Mér, 21 Xan 2015, 16:06
Asunto: Re: XV Corre con Nos (Lugo) 2014/2015
Eu penso que o Corre con nós está ben para os que están empezando a correr ou para a xente de Lugo, que sae da casa a facer un adestramento e de paso fai a carreira.
Eu fun durante dous anos e este ano xa non creo que vaia a ningunha porque:
Parécenme carreiras moi curtas e facer eu en coche 200 km para correr menos de 20 min., pois non.
Hai circuitos fermosos, pero hai outros que non merecen a pena. Co agrabante de que parte dos circuitos non son aptos para tanta xente, de ahí algunhas das queixas que leo, que non se pode coller ritmo, embotellamentos, risco de chocar con farolas e xardineiras ...
O do tempo neto polo menos é algo que se repite dende hai 2 anos, polo menos nas que corrín eu. Supoño que iso será por tema económico pois championchip cobra por cada alfombra, así que sendo gratis o circuito tampouco se pode esixir. Para iso cada un temos o noso crono e moitos teñen estos megareloxos que nos dan toda a información e máis.
Tamén comentar pola miña experiencia, que nestas carreiras pódese observar a falla de "educación deportiva" de moitos participantes, poñéndose no caixón de saida onde non corresponde, impedindo un trascurrir fluido especialmente nas saidas e acurtando nas curvas todo o que poden (refírome subindose ás beirarruas, xa son carreiras curtas e algún fainas á metade).
Logo as medicións e referencias de ritmo ó meu parecer non son moi exactas, xa que eu nestas carreiras sempre batía as miñas marcas por km.
Con esto non quero decir que este circuito de carreiras esté mal plantexado nin votar en contra da organización, véxoio moi adecuado para os principiantes, pero para os que nos gustan carreiras algo máis longas debería cambiar en varios aspectos, copiando o funcionamento da Monumental que me parece unha gran carreira en todo-los sentidos.