Dom, 23 Nov 2014, 23:24
Asunto: Re: SOLIDARIO/A!! Lalín, domingo 30 de novembro de 2014
SOLIDARIO/A!!
Lalín, domingo 30 de novembro de 2014
Denominación:
O evento Solidari@!!, está organizado por un grupo de deportistas Lalinenses, en colaboración con Servicios Sociais de Lalín, Concellería de Deportes do Concello de Lalín, Asociación O Mencer e a Escola Atletismo Deza.
O obxetivo é axudar ás familias con escasos recursos económicos da Comarca de Deza (alimentos, material escolar, xoguetes, roupa,….).
O DONATIVO O PROPIO DÍA DO EVENTO, MÍNIMO MEDIA HORA ANTES DA PROBA, XUNTO COA RECOLLIDA DO DORSAL E O AVITUALLAMENTO NO PONTIÑAS C.C. Y DE OCIO GADIS DE LALÍN
Regulamento:
Podrán participar todas as persoas que o desexen, tanto federados como non federados.
Día, hora e percorridos:
En Lalín, o domingo 30 de novembro de 2014, con saída e chegada na explanada exterior do Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis
- 11:00 h. Andaina (5 Km.)
* Paseo Fluvial Pontiñas (terreo zahorra e carril bici).
-11:30 h. Carreira Nenos/as (500 m)
* Explanada exterior do Pontiñas C.C. y de Ocio Gadis.
- 12:00 h Ruta Cicloturista (7 Km)
* Paseo Fluvial Pontiñas (terreo zahorra e carril bici).
- 12:00 h Carreira a Pé (7 Km)
* Paseo Fluvial Pontiñas (terreo zahorra e carril bici).
Servicio de Duchas:
Multiusos Lalín Arena.
Obsequios:
Sortearanse camisetas conmemorativas e vales para o Lalín Arena (acceso a tódalas actividades deportivas e zona spa).
Inscricións e prezos:
Inscrición ata o venres 28 de novembro en danibodano @ hotmail.com
Donativo 5 € o propio día do evento, de 10:00 a 11:00 h no Pontiñas C.C. y de Ocio Gadis, momento de recollida do número para o sorteo. Os menores de 12 anos = 1 Kg de productos non perecedoiros.
Confirmada a presenza de varios deportistas profesionais
Obxetivo:
Recadar o maior número de alimentos, xoguetes, roupa e material escolar; desexando que o domingo 30 de novembro de 2014 sexa unha Festa do Deporte onde o gran vencedor sexan as familias destinatarias con escasos recursos económicos.
Agradecer a colaboración desinteresada do PONTIÑAS C.C. Y DE OCIO GADIS, COCA COLA, ABANCA, LALÍN ARENA E CONCELLO DE LALÍN.
A empresa GaliTiming , unha empresa galega de recente creación , centrada en ofrecer servizos para eventos deportivos , e especializada en Cronometraxe deportivo , con tecnoloxia RFID de alta densidade , tanto con chip activo , chip pasivo e Fotocelulas , ofrecese a colaborar coa iniciativa de Fair Play Sports na sua iniciativa da carreira solidaria que se celebrara en Lalin o dia 30 de Novembro , coa finalidade de recadar xoguetes , alimentos e fondos para a xente mais desfavorecida dese concello.
Dende a xerencia de GaliTiming Sports , non puidemos facer outra cousa que colaborar dentro do que as nosas posibilidades nos permiten , por esto colaboraremos facendo os dorsais para todos os participantes da proba e realizando a cronometraxe electronica mediante microchip.
Avituallemento a cargo de Gadis, bebidas donadas por Coca Cola
Grazas polo voso apoio!!