Foros ›
XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/09/14
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 29 Ago 2014, 0:28
Asunto: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/09/14

23ª CARREIRA POPULAR
“GUNDIÁN 2014”
PONTE ULLA


A Comisión Organizadora vén de presentar a “23ª Carreira Popular Gundián 2014” en Ponte Ulla.

A proba celebrarase o vindeiro domingo, 14 de setembro, a partir das 10:30 da mañá con saída en Ponte Ulla e chegada na ermida de Gundián, cun circuíto de aproximadamente catro quilómetros, que discorre polas marxes do río Ulla.

Estabelécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
A.- (Especial) - Até 4 anos (nados/as do 2.010 ao 2.014)
A.- De 4 a 8 anos (nados/as do 2.006 ao 2.009)
B.- De 9 a 12 anos (nados/as do 2.002 ao 2.005)
C.- De 13 a 15 anos (nados/as do 1.999 ao 2.001)
D.- De 16 a 18 anos (nados/as do 1.996 ao 1.998)
E.- De 19 a 35 anos (nadas do 1.979 ao 1.995): Feminina
E.- De 19 a 40 anos (nados do 1.974 ao .1995): Masculina
F.- Maiores de 35 anos (nados até o 1.978 inclusive): Feminina
F.- Maiores de 40 anos (nados até o 1.973 inclusive): Masculina

Os/As vencedores/as absolutos/as recibirán 180 Euros (1º), 100 Euros (2º) e 75 Euros (3º) tanto na categoría feminina coma na masculina, amais do correspondente trofeo.

Os/As primeiros/as e segundos/as clasificados/as de cada unha das categorías recibirán trofeo e vales para material deportivo por valor de 50 Euros e 35 Euros respectivamente en "Deportes Caneda".

Os premios non serán acumulativos en ningún dos casos (ningún/ha corredor/a recibirá máis de 1 premio).

Non poderán acceder aos trofeos e premios en metálico aqueles/as participantes que non presenten o D.N.I. ou Libro de Familia (Fotocopias).

Haberá trofeos para os primeiros/as clasificados/as da parroquia en cada categoría doados por "Super Ulla"


Cómpre destacar tamén que haberá medallas conmemorativas para todos/as os/as participantes de todas as categorías, trofeo para o/a máis novo/a e para o/a máis veterano/a da carreira, camisetas “Gundián 2014” para os/as primeiros/as 250 corredores/as e degustación gratuíta de “Bebida”, “Donuts” e “Froita” para todos/as os/as participantes. Sortearase unha BICICLETA DE MONTAÑA entre os/as corredores/as ao remate da entrega de premios.
Tamen se procedera a un sorteo sorpresa entre todos os particpantes.

NOVIDADE: Todos os partipantes da categoría "A (especial)" e "A" que cheguen a meta, recibiran un vale de 8 euros doados por "Super Ulla" para compras no mesmo.

As inscripcións poderanse realizar no “BAR RÍOS” en Ponte Ulla (Vedra) até as 10:15 horas, hora de peche das inscripcións. Calquer corredor que non puidera apuntarse ou recoller os dorsais (nos casos de estar preinscrito) antes das 10:15 polas circunstancias que se puidesen dar, quedaría excluido dos premios, pero podería desputar a proba sen ningún problema e o remate da mesma tamen levaría de agasallo unha bolsa con camiseta "Gundián 2014" “Bebida”, “Donuts” e “Froita” como os demais 250 primeiros corredores.

IMPORTANTE:Poderase facer a preinscripción por correo electrónico administracion@grupoulla.es até o VENRES 12 AS 24:00 HORAS, TENDO COMO TEMPO MÁXIMO DE RECOLLIDA DOS DORSAIS ATÉ AS 10:15 HORAS DO DÍA DA CARREIRA.

O comité técnico resolverá as reclamacións que puidesen xurdir.


Ponte Ulla, Agosto de 2014.
Starbyte

Novo foreiro
Novo foreiro
13/11/11
0 Carreiras
39 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Ven, 29 Ago 2014, 7:59
Asunto: Re: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/

É unha pena que a poñades sempre coincidindo con algunha proba do Corresán. Moitos estariamos encantados de poder ir ás dúas carreiras...
LUISMI

Novo foreiro
Novo foreiro
1/12/05
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 29 Ago 2014, 9:52
Asunto: Re: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/

Pode que teñamos sorte porque coincidindo a proba do CORRESAN co final da Volta en Santiago é posible que cambien a data da carreira do PEDROSO.
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1670 Mensaxes
vedra
Respostar citando Envío Ven, 29 Ago 2014, 10:53
Asunto: Re: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/

Starbyte escribió:
É unha pena que a poñades sempre coincidindo con algunha proba do Corresán. Moitos estariamos encantados de poder ir ás dúas carreiras...

Eu diria que mais ben é o contrario......" é unha pena que as do Corresan as poñan coincidindo con esta carreira" Guiño Guiño

A carreira de Gundian leva 23 edicions sendo o 2º domingo de septembro co cal a proba xa esta mais que asentada no calendario.

De todas formas habrá xente para as duas probas, e si temos a sorte de que por culpa da Volta Ciclista cambian a do Corresan pois moito mellor ainda Moi feliz Moi feliz
pinturera

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/13
70 Carreiras
200 Mensaxes
Deza
Respostar citando Envío Ven, 29 Ago 2014, 18:27
Asunto: Re: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/

Boas!! Cómo é o perfil desta carreira?? Comentaronme q era "durota ".. Pensando
Grazas.
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 29 Ago 2014, 20:19
Asunto: Re: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/

pinturera escribió:
Boas!! Cómo é o perfil desta carreira?? Comentaronme q era "durota ".. Pensando
Grazas.

Hola; fai uns anos atopeime con unha entrada dun blog; que analiza, segundo o meu parecer, moi ben o que é a Carreira do Gundián dende o punto de vista voso (os corredores); o blog foi redactado por uns corredores do Atletismo Noitebra os cales estamos moi agradecidos por dedicar parte do seu tempo a falar da Carreira do Gundián.

Un Saúdo

Atletismo Noitebra
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Dom, 14 Set 2014, 20:18
Asunto: Re: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/

Bonito entorno no que transcorreu esta carreira. A chegada o campo das festas fixose épico. Subir ata a ponte do tren, para logo baixar de novo a Ponte Ulla, e ter que enfrontar de novo a subida ata a capela faise algo duro, pero tamén curto.

Esta foi a miña primeira vez nesta proba, pero non será a última. Diso estou seguro. Guiño

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Set 2014, 9:34
Asunto: Re: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/09/14

Tamen foi a miña primeira participacion nesta carreira. Para ter so 4km semella mais longa. Esas duas subidas o campo da festa teñen tela.

Ambiente popular, podendo anotarse ata 15' antes no bar. Gratuita e por riba con camiseta e avituallamiento intermedio e final.

Noraboa a organización.
Javitxu

Maratoniano
Maratoniano
8/11/11
0 Carreiras
286 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Set 2014, 10:04
Asunto: Re: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/09/14

Este año ha sido la segunda vez que la he corrido y me ha encantado igual que el año pasado. La zona por la que discurre es preciosa.
Dura por el recorrido tanto subiendo como bajando pero llevadera.
Gratuita, que ya hay pocas, y con muchas atenciones al corredor, cosa de agradecer.
Enhorabuena a la organizacion!!!
Por cierto, se sabe si sacarán las clasificaciones??
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Set 2014, 11:27
Asunto: Re: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/09/14

Javitxu escribió:
Este año ha sido la segunda vez que la he corrido y me ha encantado igual que el año pasado. La zona por la que discurre es preciosa.
Dura por el recorrido tanto subiendo como bajando pero llevadera.
Gratuita, que ya hay pocas, y con muchas atenciones al corredor, cosa de agradecer.
Enhorabuena a la organizacion!!!
Por cierto, se sabe si sacarán las clasificaciones??
Es de suponer que sacarán la clasificación y la enviarán a CorrerenGalicia, ya que era puntuable para el circuito.
Javitxu

Maratoniano
Maratoniano
8/11/11
0 Carreiras
286 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Set 2014, 15:47
Asunto: Re: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/09/14

papero escribió:
Javitxu escribió:
Este año ha sido la segunda vez que la he corrido y me ha encantado igual que el año pasado. La zona por la que discurre es preciosa.
Dura por el recorrido tanto subiendo como bajando pero llevadera.
Gratuita, que ya hay pocas, y con muchas atenciones al corredor, cosa de agradecer.
Enhorabuena a la organizacion!!!
Por cierto, se sabe si sacarán las clasificaciones??
Es de suponer que sacarán la clasificación y la enviarán a CorrerenGalicia, ya que era puntuable para el circuito.
Cierto...
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 17 Set 2014, 10:53
Asunto: Re: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/09/14

Moitas Gracias por todo, nos, a organización, intentamos mellorar ano a ano, para que os corredores repitan e lles guste vir correr a Gundián. Xa para rematar este ano, deixovos os enlaces para a clasificación absoluta das categorías C-D-E-F e para as fotos. As clasificacións das categorías de nenos A Especial-A-B serán subidas nos seguintes días, e tamen subiremos o vídeo da entrega de trofeos.

PD.: Para ver ben as clasificacións, tedelas que baixar o ordenador e abrilas con Excel.

drive.google.com/open?...authuser=0

drive.google.com/open?...authuser=0


Última edición por Popular_de_Gundián o Xov, 18 Set 2014, 1:58; editado 2 veces
notricks

Novo foreiro
Novo foreiro
31/05/14
3 Carreiras
20 Mensaxes
Ordes
Respostar citando Envío Mér, 17 Set 2014, 12:41
Asunto: Re: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/

Muchas gracias! Para el año estaré allí otra vez!
Fer.

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/10/11
142 Carreiras
58 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 17 Set 2014, 22:09
Asunto: Re: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/

Como sempre, inmellorable a organización da Popular_de_Gundián, fiel ao seu estilo. Aplauso Aplauso Non cambiedes!
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 17 Set 2014, 22:34
Asunto: Re: XXIII Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)14/09/14

Moitas Gracias a todos. Xa están todas as clasificacións subidas, nos enlaces citados anteriormente. En uns poucos días esperamos ter subido xa o vídeo. Un Saúdo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos