Foros ›
Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Feb 2015, 19:13
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

A verdade e que é algo que estivemos valorando moito, a data de peche de inscricións e un tema que sempre se nos queda enriba da mesa porque xenera controversia: por un lado están os "indecisos", e por outro lado os temas "administrativos" que requiren duns determinados prazos.

Vou falar co equipo e a ver qué opinan de prolongar dous-tres días máis; non prometo nada, só que o intentarei (polo momento teño un par de "argumentos" máis encima da mesa).
Guiño

Grazas polas aportacións.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Feb 2015, 19:16
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Unhas imaxes para coñecer a zona.

Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Feb 2015, 21:42
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Mellencamp escribió:
Estaba pensando en ir pero cerrando la inscripción una semana antes me lo voy a pensar y buscar otras opciones. Somos muchos los que por motivos familiares, laborales, etc no podemos planear los eventos con tanta antelación y que requieren a veces un buen desplazamiento y aunque, lógicamente los organizadores necesitais vuestro tiempo, cerrar inscripciones a mediados de semana (como se hace en la mayoría de las carreras) me parece un plazo más razonable y es algo que agradeceriamos.
De todas formas que vaya todo bien y si no es en esta espero estar en alguna otra edición. El año pasado fui a San Alberte y As Furnas y fueron dos grandes carreras.
Un saludo!

Boa noite.

Tendo en conta, esta e outras opinións que nos teñen chegado e xa nos tendes comentado. E tal e como me comprometín nunha entrada posterior a esta. Estivemos falando e mirando de prolongar o prazo de inscrición para poder darvos cabida aos que tedes algo pendiente de arranxar ao longo da semana.

Polo tanto, alongamos o prazo de inscrición ata o MÉRCORES 25/02/2015 ás 18:00 h. Pero a partir de ahí, debemos ser inflexibles, e todo aquel que non teña confirmada a inscrición (realizando o pago) anularemos a súa solicitude. E aos inscritos o martes ou o mércores só se lles aceptará o pago en efectivo ou por PayPal (porque é inmediato, namentres que as transferencias tardan uns días en confirmarse).

Esperamos que entendades que a partir desa data sí que non nos podemos permitir nengunha licencia pois precísanse os prazos para tramitar seguros, dorsais, chips, avituallamentos, etc. Non é doado.
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Lun, 23 Feb 2015, 20:25
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Edu_Iglesias escribió:

bravo!!!

e xa veras como ainda asi algun queda fora por despiste,jajajaj.
dponte

Maratoniano
Maratoniano
18/05/13
5 Carreiras
322 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Feb 2015, 19:55
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Ola Edu, eu apunteime un pouco a cegas. O circuíto é moi complicado tecnicamente? Sería o meu primeiro trail e non quero pagar a novatada. A zona coñézoa de sobra (unhas tremendas zampadas de churrasco cando aínda se podían facer barbacoas no verán Moi feliz ) e, a priori, non me parece do máis difícil; espero non levar un chasco.

Moitas grazas de antemán.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Feb 2015, 23:27
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

dponte escribió:
Ola Edu, eu apunteime un pouco a cegas. O circuíto é moi complicado tecnicamente? Sería o meu primeiro trail e non quero pagar a novatada. A zona coñézoa de sobra (unhas tremendas zampadas de churrasco cando aínda se podían facer barbacoas no verán Moi feliz ) e, a priori, non me parece do máis difícil; espero non levar un chasco.

Moitas grazas de antemán.

Non vas ter problema respecto á dificultade técnica. Guiño Guiño

A parte máis complicada do circuito botáronnola abaixo. Ao parecer "para este tipo de pruebas, que solo se empleen aquellos caminos que están habilitados y sean de libre tránsito, no permitiéndose en pruebas deportivas el campo a través, ni circular sobre zonas vegetadas, con hábitats naturales o que se produzcan afecciones o molestias a fauna protegida" (cita textual). Polo que a partir de agora e tendo en conta esto desaparecería o trail e o cross. Abraiado Abraiado

Levamos dous días revisando o circuito e ceñíndonos ás modificacións que nos obrigan. Confuso Confuso

Xa que ides estar por Couso, aproveitade para ver as fábricas instaladas, as ruinas abandonadas de factorías con restos de motores, aceites, e outros compoñentes circulando libremente pola zona, e mesmo campos de motocross con "rodadas" de ata medio metro de fondo. Muerto Muerto

Asegúrovos que eso o ides ver, e pegadas de zapas deportivas moi poucas. Eso si, os que atentan contra o medioambiente son os 70 kg. de corredor batendo polos sendeiros (lembrade: "caminos habilitados"). Abraiado
Mellencamp

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/07/11
0 Carreiras
124 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 25 Feb 2015, 13:58
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Gracias por tener en cuenta los comentarios que hicimos. Un gran detalle. Yo finalmente no puedo ir porque mi mujer también corre y este finde le tocaba a ella (a mi me toca correr detras de los enanos) y finalmente tira pa Ordes pero creo que va una compi de club que se apunta gracias a la ampliación del plazo.
Que salga todo bien y que no os den mucho la lata las "autoridades" con los cambios de trazado que como bien dices, manda narices que con las animaladas que se hacen contra el medio ambiente, lo que más moleste sean nuestras "pisadas"..
un saludo!
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 25 Feb 2015, 16:28
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Ás veces hai cousas que che fan ferver a sangue. Aínda que EduIglesias non o comente, entanse enfrentando a unha posible sanción debido á denuncia dun grupo do movemento ecoloxista, ou máis ben, dunha persona dese movemento (absolutamente loable por outro lado, a idea de loita pola natureza que conleva esta filosofía, pero que ás veces chega a convertirse en “máis papista que o papa”!). E dígoo porque ese movemento ecoloxista que fai 9 anos, cando vía peligrar unha zona de costa Virxe, acudeu ós afeccionados atléticos para que amosasen o seu respecto e amor pola natureza, para que desen un paso adiante e mostrasen a súa disconformidade cunha decisión que a administración estaba a piques de aprobar: a construcción dunha megapiscifactoría na zona de Teira en Corrubedo.

E alí acudístedes un feixe de corredores. Así naceu a Carreira do Corgo. Alguén escribeu daquela: “Correr no Corgo é solidaridade. Coa natureza amenazada en nome dun mal entendido progreso. Solidaridade cos demáis compañeiros que comparten connosco as mismas ganas de trotar polo mundo adiante, que comparten a mesma satisfación cada vez que as súas zapatillas pisan a herba mollada…Solidaridade cos labregos de Teira, apoiados na lagoña coa que sachan a leira fértil. Cos mariscadores e mariñeiros que sacan o seu sustento no mesmo hábitat que para outros é lecer…” E o movemento ecoloxista gabouse do paso adiante que déstedes. E parouse a obra. Daquela non importaba que “"para este tipo de pruebas, que solo se empleen aquellos caminos que están habilitados y sean de libre tránsito, no permitiéndose en pruebas deportivas el campo a través, ni circular sobre zonas vegetadas, con hábitats naturales o que se produzcan afecciones o molestias a fauna protegida".

E agora, os mesmos que daquela montaron a Carreira do Corgo, vense na tesitura de ter que aterse a que, esa administración que, por exemplo, non é quen de comprarlle batelumes ós gardas do Parque Natural de Corrubedo, desde o seu sillón de despacho oficial, decreta que pisar os carreiros de Couso nunha proba atlética pode ser constitutivo de delito. Eso si, o acceso a esa zona non está prohibido…dito de outro xeito, o grupo que ides a ir correr o domingo, si deixades o dorsal no coche, xa poderedes transitar por eses carreiros sin problema ningún. Cal é a diferencia? O dorsal.
O dorsal mata!!
Fai ferver a sangue, non??
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 25 Feb 2015, 18:21
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO!!!

########################

Sempre nos plegamos as peticións que recibimos de grupos ecoloxistas, arqueólogos, ou mesmo veciños que por non incordiar o horario das misas cámbiase unha carreira de día ou de hora (tí sábelo ben URKO). Porque a máxima é que TODO É COMPATIBLE.

E sobre Couso, Urko, tí sabes de sobra que a finais do 2003, cando a sombra nejra do Prestige anejou todo Couso, o 90% dos que estamos nos avituallamentos, cruces, ou recollendo cintas; pasamos días e mesmo semanas daquel nadal defendendo o que creíamos que tiña valor.

E moi probablemente moitos dos que hoxe cas súas pegadas van dañar e "provocarle a las semillas un estres innecesario" (cita textual).

Non entendo de botánica, nin de psicoloxía, pero como dicía miña aboa: Todo quere o seu.

Tratamos de garantir que pese a todo esto, disfrutedes de Couso (con dorsal).
Percheron

Novo foreiro
Novo foreiro
22/03/13
2 Carreiras
32 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 14:52
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Con respecto aos últimos comentarios do fío, simplemente quixera facer unha pregunta moi sinxela: pensades que o noso ocio persoal está por riba da conservación dunha especie ameazadísima de extinción a nivel mundial? Cal considerades que debe ser o criterio que debe prevalecer entre estes dous?

Bueno si, son dúas preguntas Guiño
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 16:55
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Pois pregunta por pregunta, como bo galego: por qué son incompatibles ambas accións??
smsamp

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/12/13
3 Carreiras
78 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 17:21
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Percherón non sei de ónde es. Pero Couso é unha zona industrial, onde están moitas das fábricas de Riveira cos seus tubos e cheiros, ahí vaise instalar a depuradora. Nese paraxe ademáis está permitida a actividade da caza e da pesca (de caña e máis submarina), pasa todo cristo polos seus sendeiros, e eu que vou correr de vez en cando por ahí suelo atopar 4x4 nas zonas nas que a nós nos prohibiron pasar.
Neste caso particular a min paréceme que a defensa da natureza é pura hipocresía.
isabel_G21

Novo foreiro
Novo foreiro
22/01/15
0 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 17:50
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Fotos? Resuktados?
Moi boa experiencia, espero repetir para o ano. Minitrail moi bo para novatos. Boss vistas (lástima da choiva).

Aquí no se rinde nadie!
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 18:16
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

isabel_G21 escribió:
Fotos? Resuktados?
Moi boa experiencia, espero repetir para o ano. Minitrail moi bo para novatos. Boss vistas (lástima da choiva).

Resultados: www.galitiming.com/cla..._COUSO.pdf

Moi ben a organización e pena do tempo e dos amigos de medioambiente. Espero que, xa que se interesaron polo recorrido do trail, pasen para a semana retirar os escombros que hai ciscados por alí.

O chocolate do final... sin palabras. Eu as duchas con auga quente...bufff. Jaja.
dponte

Maratoniano
Maratoniano
18/05/13
5 Carreiras
322 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 18:18
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Paseino moi ben. Foi o meu primeiro trail e creo que non puiden escoller mellor para debutar: perfil llaniño e percorrido sen maiores complicacións (aínda así case pago a novatada e escordo un nocello)

Noraboa á organización e lástima que non puidésedes facer o recorrido que tiñades en mente inicialmente (a ver si para o ano non se poñen tan tiquismiquis).

Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos