Foros ›
Autor
Mensaxe
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4255 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Mér, 15 Xul 2015, 8:04
Asunto: Re: Os Correcamiños

Por fin puiden engadir os puntos da carreira do Travesía de Vigo, 223. Non entendo moi ben por qué son os mesmos puntos exactamente que na Nocturna. En Travesía fun segundo pero a participación foi baixa (250 aproximadamente). Na Nocturna fun 14º pero con moitísima xente, e ademais eran 10 km e a Travesía 9,2.

Aí remata o conto polo que a min respecta, a ver se cos resultados que vaiades incorporando os demais a medida que sexa posible subimos na clasificación.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 26 Xul 2015, 20:07
Asunto: Re: Os Correcamiños

Boas compañeiros!
Como presaxiaba gefreiter... este non vai ser o ano do ascenso. Sinto non ter aportado o esperado este ano. Cero puntos dende abril e correndo só nos meses de setembro,outubro,decembro,marzo e abril. Ao final o tema das uñas que arrastro dende a maratón de Porto pasoume moita factura. Por exemplo levo sen correr denda maratón de Coruña en abril para recuperarme totalmente por recomendación do podólogo. Empezarei agora en agosto na praia, que é menos agresivo para as uñas, para comezar coas zapatillas a mediados de mes.

Respecto o ano que ven, se continúa está viaxe e queredes, podedes contar comigo. Eu só espero non ter tantos problemas físicos e organizarme mellor coa universidade, deixarei atrás 5 anos nos que resultoume complicado compaxinar grao e máster con entrenos e carreiras. Agora espero poder organizarme mellor e ter unha mellor planificación. De feito por primeira vez por tentar ter unha planificación de entrenamentos (aínda que sexa propia e moi primaria).
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4255 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Dom, 26 Xul 2015, 21:44
Asunto: Re: Os Correcamiños

Polo que a min respecta se me aceptades (aínda que seguirei sendo un corredor de terceira porque non din xuntado puntos dabondo para ascender eu tampouco) gostaríame seguir formando parte dos correcamiños na vindeira tempada.
francesco

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/11/08
0 Carreiras
195 Mensaxes
santiago
Respostar citando Envío Lun, 27 Xul 2015, 9:25
Asunto: Re: Os Correcamiños

Pois un máis que se apunta, se a fascitis me deixa...
enjapeneiva

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/04/10
40 Carreiras
182 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Xul 2015, 9:42
Asunto: Re: Os Correcamiños

Eu, si non hay inconvinte tamen me gustaria seguir. Pero si pensades no ascenso, eu moito mais npn creo que vaia aportar. Se topades alguen mais productivo o entendo perfectamente.
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4255 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Lun, 27 Xul 2015, 12:02
Asunto: Re: Os Correcamiños

enjapeneiva escribió:
Eu, si non hay inconvinte tamen me gustaria seguir. Pero si pensades no ascenso, eu moito mais npn creo que vaia aportar. Se topades alguen mais productivo o entendo perfectamente.

Home, non sei qué dirán os outros, pero salvo causa maior eu voto por manter a formación. Logo xa cada un que o faga o mellor que poda e que sexa o que Deus quera.

Polo que a min respecta espero sumar máis carreiras que este ano, pero xa sabedes que non son de competir moitísimo e ademais parte das que fago son crosses e millas que non contan para o circuito.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 27 Xul 2015, 12:52
Asunto: Re: Os Correcamiños

Estou dacordo con Gefreiter, penso que iso nin se plantexa.
Ademais...que mellor que crecer xuntos e pasar de promesas a estrelas Silbar
Torby

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/11/09
207 Carreiras
229 Mensaxes
Conxo - Coira
Respostar citando Envío Dom, 13 Set 2015, 13:21
Asunto: Re: Os Correcamiños

Boas a todos compañeiros.
Unha nova tempada e outro circuito, supoño que seguiremos todos no equipo e antes de abran as inscripcions dos equipos creo que faltaba eu por confirmar que sigo outro año mais.
Levo tres meses de descanso pero xa estou para outra tempada.
Novos saudos a todos e zapatilla.
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4255 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Dom, 13 Set 2015, 14:59
Asunto: Re: Os Correcamiños

Torby escribió:
Boas a todos compañeiros.
Unha nova tempada e outro circuito, supoño que seguiremos todos no equipo e antes de abran as inscripcions dos equipos creo que faltaba eu por confirmar que sigo outro año mais.
Levo tres meses de descanso pero xa estou para outra tempada.
Novos saudos a todos e zapatilla.

Eu xa me reinscribín individualmente e estaría encantado de seguir no equipo. Este mes correrei dúas carreiras (Pedroso-Corresán e previsiblemente Boimorto) e xa comezaría a aportar puntos.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2015, 12:12
Asunto: Re: Os Correcamiños

Eu tiña intención de seguir no equipo un ano máis, de feito estaba con moitas ganas por volver correr despois de estar parado varios meses e non poder ter continuidade o ano pasado polos problemas que estou ter coas uñas dos dedos gordos dos pés. De feito este ano xa corrín os 10kms do Berbés e de Samil.

Sen embargo, hoxe visitei de novo á podóloga, porque de novo estaba a ter bastantes problemas, e a verdade a cousa non pinta moi ben, de feito plantexoume a posibilidade de operarme. Podería seguir correndo, pero tería problemas cada dous por tres e nunca se arranxaría. Así que... prefiro darlle descanso totalmente e non andar con tonterías.

Por iso prefiro non participar no equipo este ano e dar paso a unha nova fichaxe que axude a sumar puntos ao equipo.

PD: perdón polo tostón, pero xa de explicar... explicar ben a cousa jejjee Un abrazo!
enjapeneiva

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/04/10
40 Carreiras
182 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2015, 16:05
Asunto: Re: Os Correcamiños

Suso, o primeiro é a saude asi que a recuperarse canto antes millor
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4255 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Ven, 25 Set 2015, 16:31
Asunto: Re: Os Correcamiños

Eu pediríalle primeiro a Sonsuso que reconsiderase a súa decisión, se conta con competir aínda que sexa menos que esta tempada pasada eu preferiría que seguise no equipo.

Se prefire tomarse un tempo de descanso habería que por un "anuncio" no tema correspondente para completar o equipo, e alguén tamén asumir o posto de capitán ou como se chame para porse en contacto co administrador do foro.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 25 Set 2015, 21:34
Asunto: Re: Os Correcamiños

Competir e entrenar menos foi o que fixen ata agora dende o pasado mes de novembro tras a caída na maratona de Porto. Vendo que non mellorar, prefiro parar o 100% e logo seguir disfrutando e correndo coma sempre. Mellorar arranxar o problema ben, que ir arrstrándoo.

Moitas grazas pola invitación gefreiter, pero prefiro que busquedes a alguén. Así tampouco teño a tentación de axudar con carreiras jejeje Todo voso o meu posto
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4255 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Dom, 27 Set 2015, 7:46
Asunto: Re: Os Correcamiños

sonsuso escribió:
Competir e entrenar menos foi o que fixen ata agora dende o pasado mes de novembro tras a caída na maratona de Porto. Vendo que non mellorar, prefiro parar o 100% e logo seguir disfrutando e correndo coma sempre. Mellorar arranxar o problema ben, que ir arrstrándoo.

Moitas grazas pola invitación gefreiter, pero prefiro que busquedes a alguén. Así tampouco teño a tentación de axudar con carreiras jejeje Todo voso o meu posto

Pois a recuperarse logo. E tes razón en que ás veces nos presionamos demasiado co que non deixa de ser unha afición, eu o primeiro. Temos que pensar que este deporte sempre dá unha nova oportunidade e que a prioridade e poder practicalo moitos anos.

O que procede logo é reinscribir o equipo cunha sóa incorporación. Eu convidaría a algún dos que levades máis tempo e sabedes mellor como funciona esto a tomar as rendas. Hai xa un tema con xente que busca equipo e sería cuestión de contactar con alguén e escribir á organización antes de que se nos pase o prazo.

Eu xa teño os puntos da Corresán do Pedroso, aínda que será pouca cousa por ser unha carreira curta. Onte competín en Boimorto e fun 11º, pero igual non podo sumalos porque fallou a cronometraxe oficial.
Torby

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/11/09
207 Carreiras
229 Mensaxes
Conxo - Coira
Respostar citando Envío Lun, 28 Set 2015, 9:26
Asunto: Re: Os Correcamiños

Boas a todos o primeiro que sonsuso de recupere canto antes da sua lesión.

Eu xa levo tres carreiras neste mes ainda que como xa dixo gefreiter a de Boimorto igual non conta pero xa se verá.

En canto o equipo para este ano, creo continuamos todos excepto a baixa de sonsuso e falta por confirmar a sua participación BaoEs, en canto sepa a sua decisión buscaremos un o dous corredores e como sempre primeiro avisade si tedes algún conocido que quera participar e si non iremos o mercado de fichaxes.

Saúdos a todos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos