Lun, 19 Mar 2018, 12:14
Asunto: Re: Diario de Sanmikel
Domingo 18 de marzo, Carreira de Porriño.
Tiña claro que ía correr a carreira, pero non a que ritmos. Sobre todo por que o sábado a tarde noite, o vértigo me tivo a raia, e non estaba moi católico.
O levantarme a mañan tamén tiña un pouco, pero parece que foi remitindo.
Saída con "trekola" e "fonvigo", para porriño. Este ano foi difícil aparcar, e quedamos no coche, esperando a que pasase de chover.
Pouco tempo de quecemento, pois entre saúdos os compañeiros, amigos e coñecidos, isto se foi o de sempre..
Carma Foto, e trote de quecemento con Suso.
Este me preguntaba como ía ir, e u lle dixen a verdade.
Que ía ir cómodo, e con calma a primeira volta, pois non sabía como ia estar o corpo. Lle dixen que non contase comigo.
Na saída fixémola xuntos, en un día perfecto para correr, sen vento, con fresco e un pouco de sol.
Os primeiros 500m, con moita calma, pero aínda así moi rápido, e baixando un pouco o ritmo ata o km1, que sae a 3:36.
Aquí xa Suso se pon diante (el e moito máis tamén). Incluso Hernan, compañeiro do Carma, que fixo a contra reloxo fai unhas semanas comigo. Eu deixeinos ir, pois Henan me sacou o seu nos 5k, e Suso está fino.
Segundo km en 3:43, Suso a uns 10-15m diante, e Hernán outros 10 de Suso.
Sen sinais de malas sensacións de vértigo, e con calma.
Paso o Terceiro km a 3:50, os xiros, e as lixeiras subidas penalizan o ritmo de cruceiro, os devanditos van diante, e vou pasando corredores pouco a pouco.
Suso un animal con pulmóns de sobra, pois lle pedía ánimos a xente, con palmas, e eran correspondido e xaleados...
O km 4 sae a 3:53, coincide con moitos xiros, e algo de pequena subida. Que continúa tamén entre este é o 5 km. Neste último km antes dos paso por meta, me encontro ben, e na subida sen querer recorto metros a Suso e Hernán, e a varios, vou sen forzar moito pero forte, non de paseo.
Paso o km 5 en 3:49, 18:54 netos según CC.
Bebo algo aproveitando a costa lixeira, e me deixo ir, pero sen forzar para intentar coller forzas. Aquí paso a Suso e Hernán sobre o 5.5, me sae este km a 3:42. O seguinte km apreto e tiro, e me sae a 3:42. Este km o noto nas forzas, e non vou nada sobrado, o 8 sae a 3:49.
Xa me costa un pouco pero vou ben, pasamos moitísimos corredores, é sobre o km 8.5, Suso me pasa, cambiou de ritmo, e vai moi forte, me sacou uns 20m nos próximos 500, vai moi ben, pois lle da ánimos os observadores, par a que nos animes, e aplaude. Paso o km 9 en 3:52.
E aquí xa na cabeza so pensa que faltan 4 minutos de sufrimento e se acaba (así levaba dende o km7, restando os minutos para rematar o sufrimento). Aínda así manteño o ritmo, podo apretar pero non encontro motivación, non quero sufrir máis. Suso me saca uns 50m. Vai ser o seu día, a súa marca. Ata lle teño que berrar a falta de 500m, que parecía que lle recortaba metros, para que non se relaxase. Eu me deixo ir ata a meta, incluso me adiantan algúns nos últimos metros, pero non estou eu con gañas. Último km a 3:43.
Tempo neto de 37:43 netos según CC.
Felicitei como merece a Suso, e fixemos xuntos un trote precarreira, ata o final da recta da gasolineira e viñemos de volta.
Aquí me vacila un pouco co de gañarme.. eu lle recoñezo que no km 8 e 9, ía bastante xusto. E que xa non tiña a cabeza para iso.
Aínda fomos xuntos recoller os regalos e o avituallamento.
Despois una aperitivo e unha comidas cuns amigos.
A noite mirando os tempo me decatei que so estiven a 6 segundos da miña mellor marca en 10k homologado, que foi o ano pasado aquí.
É resulta que é a miña segunda mellor marca en 10k homologado.
A maiores, a segunda volta foi en 18:49, que son 5s menos que a primeira.
Moi contento como foi o resultado de Porriño, non me queixo, boas sensacións.
Se chego saber que estaba tan preto de mmp, me da a min que Suso corría perigo na chegada a meta! Isa podía haber sido a motivación que me faltaba nos últimos km.
Sempre é unha gozada correr na Interruning.