Lun, 13 Out 2014, 9:03
Asunto: I Carreira Popular Concello de Monterrei (02/11/14)
I CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONTERREI
2 DE NOVEMBRO DE 2014
PROBA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
A
I CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONTERREI está organizada polo
CONCELLO DE MONTERREI en colaboración coa
ASOCIACIÓN DEPORTIVA LIMIACTIVA e celebrarase o domingo día 2 de novembro de 2014.
REGULAMENTO:
1. A saída será:
a. Ás 10:30 para a carreira Infantil-Cadete (2.000 m.)
b. Ás 10:50 para a carreira Benxamín-Alevín (1.000 m.)
c. Ás 11:15 para a carreira Absoluta (8.000 m.)
d. Ás 12:20 para a carreira prebenxamín (400 m.)
e. Ás 12:30 para a carreira pitufos (200 m.)
2. A saída e meta estará situada diante da Casa do Concello, na localidade de Albarellos.
3. A clasificación será absoluta e por categorías.
4. A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, Protección Civil e dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
5. O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.
6. O control de chegada pechará 40 minutos despois de que entre o primeiro clasificado.
7. A carreira estará controlada pola Federación Galega de Atletismo.
8. A organización conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.
9. Poderá ser motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
10. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de publicarse oficialmente os resultados.
11. Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.