweb.google.es/PE...ISDEMALAGA

aconséllovos que vos paredes un rato a velas se tedes tempo, porque paga a
pena...


eu espero poder repetir o ano que ven, ou dentro de dous... xa veremos.
O caso é que dende o mesmo momento no que decidín abandoar non fago máis que pensar no xeito de terminala... en mellorar a preparación, en levar mellor equipo, en recoñecer a parte do percorrido que me falta por completar... menudo son eu cando se me mete algo na cabeza... Twisted Evil Twisted Evil Twisted Evil

saúdos!!! Razz Razz Razz

sexo, zume de melocoton & rock'n roll
MarioeIsa

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
20/06/05
0 Carreiras
1162 Posts
Estrella de Galicia
Reply with quote Post Tue, 17 Jul 2007, 23:18
Post subject:

Impresionante reportaje fotografico

Impresionante cronica Amigo Yosi.... Mi enhorabuena por disfrutar de esa aventura, no te preocupes por no terminarla, te cargaste de experiencia para la proxima... y la proxima... y la proxima.... que estoy seguro que seran todas tuyas.

Empezaste muy fuerte en esto y fuiste a elegir una maxima... los tienes muy bien puestos!.

Enhorabuena de nuevo... cuidate y descansa, que vendran mas.....

Un saludo!!!! (gracias por esa cronica y permitir que disfrutaramos a tu lado unos instantes) Wink Wink

Salud y Kilometros
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Posts
O Barbanza
Reply with quote Post Wed, 18 Jul 2007, 9:25
Post subject:

Estupenda crónica da carreira yosi, moitas gracias por compartir con nos a tua experiencia. Para o ano vémonos aló Wink
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Posts
Castiñeiras
Reply with quote Post Wed, 18 Jul 2007, 10:41
Post subject:

Seguro que para o ano, vas ter como mínimo, dous compañeiros máis para ir contigo a rematar esa proba. Xá teño a barbanzon comendome a orella.
Marola

Mod
Mod
19/11/05
0 Carreiras
2609 Posts
Ames
Reply with quote Post Wed, 18 Jul 2007, 13:58
Post subject:

Preciosa tu crónica Yosi, hacía tiempo que no me emocionaba tanto al leer una, me sentí contigo en esos neveros y casi oía el ruído de las esquilas de las vacas... Gracias por compartirla con nosotros.

Después de ver las fotos no podía sacarme de la cabeza el título de esos maravillosos documentales de TVE Al filo de lo imposible; me dejaron sin palabras esas rampas que parecen sólo hechas para escalar y esos campos de nubes que se extendían a vuestros pies. Fantásticas.

Decir que me distéis envidia es poco, daría algo por poder hacerla (para que luego diga Fema que no me interesa la montaña Rolling Eyes ), pero me parece de Ciencia Ficción. Sad

Un abrazo Superman. Wink Laughing Laughing
fema

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/08/05
0 Carreiras
1466 Posts
Santiago do Burgo, Culleredo
Reply with quote Post Wed, 18 Jul 2007, 14:11
Post subject:

Sigo diciendo compañero, que yo de mayor quiero ser como tú.

Todavía me dura la emoción al ir leyendo tu crónica y ver las fotos. Sólo con el hecho de plantearse algo así dice mucho de ti.

Cuidate, descansa y si te apetece, el 5 de agosto hay una al lado de Castropol en Asturias, a la cual fui yo el año pasado y es muy recomendable. Organización muy cariñosa y aunque se llama Carrera de Montaña Monte Pousadoiro, no tiene que ver mucho con una típica carrera de montaña, ya que aunque la mitad es de un ascenso continuo, la otra mitad es por una bajada, todo por buenas pistas, que no te impiden dejar de correr nunca, y tiene unas vistas preciosas y correr se corre por el monte.

Un abrazo,

Fema

HALA UNIÓN, siempre estarás en mi corazón. Unión sólo hubo una. corunacomarca.blogspot.com.es/
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Posts
Castiñeiras
Reply with quote Post Wed, 18 Jul 2007, 16:59
Post subject:

Ten boi pinta esa de Castropol, ademais quedame o lado da casa, a unhas tres horas en coche. Boa disculpa para achegarse ata Asturias, en fin, que ¡non sei porque carallo! tuvestes que decir nada, amigo fema, que agora xá me ferve o corpo e a mente.
fema

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/08/05
0 Carreiras
1466 Posts
Santiago do Burgo, Culleredo
Reply with quote Post Thu, 19 Jul 2007, 8:29
Post subject:

Pues preparate cuando empiece hacer publicidad de ellla. Desde la zona de Corrubedo, vais acabar poniendo un autobús.

En serio, yo fui el año pasado y para mi fue uno de los días mejores del verano, por la mañana una carrerita deliciosa (algo dura porque se trata de subir 5 kilómetros, sin excesiva pendiente pero siempre para arriba, bajar otros 5 que en mi caso se hacen casi más duros y un kilómetro final en cuesta por una pradera con árboles que hay que hace que te apetezca pararte a "descansar", pero los últimos 200 metros son en bajada con un público (todos los acompañantes volcadísismo) con unos paisajes bárbaros y una organización volcada y exageradamente cariñosa, que contagia. Y por la tarde, una playita de espéctaculo. Es una pena que coincida con la de Viveiro (muy atrayente también pero al parecer la fecha de la de Pousadoiro ya estaba puesta antes)

Bueno, con permiso del Sr. administrador y sino también Laughing , la semana que viene abriré un post en el foro general porque este a veces sólo es leído por los "especialistas" Cool y no quiero que nadie no sepa de esta carrera (aunque desde la organización de Viveiro, me consideren persona non grata)

Un abrazo y ya iremos hablando.

Fema

Yosi campeón.

HALA UNIÓN, siempre estarás en mi corazón. Unión sólo hubo una. corunacomarca.blogspot.com.es/
gallego

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
28/02/06
0 Carreiras
1815 Posts
Santiago
Reply with quote Post Thu, 19 Jul 2007, 23:15
Post subject:

Yosi, IMPRESIONANTE. Que sepas que ya me está picando el gusanillo, de todas formas creo que para una carrera de estas sacrificas toda la temporada y mucha parte del tiempo libre. De todas formas ya se verá, lo que hace VIAJES MAROLA. Evil or Very Mad Evil or Very Mad Evil or Very Mad .

Un saludo a todos, aunque prestado en Santiago, natural de Santa Comba.
yosi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
20/10/06
0 Carreiras
907 Posts
Valdeorras/Lugo
Reply with quote Post Thu, 19 Jul 2007, 23:53
Post subject:

moitísimas gracias polas vosas palabras... Embarassed Embarassed Embarassed

alégrome de metervos o gusanillo no corpo un pouquiño máis, castinheiras... non me importaría ter a dous compañeiros de fatigas nunha próxima ocasión, e menos se son do foro. Todo o contrario, estaría encantado. Very Happy Very Happy

amigo fema... sentindoo moitísimo, penso que non vou poder estar nesa carreira de Castropol... e é que esa fin de semana me cae fatal, pois coincide nin máis nin menos que coa festa do meu pobo...
ademais, que eu agora xa che estou en plan moi vago... facendo máis bici que correndo, descansando moito e cargando pilas para unha nova "temporada"... espero que caia unha nova maratón en outono (probablemente Atenas), e outra en primavera (probablemente Londres... xa falaremos, Maroliña)... pero xa che digo, de momento, desconectando un pouco de correr e deixando descansar as "zapas".

saúdos, gallego... sacrificas moito con unha historia destas, pero asegúroche que merece a pena... e dígocho eu, que terminei tirado a metade de carreira... Wink

sexo, zume de melocoton & rock'n roll





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum