Foros ›
Autor
Mensaxe
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
234 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Mar, 09 Xan 2024, 9:04
Asunto: Brutanzos Team

Estes días oficializouse como club en Betanzos o que antes era un grupo de amigos que seguro que moitos recoñecerán de ver nas distintas probas: Brutanzos Team.
O club, formado por corredores, xa ten grupos de adestramento e organiza actividades: dende os propios adestramentos (luns e mércores en Betanzos), ata sendeirismo ou carreiras polo monte. Nel, ademais, facilítase a ficha federativa tanto para asfalto como para montaña. O club utiliza ferramentas para as quedadas (como sportmember) e, por suposto, grupos de whatsapp. Para completar o seu "curriculum", veñen de colaborar de forma moi activa na organización do último trail do Mandeo (edición do 2013).
Ademais, para seguir toda a información, dispón de:
-páxina web: www.brutanzosteam.com , onde están as equipación, os grupos de adestramento, as últimas novidades, ou o contacto
-instagram: brutanzosteam , onde están os últimos movementos actualizados, tanto do grupo, como da actividade deportiva/runnera da zona.
Quen esté interasado/a, non dubide en utilizar calquera dos contactos que se dan nos sitios comentados, ou preguntar a algún membro anaranxado que se van a comezar a ver (cada vez máis Bailar ) polas probas de Galicia e de fora da terriña (xa hai membros anotados en Laredo, Madrid, Valencia...). Sexa cal sexa o nivel, todo o mundo é benvido en...






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos