Foros ›
San Silvestre Solidaria Ponteareas 2014
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Xan 2015, 10:10
Asunto: San Silvestre Solidaria Ponteareas 2014

Non vexo ningún fío aberto no Foro sobre a carreira de Fin de Ano en Ponteareas. E quería agradecer á organización e aos Taninos todo o traballo para que o pasado 31 desfrutasemos como ananos do frío, dos rueiros e da estupenda bolsa co chocolate quentiño do final. O único detalle que non me gustou foi que me dobrase Bargiela Moi feliz (tiña présa?¿, non era solidaria?¿) Razz Levo dous anos consecutivos e espero ser da partida para o ano. Moitas gracias!
ARUME

Novo foreiro
Novo foreiro
14/08/14
50 Carreiras
24 Mensaxes
Baixo Miño
Respostar citando Envío Sáb, 03 Xan 2015, 12:31
Asunto: Re: San Silvestre Solidaria Ponteareas 2014

Noraboa ós amigos de Taninos por organizarnos tan ben esta carreira. Trato extraordinario, itinerario perfecto cunha pizquiña de dureza trampa, moita xente animando ós corredores e un final apoteósico con chocolate quentiño e as lambonadas típicas de Ponteareas. Grazas.
foresgan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/10/14
1 Carreiras
171 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Xan 2015, 21:05
Asunto: Re: San Silvestre Solidaria Ponteareas 2014

Bueno estubo ben a verdad pero solo queria puntualizar dous puntos para que se melloren ;en primeiro lugar e mellor facer duas voltas largas que tres cortas para evitar tropezarse os da terceira bolta cos da segunda e non probocar o caos e en segundo as duchas que proporcionaron no pabellon novo Álvaro Pino resulta que non daban agua quente nin potencia para os cinco ou seis surtidores que hai tendonos que duchar de un en un ou como moito de dous en dous pero menos mal que non viñeron a ducharse os mais de 500 participantes que eramos ,e nada mais o unico e saber se van salir as clasificacións desta carreira e a das neves e salvaterra por exemplo.un saludo e bo ano.
paco_con

Foreiro infantil
Foreiro infantil
27/02/12
1 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Xan 2015, 23:17
Asunto: Re: San Silvestre Solidaria Ponteareas 2014

Grande carreira. Ben organizada, con moito público e moita participación. Toda unha recompensa para un grupo de xente que, traballando desinteresadamente, conseguiu consolidar esta San Silvestre no calendario. Noraboa, Taninos! Aplauso Aplauso Aplauso
fonteiña

Maratoniano
Maratoniano
3/01/09
0 Carreiras
146 Mensaxes
ponteareas
Respostar citando Envío Dom, 04 Xan 2015, 0:37
Asunto: Re: San Silvestre Solidaria Ponteareas 2014

foresgan escribió:
Bueno estubo ben a verdad pero solo queria puntualizar dous puntos para que se melloren ;en primeiro lugar e mellor facer duas voltas largas que tres cortas para evitar tropezarse os da terceira bolta cos da segunda e non probocar o caos e en segundo as duchas que proporcionaron no pabellon novo Álvaro Pino resulta que non daban agua quente nin potencia para os cinco ou seis surtidores que hai tendonos que duchar de un en un ou como moito de dous en dous pero menos mal que non viñeron a ducharse os mais de 500 participantes que eramos ,e nada mais o unico e saber se van salir as clasificacións desta carreira e a das neves e salvaterra por exemplo.un saludo e bo ano.

fonteiña

Maratoniano
Maratoniano
3/01/09
0 Carreiras
146 Mensaxes
ponteareas
Respostar citando Envío Dom, 04 Xan 2015, 0:40
Asunto: Re: San Silvestre Solidaria Ponteareas 2014

Carreira solidaria e non competitiva.
Casificacions???????
Mincha

Maratoniano
Maratoniano
23/11/08
0 Carreiras
2137 Mensaxes
Salvaterra de Miño
Respostar citando Envío Dom, 04 Xan 2015, 1:07
Asunto: Re: San Silvestre Solidaria Ponteareas 2014

fonteiña escribió:
Carreira solidaria e non competitiva.
Casificacions???????

O mesmo que nas Neves, Salvaterra e Salceda. Nin cronos, nin clasificacións xerais.

Pasalo ben e colaborar cos proxectos solidarios.

Gocei nas catro pero a de Ponteareas nótase o equipazo humano que está detrás.
Parabéns
Rama

Foreiro Senior
Foreiro Senior
18/08/09
0 Carreiras
678 Mensaxes
Ponteareas
Respostar citando Envío Lun, 05 Xan 2015, 1:20
Asunto: Re: San Silvestre Solidaria Ponteareas 2014

Ola a todos e todas:

Grazas por abrir este fío, polas palabras de felicitacións e apoios, e polas críticas constructivas.
A respecto do tema duchas, dicir que para o vindeiro ano tentaremos que o servizo sexa máis áxil, voltando ao lugar tradicional, que neste ano non puido ser empregado por mor das obras existentes.

A respecto do circuíto. Tentaremos facer (contando coa complexidade organizativa derivada do feito) dúas voltas de 2,5 km para completar cinco kilómetros desta Proba Non Competitiva e Solidaria, na que polo tanto non hai vencedores nin vencidos nin clasificacións, como ben se reflexa no regulamento publicado e aceptado por tódolos participantes inscritos.

Esperamos a tódolos que queiran compartir uns kilómetros cos Taninos Runners Ponteareas o 31 de decembro de 2015 no mesmo lugar e hora que no pasado 2014.

Grazas a todos.

Fernando Rama

Coordinador da III San Silvestre Solidaria de Ponteareas





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos