Foros ›
Autor
Mensaxe
Annie

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/10/09
86 Carreiras
697 Mensaxes
A Veiga e Ponferrada
Respostar citando Envío Mar, 17 Mar 2015, 22:42
Asunto: Re: Ferreirúa baja el telón

Para mín a carreira da Ferreirúa era un clásico no meu calendario, todos os anos, estivera coma estivera, percorría os 120 kms desde Ponferrada ata alí para participar nunha proba enxebre coma poucas.

Nos tres anos que poiden participar, teño un gran recordo do ambiente e da animación das xentes daquela aldea.

Teño unha conta pendente con aquelas costas, e penso e espero poder correr máis anos. Desexo de todo corazón que esto sexa só un "Ata pronto" e non un "Ata sempre".

Unha aperta a toda a organización e as xentes da Ferreirúa.

Las aventuras y desventuras de la Cofradía del Trote Cochinero Sorriso

lacofradiadeltrotecoch...gspot.com/
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Mar, 17 Mar 2015, 23:19
Asunto: Re: Ferreirúa baja el telón

Mágoa que esta carreira se deixe de celebrar, xa que para min non era unha carreira calquera, para min era "A CARREIRA".

Non terían os recursos e servicios das grandes cidades, pero o superaban con creces en organización e o agarimo co cal as xentes de ali nos trataban.

Gardo o bonito recordo dun ano que me quixen poñer na saida o final de todo, pero non saín o último... Un pouco antes de dar a saida xiro a cabeza e me encontro detrás miña o gran Pedro Nimo, non diante como nas outras carreiras, senón detrás como un máis dos que alí estabamos. Outro ano, teño o recordo de conversar cunha señora maior, sentada nun banco, que me decía con orgullo o bonito que era a súa aldea; outras veces os veciños te invitabab a tomar un grolo de viño, e algún corredor atrevido aceptaba a xenerosa oferta para logo continuar coa carreira; o "aguador" coa sua moto levando as botellas detrás na cesta...

Das outras carreiras sacas os tempos, os ritmos, os postos... pero de ningunha sacarei os recordos que me levo de Ferreirúa.

Mágoa me da saber que o final fumos nos, os propios corredores, os que lle demos as costas a esta carreira. Espero que recapacite a organización e tamén o fagamos os corredores; e que isto seña só unha pausa e non un ata sempre.

Os que alí estivemos teremos uns nostalxicos recordos, pero os que nunca tiveron ocasión de ir non saberan o significado de correr en FERREIRUA.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos