Lun, 13 Mar 2017, 9:10
Asunto: Re: Diario de Sanmikel
Domingo 12 de Marzo,
Hoxe era un día onde non ía facer de lebre de ninguén. Tiña claro que ía intentar baixar a miña mmp en Homologada. Intentar si o tiña claro, conseguilo non, pois entrear ritmos sub 3:50 non o fixen.
Cos dorsais recollidos na véspera, marchamos para Porriño con moito tempo cun grupo do Carma, onde Eu e Fonvigo, destacábamos por non ser do equipo.
Café con case todo o grupo Carma, saúdos a moitos coñecidos, frío, moito frío...
Quecemento con unha amiga, por a recta do km1.
Tiña claro que o meu obxectivo era facer mmp, pero non por moito, pois sabía que non podía. Xa algún me quentaba a cabeza dicindo que fose con Pancho par afacer sub 37, pero eu non caín na tentación.
Saín ben colocado, máis ou menos onde me correspondería.
Este primer kilómetro e moi difícil de controlar, pois vas moi apretado con moitos corredores, é pica para abaixo. Controlando moito, paso o primeiro km en 3:28.
Demasiado, pero xa estaba feito. Segundo kilómetro xa noto que as pernas non están frescas, e costando un pelín, paso a 2k en 3:42. Iso xa é ritmo, pero me dou conta que aínda que de caixa vou relativamente ben, non así de pernas.
Terceiro kilómetro a 3:53, costando seu, xa non por o vento que da nesa zona, se non por que as pernas non responden. O cuarto o mesmo do mesmo, a 3:50.
O Quinto kilómetro saen en 3:48, as forzas van xustas, as pernas non queren tirar. Xa non é primeira vez que se me pasa de afrouxar o ritmo nestes kilómetros, esta é a terceira vez que o penso, pero aguanto.
Paso a primeira volta en 18:42.
No sexto kilómetro que pica par abaixo, e saco forzas e apreto un pouco, se a 3:36. Penso que non vou poder, que as pernas non dan, que para que sufrir así, non teño nada que demostrarme, pero me manteño, é a 4ª vez que penso en baixar o pistón.
Diante miña vai Carlos Adán facendo de lebre a un corredor do comesaña. Me pasaron no 5. e os vexo a uns 30m, intento que non se me vaian, ou iso me digo, pero o corredor do Comesaña tamén lle costa, e non se me van, non por méritos meus, se non por que non estabamos para máis os dous.
O km 7 aínda sae en tempo a 3:45.
O km 8 e 9 se fan eternos, as pernas non son capaces a dar máis, e esa idea de baixar o pistón se instala no subconsciente, e non quere abandonalo, pero pasando os metros consigo que se vaia diluíndo. saen a 3:56.
Último kilómetro, os primeiro 500m son en lixeira subida e curva, saco forzas de onde podo, e me poño a tirar, non moito pero aguanto ben o tipo, saíndo ese km a 3:42.
Entro en meta facendo mmp, rebaixando 15s netos o meu tempo desta mesma carreira no 2015. 37:37 Netos.
A segunda volta máis lenta que a primeira (bastante), 18:55, uns 13 s máis lentos, cousa pouco habitual en min. Sen embargo non deixei de pasar corredores.
Como curiosidade en Porriño 2015 fixen 37:52 pesando 60km, Porriño 2017 64.5 kg.
Este 2017 tiña non moitos obxectivos. Basicamente un, intentar rebaixar o tempo de todas as carreiras que había feito, e que o circuíto non houbese cambiado. Embebido nese obxectivo ían claramente enfocado Porriño, que significaba facer mmp en Homologada.
Na meta nos encontramos Suso (mmp), Mateo (mmp), Amina (mmp), Pancho (mmp), o que dicía eu de moitas mmp en Porriño. E moitos máis.
Duchas, cervexas, comida cos de Porriño, cos de Tui, cos de Arteixo, con de Vilanova, cos de Ourense. (Dr. Slump, Montse, Moncho, Isaías, Suso, Lihto, Bego, Sergio, Ana, Crsitobal, Mateo)
E as peques con nos claro. Un bo día, sen queixa.