Foros ›
VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Mar 2015, 22:39
Asunto: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

Ide marcando esta data na vosa axenda. Pronto teredes info da carreira na web.
Como sempre, será unha carreira popular e de balde!.
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Ven, 13 Mar 2015, 7:39
Asunto: Re: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

Club_Atletismo_Porriño escribió:
Ide marcando esta data na vosa axenda. Pronto teredes info da carreira na web.
Como sempre, será unha carreira popular e de balde!.

Anotamos pois. Guiño
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1147 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Mar 2015, 12:39
Asunto: Re: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

Intentarei estar que xa hai unhas cantas edicións que non podo acudir...
bulebule

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/11/11
298 Carreiras
97 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Mar 2015, 21:11
Asunto: Re: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

De balde!! como molan os clásicos. Coma min, ali estarei.
lisi

Novo foreiro
Novo foreiro
3/02/14
20 Carreiras
34 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 15 Mar 2015, 16:03
Asunto: Re: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

Donde hay que inscribirse,gracias.
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Mar 2015, 10:04
Asunto: Re: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

Supoño que habilitarán un espazo no seu site, como o ano pasado, pero como comentan no inicio do fío, aínda non teñen nada publicado, pero pronto o terán.
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Mar 2015, 23:38
Asunto: Re: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

karris escribió:
Supoño que habilitarán un espazo no seu site, como o ano pasado, pero como comentan no inicio do fío, aínda non teñen nada publicado, pero pronto o terán.
Así é, karris.
@lisi, en breve colgaremos toda a info da carreira. Esperamos facelo na próxima fin de semana. Non vos preocupedes que xa vos avisaremos por este foro, polas redes sociais e pola nosa páxina web.

Saúdos.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Mar, 17 Mar 2015, 0:10
Asunto: Re: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

Ya tenía otra carrera en mente para ese día... pero As Agüiñas están por delante, por supuesto. Nos vemos el 17.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Mai 2015, 7:27
Asunto: Re: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

Como xa comentamos, aVIII Carreira As Agüiñas será o día 17 de maio nas Instalacións do Club Atletismo Porriño no Polígono de A Granxa (O Porriño), a carón do EKO AMA e o CTAG. Como ven sendo habitual nesta carreira, primará o carácter estrictamente popular. Non imos realizar unha carreira de moito orzamento, primeiramente porque non podemos, e de segundo, porque non responde á nosa filosofía de club. Estamos na obriga moral de tratar isto como o que é, atletismo popular. Así naceu, e así debemos continuar o proxecto.

A carreira será de balde. Entendemos que non debemos cobrar por correr non podemos cobrarlle un duro á xente, e polo tanto, botaremos as horas que sexan necesarias enriba disto para que así sexa!. Non vos esperedes unha carreira cronometrada con chip, camiseta na chegada, e todo tipo de detalles. Será unha carreira sobria neste aspecto, o que non quita que sexa unha carreira seria e feita con cariño. Tomaremos nós mesmos os tempos, levaremos a secretaría, e daremos unha botella de auga e si podemos unha peza de froita. Tentaremos coidar todo tipo de detalles, ese é o plan. Sempre o fixemos así, e xs participantes nunca se queixaron, polo tanto, o seguiremos facendo mentras teñamos ganas e forzas.

A xente que se anote a esta carreira e non faga acto de presenza, será descalificada para as posteriores edicións, non puidendo participar na proba nunca máis. Isto é moi doado de controlalo, e polo tanto o aplicaremos sen nengún pudor. O motivo é que despois de sopesar moitas opcións que eviten o desplante de última hora moi habitual nas carreiras onde non se cobra, decidimos que cada quen debe ser responsable dos seus actos. Pregámosvos que do mesmo xeito que este grupo fai un tremendo esforzo na organización, fagades o mesmo esforzo en planificar a asistencia á proba. De non ser así, e antes de que remate o prazo de inscrición, avisade á organización da non presenza. Entendemos que deixando as inscricións abertas ata o día 14 de maio non debería ser problema.

Por último, pedimos que comentedes e difundades esta carreira entre xs vosxs amigxs, clubs, anpa, colexios, asociacións, etc, para isto, teremos habilitada unha pestana no menú principal da páxina web.

Animádevos a paticipar !.




Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mai 2015, 12:51
Asunto: Re: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

ATENCIÓN!!!!

Por consenso, a Diretiva do Club Atletismo Porriño, decidimos suspender a edición deste ano da Carreira de As Agüiñas. Despois da inesperada morte do noso queridísimo compañeiro Diego, non nos quedan demasiados ánimos para proseguir coa celebración da nosa carreira grande. Sopesamos a posibilidade de seguir na súa honra, porque estamos seguros que a él non lle molaría nada que se suspendese, pero a realidade é que non temos un gramo de forza. Quedamos realmente vacíos!.

Esperamos que a xente que fixo os seus plans para ese día así como xs que xa vos anotastes, comprendades esta situación!.

Un saúdo.

A Diretiva do Club Atletismo Porriño.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Xov, 07 Mai 2015, 12:58
Asunto: Re: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

Chorando

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mai 2015, 13:34
Asunto: Re: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

Siento mucho la situación que estáis pasando.
Mi Homenaje hacia el Compañero, Su Familia y Vosotros Sus Amigos.
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mai 2015, 13:41
Asunto: Re: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

Paréceme o máis normal. O pésame para súa familia e amigos
codes

Maratoniano
Maratoniano
18/06/12
50 Carreiras
117 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mai 2015, 13:53
Asunto: Re: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

Moitos animos para todos, a vida e así de inxusta...Sería boa idea adicarlle nas vindeiras edicions esta carreira a Diego, a modo de Memorial...o dito, un abrazo para todos...
gdmfirm

Foreiro infantil
Foreiro infantil
27/04/14
2 Carreiras
113 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mai 2015, 14:02
Asunto: Re: VIII Carreira As Agüiñas. O Porriño (17/05/2015)

Mi mas sentido pésame a su familia, amistades y club. un fuerte abrazo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos