Foros ›
Autor
Mensaxe
jabilino

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/11/13
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Dec 2013, 23:28
Asunto: pozas trasmañó

Hola!

Hai un tempiño que decidín de baixar a correr pola zona de praias e sair cara o monte dende casa. Cheguei, como sen pensalo moito ata Trasmañó, e agora é unha especie de destino fixo, saio e vou cara alí, unha vez alí xa vou buscando o que me apetece!
O caso e que alguén me comentou algo dunhas pozas, tamén lín algo aquí, .. pero o caso e que non sei onde poden estar!
Hoxe, vin unha indicación que puña Río Fondón, que se supón é o que ten as pozas. ASí que ala fun por esa especie de camiño onde están as torres de alta tensión. Cheguei a unha zona que tal vez sexa preto do nacemento, e decidín ir correndo ao carón do rio a ver si miraba algo. Cheguei a unha calzada e cruceina para seguir por outros camiños, pero nada! Ao final, perdín o río entre zonas de regadío do que supoño será a zona baixa de Trasmañó, pero moi cerca do Coto do Aguia e o campo de futbol, así que, subín ata a estrada e metín outra vez, monte através cara arriba, volvendo a ruta ao redor do Coto e aos camiños que me levan de volta hacia a zona do Vixiador/Aeroporto.
ALguén ten localizadas esas pozas? Tédeas nalgunha ruta? Son bañables? ou apenas serven para mollalos pes? ( en verao vendrán moi ben!).

Ao final as rutas quédanme do orde de 15 km, ( algún día ata 20 e pouco) .
Bueno, se sabedes, agradecería a info!

Saúdos!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 27 Dec 2013, 21:33
Asunto: Re: pozas trasmañó

Seguindo por corredoiras e cortalumes pode chegarse á zona onde comeza o nacemento do río Fondon, que queda mais monte abaixo que o camiño do Vixiador, e non moi lonxe da zona onde está a Mámoa do Rei. Teño capturada esta imaxe en google maps pero non sei se funcionara ben o enlace:

goo.gl/maps/qto2r

En calquera caso son zonas de braña enchoupadas no inverno, que só serven para as rás, ou para enlamar os pes. Polo visto hai anos a cousa tiña mais envergadura, pero contoume xente de Redondela que está asi medio seca desde que comezron a facer desmontes e polígonos industriais monte arriba, cambiando e secando o curso das augas.

Espero que sexa de utilidade, e se cadra algún veciño da zona pode dicirche mellor ca min .
jabilino

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/11/13
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 28 Dec 2013, 0:26
Asunto: Re: pozas trasmañó

Hola, graciñas!!
Pois debe ser por ahí por onde baixei o outro día!!!
Subo fotos! Mais abaixo colle mais corpo pero non sei se chegara a ter pozas!!!
A mamoa esta no coto por enriba do campo de fútbol non?
Ahí suelo pasar case sempre!
Algunha foto da ruta Ma zona de río!

P.s. Non sei subir a ruta si non marcaba para localizar..




ma.garcia

Montañés
Montañés
27/09/09
0 Carreiras
115 Mensaxes
redondela
Respostar citando Envío Sáb, 28 Dec 2013, 15:06
Asunto: Re: pozas trasmañó

Que recordos,,,,cando o das Mountan Bike era unha americanada e o Trail ainda non soaba,,,catro locos de cedeira xa mazabamos o corpo por eses lares,,,Grazas polas fotos,algum mais vaise amocionar ao velas. Guiño
jabilino

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/11/13
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 28 Dec 2013, 15:54
Asunto: Re: pozas trasmañó

hehehe, fun facendo mais, por que coma dixen, quería atopar as pozas!

Subín dende o Carballal ( estrada/monte) e xa dende o monte metín polo cortafuegos do vixiador e cara Trasmañó, ahí, vin a sinal do río e tirei monte abaixo!

se podo logo subo o link a todas as fotos que fixen...

!!!
Hai algunha zona que se poida meter un? ( obviamente non é para agora!)

tamén me interesaría chegar ate o Galleiro, penso que nalgunha tirada larga podería... teño que facer cálculos e pernas!!!
rande

Montañés
Montañés
18/07/09
0 Carreiras
134 Mensaxes
redondela
Respostar citando Envío Dom, 29 Dec 2013, 19:18
Asunto: Re: pozas trasmañó

HOLA SE VAS POLO CAMIÑO DA AUGA TE ENCONTRARAS CON LOS MUIÑOS DO FOLON QUE VEN SENDO DITO RIO O DAS FOTOS E MOITO MAIS ARRIBA PERO DESDE HAY HASTA OS MUIÑOS O TREITO ESTA IMPRACTICABLE POR ESO QUE TODO O MUNDO ENTRA POLO CAMIÑO DA AUGA.E AS POZAS NON SON TAL NO PARQUE DA LAGOA EN TRASMAÑO O QUE AY E UNHA POZA QUE NO VERAN SI ESTA LIMPIA PARA MOLLARSE COUSA QUE AGORA NIN E MOI RECOMENDABLE . UN SAUDIÑO
jabilino

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/11/13
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 29 Dec 2013, 20:52
Asunto: Re: pozas trasmañó

A poza da Lagoa , xa a vin, por que de ahí subo monte a través de volta ( hai unha especia de muiño de vento ahí o lado!).
Como me dixo un veciño por alí, a poza esa é para beber os cabalos!
ehehe!

Unha mágoa que non haxa ningún sitio para poder bañarse nas rutas!!! O ideal, para min sería unhas de auga fría para o veran, outras de augas quentes ( termas) no inverno!! ( hehehe, pido pouco!)

Moitas gracias!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 30 Dec 2013, 22:43
Asunto: Re: pozas trasmañó

Efectivamente, as fotos que pos son da zona onde eu teño chegado. E igualmente , tal e como dis, á mámoa podese chegar por unha estrada asfaltada que vai mais arriba do campo de fútbol.

Polo demais, a parte que eu controlo é so de sendeirismo, un tramo que vai desde a parte de abaixo da aldea de Trasmañó (desde a Igrexa hai un camiño estreito e unha corredoira que leva ata o río). Hai un bo paseo río arriba, e finalmente chégase á zona que está preto xa do campo de futbol. O que non fixen nunca foi o tramo que vai desde Trasmañó cara abaixo e que enlaza co Camiño da auga. En xeral é u río bonito para pasear pola ribeira, ainda que mais para alá da propia ribeira non estea a cousa tan ben conservada.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos