Foros ›
Autor
Mensaxe
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 05 Dec 2016, 11:25
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Canta razón tiñas... un pouco máis e case nos estragas a carreia, os datos son os datos, xa os verás máis adiante..

Sábado nada de nada..
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 05 Dec 2016, 13:00
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 4 de decembro, Media Maratón de Vigo, Relevos de 2.

Cousa rara esta, me estreaba nisto dos relevos, e non o tiña moi claro.
Para ser en Vigo, tarde non chego a carreira, pero dei máis voltas ata chegar con "Gefreiter" que un pouco máis non vou... Se me esqueceu o garmin, volta a casa, a rúa cortada, volta por outro lado...

Da igual, chegamos e nos organizamos.
Curioso isto de que a carreira empece e ti non salgas, que nin sequera queceras nin nada, esperar..
Gefreiter ía facer o primeiro relevo de 10.6km, e eu os 10.5 restantes.
A prior non eramos favoritos, había dous triatletas apuntados con marcas por debaixo de 35m en homologadas. El podías estar o seu nivel (ou mellor como se demostrou), pero a min, me pasarían como unha moto a unha bici..

Aproveite que a saída daba varias voltas para seguir en directo os 3 primeiros pasos por os 5km iniciais.
Non estaba nervioso, máis ben todo o contrario pensando que non tiñamos moito que facer.
No primeiro paso cronometrado o triatleta lle leva unha vantaxe a "Gefreiter", había saído rápido, e se consegue manterse, acabouse todo. Pero este home pensando en darme vantaxe, xa o pasou antes do km 5.

Eu marchei en dirección contraria a carreira animando os corredores (non había unha alma por a rúa que animase), ía para o lugar co cambio de chip.
Non lle dixen nada a "gefreiter", pero levaba toda a mañan con dor de tripa, e non as tiña todas comigo (estiven con dor ata o a noite, unha pequena gastroenterites)
Trotei, fixen rectas, e calculei o tempo. Vin por alí o outro triatleta, e a verdade e que non sabía que ía suceder.


Vexo a "Gefreiter", e lle saca un bo cacho o triatleta (uns 150 m), lle quito o chip, tardando un pouco máis da conta, e comeza o meu relevo.
Os meus temores comezan, teño pensado marcar todos os pasos km por a organización, pois é homologada.
O primeiro problema e que comezo unha carreira so, non teño a ninguén para marcar o ritmo, ou como referencia, e o meu medo principal e que me veña de atrás o outro corredor e me pase.
Saída en baixada e despois baixada, paso os primeiros 400m en 1m19s, a 3:18.
Vou so, vexo ao lonxe a Alberto Bastos, e detrás a "Tony", que tomo como referencia.
Parece que estou recortando a "Tony", paso o km 12 en 3:46, os meus temores comezan. Penso que non vou o suficiente mente rápido para que me pille un corredor de 35m en 10k, e tampouco quero forzar moito máis, pois quero gardar algo de folgos por se me pasa, para intentar seguilo (este temor é unha constante toda a carreira).
Paso o km 13 en 3:45, case a punto de coller a Tony.
Nese intre me colle un grupo de 4 corredores (Canuda, Seguros Bilbao, Taninos).. eu me manteño con eles, e comeza a subida de García Barbón que se fai moito máis forte o fondo. Non marco no km 14 pero si no 15, e saen eses dous km a 7:54, sendo case todo subida.
Estamos en pi y margal, e se van 3 corredores, eu me manteño, o meu temor e gardar algo de forza se me pasa o meu competidor.
Me quedo con un rapaz, co que case vou facer uns cuantos km, pero mantendo a distancia cos de adiante.
No km 16 se me esquece picar no garmin, pero si o fago no 17, saíndo eses 2km case todos en subida en 7:56.
Me vexo ben, e a distancia cos de adiante se vai un pouco, pero me vale como referencia.
Levo toda a carreira pensando en mirar para atrás, pero non o fago, non quero sabelo. Estou gardando algo de forzas. As subidas as levei moi ben, non tiven que forzar.
So quedan 4km, e aquí e mais favorable o terreo (non sei para quen). O km 18 é en baixada e sae a 3:32, con este rapaz o e meu lado. Pero na metade do 19 se queda atrás, e sae o 19 en 3:33, tamén picando para a baixo. A distancia co Tanino se reduce, estou recortando e gardando algo de forzas. Xusto no paso onde cambiamos no chip no relevo, se da un xiro, que no que quedo en dirección contraria, e vexo que en 500m non ven ningún corredor salvo o rapaz que deixei atrás, así que me tranquilizo, paso o km 20 en 3:40.
So faltan 1.1 km, e me relaxo, baixo o ritmo un pouco ,e miro para atrás cada 200m, non vai ser que veña como un foguete alguén.

Entro en meta con un sorriso, e relaxado desfrutando da entrada. Me deron gañas de facer un Pedro Nimo, pero había entrado moitos antes ca min, así que non daba lugar...
10.5km en 39:34 a ritmo de 3:46. Que non está nada mal para o circuíto que é, e para relaxarme o final.
Os 10k homologados que fixen saíron en 37:48, que sería a miña mellor marca en homologada, e baixando o ritmo no km final.

Cheguei a meta canso, pero con forzas. Fun forte, pero puiden ir máis. Creo que foi a carreira que máis forte fun de todas as que fixen (salvo por o final). Me da a min que isto de correr en equipo me da máis motivación para correr, iso de non fallarlle o compañeiro axuda moito para tirar.

O chegar a meta deille a man o do outro equipo, quitámoslle 1m30s.
Saudei a Miguel, e nos felicitamos e vacilamos mutuamente un bo rato.
Subimos o podium, e nos deron un trofeo para cortar entre os dous e casa un levar a súa metade (En relevos so había trofeo para o primeiro)

Analizando os datos me da a min que non se lle dan moi ben as costas o triatleta, pois sempre me recortou nas partes rectas, pero nas zonas de costas lle metín 2 minutos. E parece que sempre o tiven pegado o cogote. ¿Grazas costas de Vigo! Me da a min que poucas veces máis direi isto.

Desfrutei coa familia, comín tranquilo, e despois me fun a descansar 1 rato tomando algunha manzanilla, pos o dor de estómago non desapareceu ata a noite.

Agora non teño máis cousas en mente, pido que non me doia o xeonllo (difícil), e cando iso suceda rebaixar uns cuantos quilos de bandullo..
Veremos..




Última edición por sanmikel o Lun, 05 Dec 2016, 15:18; editado 5 veces
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 05 Dec 2016, 13:06
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

E iso que o xeonllo non para de molestar.... Noraboa e a disfrutalo a tope!!!!!
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4694 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 05 Dec 2016, 13:10
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

enhorabuena oscar,un máquina...

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Dec 2016, 14:33
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Eres un puñetero crack Oscar Aplauso

Vaya par que se fueron a juntar Guiño
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 05 Dec 2016, 15:37
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

NORABOA CHAVALES Aplauso Aplauso Aplauso
A crónica parecía unha novela de intriga, moi ben.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Dec 2016, 20:15
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Noraboa, pola victoria. Alégrome de que esas molestias vaian a mellor e te permitan competir, e a un excelente nivel.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 05 Dec 2016, 22:05
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Grazas... a verdade que se agradece moito. Para min todo foi novo, e a verdade e que non sentin presion ata que Miguel chegou diante do outro corredor.
El ten o mérito de deixalos grogis, eu despois so puxen a puntilla.
Pero todo foi potra... tranquilos...
Gefreiter e o dos podiums, e eu o das lamentacions...
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 06 Dec 2016, 0:19
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Me alegro mucho Oscar. No sólo por el resultado de esta carrera. No muchas páginas atrás de tu diario con las molestias y las lamentaciones que mencionas no terminabas de ver la luz y ahora empiezas a disfrutar aunque todavía no vaya todo lo bien que quieres.
Así me gusta. Vaaaaamos!!
Gondomar

Foreiro Senior
Foreiro Senior
16/09/11
30 Carreiras
759 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 06 Dec 2016, 13:48
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Felicidades sanmikel por ese carreron,pese a que no estabas al 100% yo me crucé contigo en un momento y ni ibas despeinado,solo que tu ya encarabas los últimos km y a mi aun me quedaban jeje
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2016, 20:29
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Con lo de la confianza y el asco ni te había felicitado. ¡Enhorabuena, Óscar! Que eres una máquina ya lo sabíamos todos, por mucho que llores. Lleva el trofeo mañana a Vigo para que lo olamos los mortales, si te lo presta Gefreiter.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 09 Dec 2016, 16:06
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Grazas rapaciños, pero a metáde deste medio mérito xa sabedes que é de Gefreiter (como mínimo a metade).

Luns, martes e mércores, nada de nada.... cansancio, traballo, horario...

Xoves 08 de decembro, a tarde, xa sen moitas gañas, fixen un poder, e saín.
51 minutos en total, repartidos así:

4 km de quecemento por Navia
Costas 8x300, rec a trote: as 5 primeiras entre 1:02 e 1:4, as últimas 1m 56s e 54s
1.5 km de trote de tranquilo.

Básicamente as fixen forte, apretando un pouco nas dúas últimas. Hoxe me noto ben, pero aínda non saín a entrenar, verei se podo sair..
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 09 Dec 2016, 19:42
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Venres 9, castrelos 51m de cc.
0.5 quecemento
8k a 4:50
1k, os 0.5 primeiros en 1:52 e os ultimos 0.5 en 1:36 (3:28)
0.5km de enfriamento
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 12 Dec 2016, 8:46
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 12,
Levo 2 anos dicindo que non vou ir a "Subida o Castro", pero o final sempre caigo, a un amigo lle encanta, e sempre acabo subindo Vigo.
Este ano non a preparei nada, sempre facía escaleiras e costas nos 15 días previos.
Quería haber realizado un quecemento de uns 8km a trote, pero o tempo se nos votou encima, e o final quedou en 2km.
Tiña un pouco de respecto por dous motivos: o xeonllo non sei como ía responder con escaleiras, e o abdutor. Si ese abdutor que me fastidiei alá por Marzo de 2015. Levo 6 ou 7 meses como mínimo sen molestias correndo. No fútbol non me doe, porque como levo 1 ano sen xogar, pois pouco podo facer. Pero o sábado fun patinar sobre xeo, e o abdutor, o mesmo, me di "Ola, non te esquezas de min".
O grano, non ía ir a tope, pero tampouco mirando para os paxaros.
Os primeiros 1.2 km desta carreira so lisos, pero os primeiros 300 son perigosos, curvas, humidade, se ten que ir con ollo en non caerse.
Saín controlando, sen pasar, a 3:36 o premer km, pero tan pronto cheguei a mini subida de viños, baixei o ritmo, e nas escaleiras fun tranquilo. Me pasaron moitos corredores nese primeiro chanzos. Fun relaxado e me dei conta que cambiaron o recorrido con respecto o ano pasado, xa non se sube por Cestería nin a praza da constitución, co cal se lle van a restar un 200m a carreira. Cando estaba xa subindo os chanzos do castro, comecei a pasar a moitos corredores, pero non tiña moita intención de irme forte. Fixen os chanzos de un en un, e en zonas xente andando non a daba pasado.
Que conste que nin un só momento fun andando, sempre fun correndo.
Entrada en meta en 13:39 netos, creo de 40 e pico. Si que entrei algo canso, pero so me tirei no céspede uns 30s, cando outros anos necesito case 4 ou 5. Esperar o meu colega, falar cos coñecidos, felicitar os que fixeron unha gran carreira e volta para a casa.
Tiña intención de saír a trotar 40m as 8 da tarde, pero foi imposible. quedou en nada.
Semana cutre de km, e de calidade, o final 25km en 3 saídas.
Vou intentar facer rodaxes e 5 saídas a semana. Deixo escrito para intentalo, pero vai ser difícil.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 12 Dec 2016, 21:21
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Luns, Castrelos, 63 min de rodaxe a 4:40, 13k.
Acompañado o tempo pasa moi rápido. Os primeiro 7k eternos, ata que topei a Carlos e cia.
O problema e que a eses ritmos oo xeonllo molesta a partir do 40 min. Triste





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos