Foros ›
Equipo C.A.R. Marisqueiro Sección Montaña
Foros de debate / Kedadas e grupos
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1240 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 30 Dec 2018, 23:43
Asunto: Re: Equipo C.A.R. Marisqueiro Sección Montaña

Comparto no fío de montaña do clube a miña primeira experiencia nun trail! Sorriso

II Trail San Silvestre de Lousame - Minas de San Finx

Levaba tempo con ganas de probar e facer un trail, así que animeime a facer este, xa que tanto por datas como por momento sen ningunha carreira que me interesante me viña moi ben. Había dúas modalidades, curta de 16km e longa de 24km. Non tiven duda en escoller o trail curto, primeiro probar e ver que tal, logo xa virán os malabares xD Alí atopeime cos compañeiros de equipo Kmpon666, Lete e Sanmikel.

A saída fíxena con Sanmikel e fun diante del ata o km 1'8, onde había a primeira baixada de verdade. Aí dinme de conta de que isto era un trail e que diso de correr e ir cómodo nada de nada. Adiantáronme 4-5 corredores, entre eles Sanmikel.

Xusto despois, no km 2, chegaba a subida dura do trail (3 km). Comecei sen andar, collendo a xente e volvendo a xuntarme con Sanmikel. Pero iso non tiña sentido. Se todos andan, por algo será. Así que comecei a intercalar andar con correr. Nun descansillo as pernas xa están molidas e pese a ser un falso llano en baixada, deixome levar tranquilamente. Sanmikel alónxase e outros corredores pásanme. Continúo alternando correr con andar ata o km 5, onde remata a subida.

Baixada do km 5 ao km 9 e pico . As pernas necesitan respirar, non están acostumadas, e tómome con calma eses quilómetros. Vou con moito coidado. Era consciente de que ía lento. Algúns corredores pásanme como motos, pero eu sigo o meu ritmillo "me siento seguro" jejeje Do km 9,5 aprox ao km 12, polo río nunha zona rápida pero bastante técnica no cal rodamos un grupiño de 4 corredores. Non sei como non fun ao chan varias veces, pero ao ir os catro xuntos permitíame manter o ritmo e por primeira vez ir rápido. Na parte final dese tramo e antes da subida do km 12, aparece algún salto (para min) complicadillo e perdo metros. Ademais as pernas xa non andan áxiles. Dende o km 12 ata o km 15 unha tendida pero longa subida, na que sufro bastante e cóllenme bastantes corredores. A partir de aí baixada, durante a cal nos separamos dos do trail longo e xa enfilamos meta.

Tempo: 1h32'41"
Posto: 30 de 217


Conclusións do meu primeiro trail:

Rematei coa sensación de ter asistido a unha clase na que non deixei de recibir información, na que alucinei con como os alumnos aventaxados baixan a esas velocidades e sen matarse, na que tamén aprendín que andar non é malo e, o máis importante, na que por momentos disfrutei como un enano! E digo por momento porque non vou negar que houbo partes nas que ía destrozado (sobre todo na subida final) ou nas que ía algo tenso por non matarme. Pero gustoume. Marcho con ganas de repetir e de ir probando cousas. Imaxino que a medida que vaia aprendendo e collendo confianza para correr certos tramos, disfrutarei moito máis.

Tamén penso que paguei un pouco a inactividade dende que corrín na ponte de decembro a Solidaria de Bembrive, dende a cal case non corrín, e por iso sufrín tanto na parte final. Entre iso e ir con coidado, houbo momentos nos que fun bastante lento penso para o que podería ir. Pero como comentaba, creo que se algo me vai gustar do trail, non vai ser precisamente ir rápido nin pretendelo.

Por certo, felicitar a Sanmikel pola súa gran carreira! 12º do trail curto habendo moito nivel. Como referencia, quitoume nove minutos cando no km 3 íamos xuntos.

E ata aquí a crónica do meu primer trail! Bailar





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos