Mar, 21 Out 2014, 14:39
Asunto: Re: II Carrera "Contra el cáncer corre por Ferrol" 09/11/14
Sacado de la Web: voltaaria.com.
A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá a “II Carreira Popular Contra o Cancro Corre por Ferrol” que se celebrará o vindeiro domingo, día 9 de novembro. O evento está organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) e o Concello de Ferrol, e conta co patrocinio de diferentes empresas privadas. A edil ferrolá estivo acompañada pola presidenta da AECC, Isabel Caamaño.
A segunda edición da Carreira Popular Contra o Cancro “Corre por Ferrol” sairá da Praza de Armas e os participantes discorrerán 5 quilómetros de zonas emblemáticas da cidade. Este percorrido será para a categoría absoluta e comezará ás 12:00 horas, mentres que as categorías menores realizarán outras distancias a partir das 11:00 horas. Martínez Galdós animou a participar nesta proba que ten un importante carácter solidario, xa que todos os fondos recadados serán integramente destinados á AECC. “O percorrido pode realizarse correndo ou andando, non importan as marcas senón a colaboración coa causa”.
As inscricións poderán formalizarse, ata o xoves 6 de novembro, na páxina web oficial da Federación Galega de Atletismo:
www.carreirasgalegas.com ou na Asociación Española Contra o Cáncer, situada na rúa Real nº6. O prezo de inscrición é de 7 euros para a categoría absoluta e 1 euros para as menores. Tamén estarán dispoñibles dorsais 0. Pola súa banda, a presidenta da AECC agradeceu a colaboración do Concello de Ferrol “así como a solidariedade que mostra sempre a cidadanía de Ferrol”.