Foros ›
Campionato de Galicia de Trail (FGA)
Foros de debate / Atletismo en pista
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
400 Carreiras
677 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Ven, 27 Feb 2015, 21:29
Asunto: Campionato de Galicia de Trail (FGA)

Como xa sabedes, xunto co Trail de Compostela (ver tema na sección de montaña), a celebrar o domingo 15 de marzo en Santiago de Compostela (Granxa do Xesto), terá lugar o Campionato de Galicia de Trail, organizado pola Federación Galega de Atletismo.

Aínda non é pública a circular do Campionato, onde poderedes ver as categorías e demais información.

No obstante, atletas federados/as, lembrade que a inscrición realízase a través da plataforma da RFEA (https://isis.rfea.es/sirfea2/) (normalmente é o voso club quen a tramita). E precisamente nesta plataforma, xa figura aberta a inscrición, con prazo final ata o martes 10 de marzo.

Con todo, esperaremos á circular para confirmarvos toda a información que sexa necesaria, e actualizar o aquí publicado.
cubeliños

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/08/08
0 Carreiras
348 Mensaxes
CAPITAL DO BARBANZA- RIVEIRA CIDADE DENDE 1906
Respostar citando Envío Mar, 03 Mar 2015, 22:36
Asunto: Re: Campionato de Galicia de Trail (FGA)

A proba terá saída ás 10:30 da Granxa do Xesto no Monte Pedroso sobre un percorrido de aproximadamente 17.5 km cun desnivel acumulado de 650m. As inscricións do trail popular poderanse facer na web carreiras galegas no seguinte enlace:

www.carreirasgalegas.c...cea5ffa30e

Os atletas federados poden facer as súas inscricións como xa ven sendo habitual a través da Intranet da RFEA no enlace isis.rfea.es/sirfea2/.

Un saúdo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos